O Colexio de xornalistas foi o escenario escollido por SOS Racisme para presentar a nona edición do Relatorio anual InVisibles. O Estado do Racismo en Catalunya, correspondente ao ano 2017. Neste dossier, a entidade recolle todos os casos atendidos polo seu Servizo de Atención e Denuncia (SAiD) e fai unha análise segundo características e tipoloxias antes de tirar conclusións.

 

Operativo da  Guàrdia Urbana contra a venda ambulante na Rambla de Barcelona. Angel García

 

A publicación do relatorio do ano 2017 coincidiu co  25 aniversario do SAiD, que desde 1992 leva atendido de forma gratuita máis de 9.000 vítimas de delitos de odio e de discriminacións racistas ou xenófobas. Tamén coincidiu co Día Internacional para a Erradicación da Discriminación Racial, que se conmemora o 21 de marzo en memoria dos asasinatos, cometidos pola policía, de manifestantes que protestaban contra o apartheid en África do Sul no ano 1960. Na conferencia de prensa participaron a directora de SOS Racisme, Alba Cuevas, a coordenadora do SAiD e Nadia Ebrahim, que ofreceu o seu testemuño como afectada por un dos casos de racismo recollidos pola entidade.

Punta do iceberg do racismo institucional

Durante o ano 2017 un total de 485 persoas foron atendidas polo SAiD, delas 327 era a primeira vez que acudían. Destes episodios, 213 foron identificados como situacións de racismo, mais finalmente só 91 casos foron denunciados e sumados ao expedientes de anos anteriores que SOS Racisme ainda ten abertos na actualidade, computando un total de 158.

Os novos casos incorporados encádranse nomeadamente en tres tipoloxías: agresións e abusos de corpos de seguranza pública (26 casos). agresións e discriminación entre particulares (21 casos) e discriminación en servizos privados (16 casos). O resto divídese en categorías como discriminación no acceso aos dereitos sociais, discriminación laboral, agresións e abusos de seguranza privada e agresións da extrema dereita, que suman ca unha entre 9 e 1 caso.

O 12% de casos de discriminación racista protagonizada por axentes da policía producíronse no cadro da represión contra a venda ambulante non autorizada.

Por quinto ano consecutivo as agresións e abusos por parte de axentes policiais situánse á cabeza das denúncias recollidas. Embora a cifra final de novos casos asumidos é de 26, SOS Racisme tivo coñecemento de 19 situacións máis, mais as persoas afectadas finalmente decidiron non presentar denuncia. Estes novos litixios súmanse aos que xa estaban abertos e supoñen unha cifra total de 92 casos con membros das forzas e corpos de seguranza do estado implicados.

 

Unha batida da Guàrdia Urbana contra manteiros provocou corridas e quedas na estación do Metro de Liceu / Angel García

 

Os datos revelan que 30 destes casos de discriminación racista (32%) producíronse no cadro da represión contra a venda ambulante non autorizada, avalandoasí as contínuas denuncias que fai o colectivo de manteiros do tratamento que reciben por parte dos diferentes corpos policiais que operan contra eles –Guàrdia Urbana e Mossos d’Esquadra– principalmente na cidade de Barcelona. O resto de casos con axentes implicados están rexistrados como abusos (24), trato discriminatorio (12), no CIE da Zona Franca, controlado polo Corpo Nacional da Policía Española (12), por agresións (7) en identificacións de perfil étnico, ámbito en que SOS Racisme conseguiu importantes vitorias na arena xudicial internacional.

Les dades revelen que 30 d’aquests casos de discriminació racista (32%) s’han produït en el marc de la repressió contra la venda ambulant no autoritzada, avalant les contínues denúncies que des del col·lectiu de manters es fa del tracte que reben per part dels diferents cossos policials que operen contra ells –Guàrdia Urbana i Mossos d’Esquadra– principalment a la ciutat de Barcelona. La resta de casos amb agents implicats estan registrats com abusos (24), tracte discriminatori (12), al CIE de la Zona Franca, controlat pel Cos Nacional de Policia espanyola (12), per agressions (7) i en identificacions per perfil ètnic, camp on SOS Racisme ha aconseguit importants victòries en l’arena judicial internacional.

No entanto, os protagonistas do racismo institucional non sempre levan pistola e placa. Na categoría de discriminación no acceso a dereitos sociais hai 21 situacións identificadas durante o 2017, das cales 14 non foron denunciadas e 7 prosperaron. No todo, no SAiD levan 23 casos deste tipo de discriminación, 8 polo que di respecto á prestación de servizos da administración pública, 8 no acceso á saúde, 4 de acceso á educación e 4 máis á vivenda.

De vítimas a acusadas

No apartado de conclusións do relatorio, SOS Racisme expresa a súa preocupación por un fenómeno que constataron é habitual cando hai episodios de discriminación por parte de axentes da autoridade: os papeis invertidos. A entidade denuncia que non poden actuar desde a súa posición natural, como denunciantes do racismo, senón que teñen de “defender a vítima da acusación do seu carrasco”, feito que os vendedores ambulantes “sofren especialmente”.

Na súa opinión, “o racismo estrutural e a violencia xudicial teñen un papel moi importante” e apuntan factores como a culpabilización de parte do aparato xudicial e o descrédito que sofren os denunciantes a causa da proeminencia do principio de veracidade da policía. Estes obstáculos convértense nun grave problema cando a via penal é a escollida en máis dun 60% destes casos.

En moitos casos de abusos policiais racistas as vítimas de discriminación teñen que facer fronte a unha acusación de delito grave de atentado contra a autoridade
En 40 dos 59 casos xestionados pola vía penal en que hai policías implicados, as persoas que SOS Racisme representa foron vítimas de discriminación ou abuso racista mais os seus avogados e avogadas non actúan de acusación senón de defensa, “non temos que facer frente só a un axente, senón a todo un sistema de poder”. En 32 destes casos son as vítimas de discriminación as que enfrontan unha acusación de delito grave de atentado contra a autoridade. “Trátase de acusacións sen base fundamentada”, aseguran.

En 40 dels 59 casos gestionats per la via penal on hi ha policies implicats, les persones a les quals SOS Racisme representa han estat víctimes de discriminació o abús racista però els seus advocats i advocades no actuen d’acusació sinó de defensa, “no ens enfrontem només a un agent, sinó a tot un sistema de poder”. En 32 d’aquests casos són les víctimes de discriminació les que fan front a una acusació de delicte greu d’atemptat contra l’autoritat: “Es tracta d’acusacions sense una base fonamentada”, asseguren.

Nos 19 dos 59 casos restantes en que a entidade sí que exerce a acusación, encontrámonos cunha “corrida de obstáculos infinita”, nas súas propias palabras. Catro arquivos, cinco absolucións de policías e nove casos en fase de instrución, ainda que estes últimos son procesos “lentos e amiúde pouco dilixentes, que preven que a curto ou longo prazo acabarán arquivados”. A cruda realidade é o mello exemplo: no ano 2017 só conseguiron unha condena contra un policía, por feitos acontecidos no ano 2011.

 

Conferencia de prensa da presentación do relatorio InVisibles. L’estat del racisme a Catalunya, corresponendene ao ano 2017 / Sònia Calvó

 

Por útlimo, SOS Racisme denuncia unha grave situación de indefensión das vítimas e explica que un 57% das situación de racismo identificadas polo SAiD non foron denunciadas. Nun 45% destes casos o motivo principal foi o desinterese da vítima provocado por medo ou desconfianza no sistema xurídico, policial e gobernamental. No caso específico das discriminacións por parte dos corpos policiais, un 42% non son denunciadas, a maioría por desinterese da vítima motivado pola desconfianza na imparcialidade do sistema.

Máis un ano, no parecer da entidade, as administracións públicas suspenden no que di respecto ao desenvolvemento dun cadro normativo adecuado, un sistema de protección e un programa de accións de sensibilización e prevención efectivas para acabar coa mácula do racismo e a xenofobia. Por todo isto, o relatorio conclúe cunha afirmación clara: “o racismo non se erradica porque o poder non quer, porque perpetúa un sistema de desigualdade que resulta indispensábel para manter o statu quo“.

DAVID BOU