AFIRMA CIBERACTIVISTA VALENCIANO

“O que fixo o E.E. cos webs do referendo é unha clara violación de dereitos fundamentais”

“O que fixo o E.E. cos webs do referendo é unha clara violación de dereitos fundamentais”

Ás 12:00 do pasado 22 de setembro, 8 policías nacionais presentáronse na casa de Daniel Morales. O ciberactivista valenciano está acusado de clonar o web do referendo do 1-O que, por vía xudicial, o goberno español ordenara fechar. “En ningún momento pensei que podería darse esta situación. Comezou a rondarme pola cabeza a posibilidade cando vin as dimensións da represión do Estado, mais sempre a descartaba por absurda”, explica Morales.

Ler mais...

"CASTIGO ENGADIDO PARA AS FAMILIAS"

O Parlamento Europeo aproba relatorio que condena afastamento de persoas presas

O Parlamento Europeo aproba relatorio que condena afastamento de persoas presas

O Parlamento Europeo aprobou o Relatorio Bergeron, en que se «insta a elaborar medidas que permitan o achegamento de todas as persoas reclusas internas en cárceres situados lonxe das súas casas, salvo se a autoridade xudicial se pronunciar en contra por razóns legais xustificadas». Considera que a medida de afastamento que aplican alguns estados membros «constitúe un castigo engadido para as familias dos reclusos» e vulnera o artigo 8 do CEDH.

Ler mais...

RECLAMA INVESTIGACIÓN INTERNACIONAL INDEPENDENTE

Dura denuncia de Human Rights Watch á violencia policial do 1-O

Dura denuncia de Human Rights Watch á violencia policial do 1-O

Human Rights Watch, a organización internacional de defensa dos dereitos humanos, asegura que “a policía española utilizou forza excesiva cando se enfrontou a votantes en Catalunya usando porras para atacar persoas que non representaban ningunha ameaza”. Para elaborar o relatorio, Kartik Raj, investigador de HRW, falou con vítimas e testemuñas das cargas e revistou probas fotográficas e médicas. Vídeo no interior.

Ler mais...

"ANTE AS DISTINTAS INFORMACIÓNS E COMUNICACIÓNS"

A Garda Civil confirma que iniciou de oficio investigación a profesor de historia

A Garda Civil confirma que iniciou de oficio investigación a profesor de historia

O Delegado do Goberno español na Galiza, Sr. Villanueva, responde ao escrito de 10 de outubro en que EsCULcA lle requería información sobre unha noticia publicada en La Voz de Galicia. Segundo este xornal, axentes da Garda Civil terían levado a cabo xestións para determinar se un profesor de historia do IES Pino Manso do Porriño fixera “comentarios de odio” no decurso dun debate sobre a situación en Catalunya.

Ler mais...

POLA SÚA ACTUACIÓN NO 1-O

Rastexam redes sociais en procura de mensaxes críticas contra a policía española

Rastexam redes sociais en procura de mensaxes críticas contra a policía española

A Brigada de Investigación Tecnolóxica da Policía Nacional española rastexa as redes sociais en procura de mensaxes críticas coa súa actuación en Catalunya o pasado 1-O, segundo informa El Món. O corpo policial tamen pediu aos seus axentes enviaren calquera mensaxe que lles chegue através das redes sociais susceptíbel de ser encadrado no que chaman “suposto delito de odio, ameazas, coaccións ou calquera outro tipo delitivo”.

Ler mais...

CON PABLO IGLESIAS - OBSERVADOR DE ESCULCA

“Que pasou o 01-Out”? Palestra na Asociación Cultural A Galleira de Ourense

“Que pasou o 01-Out”? Palestra na Asociación Cultural A Galleira de Ourense

Sob o título “Que pasou en Catalunya o 1-Out?”, terá lugar o próximo 12 de outubro (Día da Resistencia Indíxena), ás 20:00, unha palestra na asociación cultural A Galleira de Ourense (Praza San Cosme – Hernán Cortés (Antiga Pena Vixía), 67) en que participará Pablo Iglesias, secretario de EsCULcA e observador do desenvolvemento da xornada do referendo catalán en varios colexios electorais.

Ler mais...

BLINDADOS POLA CONVENCIÓN EUROPEA DE DEREITOS HUMANOS

Denuncia en Estrasburgo violación de dereitos durante o período de arresto

Denuncia en Estrasburgo violación de dereitos durante o período de arresto

A vulneración de dereitos e a represión do estado para frear o 1-O continúan chegando a Europa. Un ex membro da Sindicatura de Contas elevou ao TEDH denuncia por represalias como membro do órgao electoral e o ex secretario xeral do departamento de Vicepresidencia e Economía e Facenda, Josep Maria Jové, presentou denuncia no Tribunal de Estrasburgo por vulneración de dereitos blindados pola Convención Europea dos DDHH.

Ler mais...

ATRAVÉS DOS CONSULADOS DE EUROPA E AMÉRICA

Emigrantes denuncian mensaxes do Goberno español criticando duramente o proceso catalán

Emigrantes denuncian mensaxes do Goberno español criticando duramente o proceso catalán

“Teño o pracer de enviarlle algunha información sobre o ilegal e ilexítimo proceso de secesión instigado en Cataluña polo goberno autonómico da rexión”. Así comeza unha misiva enviada, en inglés, polo cónsul do Goberno de España en Chicago, Federico Palomera, a emigrantes que viven nesa cidade e noutras do norte dos EUA. Acusa á Generalitat de violar a Constitución de 1978 e usar á TV3 como unha televisión “propagandística dos independentistas”.

Ler mais...

CONCENTRACIÓN DENUNCIA CRIMINALIZACIÓN DE PIQUETES

A Fiscalía pede penas de prisión para 4 persoas por un piquete na greve xeral de 2010 en Lugo

A Fiscalía pede penas de prisión para 4 persoas por un piquete na greve xeral de 2010 en Lugo

Cinco persoas foron xulgadas a pasada segunda feira (09/10/2017) en Lugo en relación á greve xeral de setembro de 2010, hai sete anos. A Fiscalía solicitou para catro delas penas de cárcere por un “delito de atentado” e imputa a unha quinta “un delito de faltas”. A CIG lembra que o xuízo ten lugar sete anos despois dos supostos feitos e subliña que as peticións de penas son manifestamente “desproporcionadas” cos delitos imputados.

Ler mais...

EN DESTAQUE

OPINIÓN

  • Clinton, Assange e a guerra à verdade

      Em 16 de Outubro a Australian Broadcasting Corporation (ABC) divulgou uma entrevista com Hillary Clinton: uma das muitas destinadas a promover o seu livro-de-ajuste-de-contas sobre o porquê de não ter sido eleita Presidente dos EUA. Folhear o livro da Clinton, What Happened (O que aconteceu), é uma experiência desagradável, como uma dor de barriga. Calúnias e lágrimas.

  • “O Partido Popular de Feijóo segue desmantelando o sistema Sanitario Público Galego

    O Partido Popular sigue ca súa idea de: primeiro deteriorar os Servizos Sanitarios Públicos, logo con esta disculpa: privatizalos. Xente que traballa na Pública, cómo pode poñer en mans privadas o ben máis preciado que temos: a saúde? Nos últimos meses, o pp de FeijOO, tivo dúas iniciativas que profundizan na privatización do Sistema Sanitario

  • A imprescindíbel mudanza da política penitenciaria española

    Recentemente o Parlamento Europeo deu a coñecer un relatorio sobre políticas penitenciarias -coñecido como relatorio Bergeron- onde se dá un puxón de orellas aos estados membros que practican o afastamento das persoas presas, ou outras medidas que lesionan os seus dereitos e os dos seus familiares, como é o caso do Reino de España. En

  • Vítima propiciatoria

    Semella que institucións sociais como o coñecido “chibo expiatorio” deberían ser obxecto de estudo da historia e a antropoloxía, sen ter cabimento na análise da actualidade na Galiza. O chibo expiatorio ten orixe na tradición xudaica. Era a un destes animais que a comunidade transfería as faltas, culpas, frustracións e problemas colectivos para despois o ceibar no

  • A Lei de Amnistía de 1977 e a impunidade franquista

    Neste mes de outubro que andamos, hai catro décadas foi aprobada polo Congreso dos Deputados a chamada Lei 46/1977, do 15 de outubro, de Amnistía. A iniciativa dos representantes do PCE e coa aquiescencia dos integrantes da extinta UCD, do PSOE e dos nacionalistas vascos e cataláns, o proxecto saíu adiante nun pleno celebrado o día