Civil guards clear people away from the entrance of a sports center, assigned to be a polling station by the Catalan government in Sant Julia de Ramis, near Girona, Spain, Sunday, Oct. 1, 2017. Scuffles have erupted as voters protested as dozens of anti-rioting police broke into a polling station where the regional leader was expected to show up for voting on Sunday.

 

O Govern catalán creou a comisión sobre as cargas policiais o 2 de outubro, un día despois da xornada do referendo e o Goberno español recorreuna de inmediato ao considerar que a Generalitat se atribuía competencias reservadas ao poder xudicial. En paralelo á comisión política, que ficara de feito paralizada co 155, a Audiencia de Barcelona ten aberta unha causa sobre a actuación policial.

A partir de agora o Alto Tribunal deberá ouvir as partes, entre ela a Generalitat, aínda que como o artigo 155 está aínda en aplicación os maxistrados aceptaron prolongar os prazos para dar tempo a que a administración catalá poida defender os seus intereses.

A creación da comisión por parte da Generalitat, o pasado 2 de outubro, xerou unha ampla contestación por parte de institucións e entidades xudiciais. O propio Consello Xeral do Poder Xudicial solicitou o recurso suspensivo que o Goberno efectuou e que agora acabou coa suspensión da comisión no Constitucional.

No seu recurso, o Goberno español sostén que se vulneran as competencias exclusivas do Estado previstas nos artigos 149.1.5ª (Administración de Xustiza) e 149.1.6ª (lexislación procesual), en paralelo ás vulneracións dos artigos 18, 24 e 117 da Constitución e polas mesmas razóns.

Do mesmo xeito, resultan vulnerados os artigos 149.1.18ª (bases do réxime xurídico das administracións públicas e procedemento administrativo común) e 149.1.29ª (seguridade pública) da Carta Magna, ao atribuírse a Generalitat de Catalunya a revisión da actuación da Administración Xeral do Estado, as súas autoridades e empregados públicos.

Tamén resultan incumpridos, segundo o Goberno, os artigos 1.1, 9.1 e 103.1 da Constitución, así como os dereitos relacionados coa presunción de inocencia e a prohibición da indefensión no artigo 24 do texto constitucional e a garantía do dereito á honra recolleita no artigo 18.

A citada comisión non prevé transferir a investigación aos órganos xudiciais, o que resulta inconstitucional e contrario á lexislación procesual, xa que vai contra o artigo 259 da Lei de Enjuiciamiento Criminal, engade o Executivo.

O feito de que o acordo de creación da comisión establece que evitar un referendo ilegal de independencia de Cataluña supón unha vulneración de dereitos fundamentais e tense, ademais, tal consulta por celebrada, afectaría a outros artigos da Constitución, como o 1.2, 1.3 e 168.

Igualmente, a policía autonómica estaría ao servizo da nova comisión, o que reforza a súa configuración “paraxudicial”, en opinión do Goberno.

Fonte: El Diario