O presente que a empresa Hostetur quer facer aos axentes da policía española que actuaron contra o 1-O -estadia gratuita coa familia en hoteis da costa de Murcia- contradi o código penal español. Concretamente, aceptar o convite podería supor a vulneración do art. 422, que prohibe os funcionarios recibiren presentes. O código penal contempla penas de seis a doce meses de prisón e suspensións laborais de entre un e tres anos.

 

 

O primeiro secretario da mesa do Parlament, Eusebi Campdepadrós, denunciouno no Twitter. “Antes de aceptar o obsequio dos hostaleiros de Murcia, leria o artigo 422 do código penal”, explica.

Sergi Blázquez (presidente de Drets),  Joan Queralt e outros recoñecidos xuristas confirman que os funcionarios incorrerían nun delito de suborno impropio de aceptaren a oferta do grupo hostaleiro, avalada polo propio Delegado do Goberno en Murcia na súa presentación diante dos media.

Fonte: VilaWeb