O secretario da Unión de Oficiales de la Guardia Civil (UO), Juan Ramon Manzanares, publicou na pasada cuarta-feira un chio en que fala en ton irónico sobre a agresión dun policía español ao xornalista Jordi Borràs, no pasado mes de xullo. “O feitizo do xornalista virouse contra o feiticeiro”, di o garda civil sobre Borràs, ao que chama de “trolete”.

UO Juanra Manzanares a Twitter   El periodista fue por lana y salió trasquilado    trolete…

O xornalista denunciou estas palabras, acompañando a mensaxe de Manzanares cun “todo en orde”. Pouco despois, foi o propio presidente da Generalitat, Quim Torra, quen ceretificou a burla de “intolerábel” e asegurou que pedirá explicacións á Garda Civil.

O comentario do membro da Benemérita provocou a reacción doutros usuarios que lle reprocharon xustificar un acto de violencia e ainda máis tratándose dun axente dun corpo de seguranza pública. As respostas de Manzanares continuaron na mesma liña.

UO Juanra Manzanares@manzanaresjr
No Jordi, no justifico la agresión, sino que el policía mejor preparado se defendio de tu agresion y a nadie le gusta perder. Así lo entiendes mejor?

UO Juanra Manzanares@manzanaresjr
La polémica la hacen ellos, no admiten que fue a pegar al policía y el policía mejor preparado se defendió, luego manipular, mentir y tergiversar que es lo que hacen los separratas

UO Juanra Manzanares@manzanaresjr
Separatas…..me lo cambia solo…. separatistas antidemocráticos? Realmente son egoístas insolidarios…

UO Juanra Manzanares@manzanaresjr
E así respostaba os comentarios escritos en catalán:

UO Juanra Manzanares@manzanaresjr
No sé entiende

UO Juanra Manzanares@manzanaresjr

Esta non é a primeira polémica que levanta no Twitter este axente da Garda Civil. Pouco despois do ataque fascista na praza de Vic, onde un home entrou a toda velocidade cun automóvel para esnaquizar as cruces amarelas que alí había, o polícia suxería que tiña de o ter feito con “unha escavadora ou un limpa-neves” para abranxer “máis espazo”.

UO Juanra Manzanares@manzanaresjr
Es verdad con una excavadora o una quitanieves..más espacio
Maria Macià