Concepció Ferrer i Casals, Adxunta Segunda na oficina do Defensor del Pueblo, en resposta á súa Queixa de 16 de abril deste ano, comunicou a EsCULca no pasado 4 de maio a abertura de expediente a nome de R.M., preso no cárcere de Teixeiro que padece unha situación en extremo cruel na enfermaria do penal. Segundo Ferrer i Casals, o Defensor del Pueblo solicitou información á Secretaria Xeral de Institucións Penitenciarias sobre este caso.