APLICARÁ MAY LEGISLAÇÃO BRITÁNICA?

Donald Trump cúmplice de delito de ódio por compartilhar tuítes de fascistas británicos

Donald Trump cúmplice de delito de ódio por compartilhar tuítes de fascistas británicos

Trump deve saber, mas Britain First não é uma homenagem ao seu slogan, “America First”. Trata-se de um grupo de dissidentes do British National Party, um partido declaradamente racista, que exige a proibição do Islã e defende uma “ação militante direta” contra muçulmanos britânicos, inclusive contra políticos eleitos, chamados por eles de “ocupantes”. Os seus poucos membros perseguem esses muçulmanos desde 2014, em ações batizadas de “patrulhas cristãs”

Ler mais...

HORAS DE CALABOUZO COMO SUPOSTO TERRORISTA

Israel, operario palestino e algoritmos do tradutor do Facebook

Israel, operario palestino e algoritmos do tradutor do Facebook

O 22 de oubro pasado, o xornal israelí Haaretz informaba do arresto dun palestino na Cisxordania logo após a policía sionista ter avistado o que parecía unha ameaza terrorista. O home, un traballador da construción, aparecía no Facebook fumando un cigarro e sostendo na man un café, apoiado nunha escavadora. A súa mensaxe -“Bos días”- foi interpretada polo algoritmo do tradutor do Facebook como “Atacádeos” (en neohebraico) e “Facédelles dano” (en inglés).

Ler mais...

NO CENTRO DE DETENCIÓN CLANDESTINO DA ESMA

Xuízo histórico na Arxentina: xulgados 54 militares e civis por crimes de lesa humanidade

Xuízo histórico na Arxentina: xulgados 54 militares e civis por crimes de lesa humanidade

O Tribunal Oral no Criminal Federal núm. 5 da Cidade de Buenos Aires ditou condena de prisión perpetua para varios dos 54 militares e civis xulgados e condenados por crimes de lesa humanidade cometidos durante a última ditadura no centro de detención clandestino da Escuela de Mecánica de la Armada. O proceso xudicial durou cinco anos e foron investigados 789 feitos de violacións de dereitos humanos cometidos.

Ler mais...

ESTUPOR E DÚBIDAS RECIBEN A MANOBRA

Brusca mudanza no tribunal da AN que xulgará a suposta caixa B do PP

Brusca mudanza no tribunal da AN que xulgará a suposta caixa B do PP

O pasado 20 de novembro a Sala de Goberno da AN acordou unha nova composición do tribunal que xulgará a suposta caixa B do Partido Popular, substituindo Julio de Diego, o xuíz que aprobou que Mariano Rajoy declarase como testemuña no caso Gürtel, e nomeando presidenta do tribunal a xuíza María José Rodríguez Duplá, nova presidenta da sección, en troca do actual presidente, Anxo Furtado. O tribunal, formado desde o ano 2016, ditara xa varias resolucións.

Ler mais...

"MANIPULACIÓN, CENSURA, TRATO DESIGUAL E MALAS PRÁCTICAS"

O Consello de Informativos de TVE denuncia 55 novos exemplos de manipulación

O Consello de Informativos de TVE denuncia 55 novos exemplos de manipulación

O Consello de Informativos de TVE publicou o seu relatorio trimestral (xullo, agosto e setembro de 2017, sobre malas prácticas en noticiarios e programas de actualidade do canal. No relatorio, de 222 páxs., inclúese a información relativa á análise da cobertura informativa do 1-O e dos días posteriores da crise catalá. “Durante os meses de verán o Consello contabilizou máis de 50 casos de manipulación, censura, dobre medida e malas prácticas en xeral”, afírmase.

Ler mais...

ESTACIONADA DIANTE DA ESCOLA DESDE O PASADO 30/09

Denuncian que a Policía española ofrece balas de goma na entrada dunha escola de Lleida

Denuncian que a Policía española ofrece balas de goma na entrada dunha escola de Lleida

Un grupo de familias de alumna/os de primaria da escola Lestonnac (Leida) denunciaron a presenza de balas de goma no interior do recinto educativo nun comunicado enviado aos medios. As familias, que queren manter o anonimato “para non sofrermos represalias”, aseguran que as balas foron dadas polos propios axentes uniformados na entrada da escola “a como mínimo un alumno de primaria” e que durante uns días foron “material de xogo” dos menores.

Ler mais...

CHAMADO A DECLARAR O PRÓXIMO 30 DE XANEIRO

A policía española denunciou o actor Toni Albà por chíos contra a xuíza Lamela

A policía española denunciou o actor Toni Albà por chíos contra a xuíza Lamela

A Brigada de Información de Barcelona da PN denunciou o actor Toni Albà por publicar chíos no Twitter contra a xuíza da Carmen Lamela, que até hai pouco levaba a causa contra os membros do govern e é responsábel do encarceramento das persoas catalás políticas presas. Despois da denuncia, que acusa Albà de inxurias, o xulgado de instrución 5 de Vilanova i la Geltrú citouno a declarar o próximo 30/01/2018. Ademais o xuiz ofrece a Carmen Lamela comparecer na causa.

Ler mais...

... E ACÓLLESE AO SEGREDO DA INVESTIGACIÓN

Comparece GC sentenciado por torturas no caso de suposto financiamento irregular do PP

Comparece GC sentenciado por torturas no caso de suposto financiamento irregular do PP

Na súa comparecencia no Congreno no día 28 de novembro, o coronel xefe da Unidade Central Operativa (UCO) da Garda Civil, Manuel Sánchez Corbí, acolleuse ao segredo das investigacións para non desvelar ningunha pescuda sobre o suposto financiamento irregular do PP. Case todos os deputados esqueceron un detalle non menor do coronel e é a súa condena (indultado despois por Margarita Mariscal de Gante, ministra de Aznar) por torturas.

Ler mais...

O PROCURADOR PEDE MULTA DE 14.400 EUROS

A xuízo pola apitada ao Borbón: “Inxurias á Coroa e ultraxe aos símbolos do Estado”

A xuízo pola apitada ao Borbón: “Inxurias á Coroa e ultraxe aos símbolos do Estado”

A Audiencia Nacional xulgará o 12 decembro o presidente de Catalunya Acció, Santiago Espot, por organizar a apitada ao himno na final de Copa do Rei entre o Barcelona e o Athletic de Bilbao en 2015. Espot está acusado de inxurias á Coroa e ultraxe aos símbolos do Estado, delitos polos que sentará no banco do Xulgado Central do Penal da Audiencia Nacional e polos que a Fiscalía pide que se lle impoña unha multa de 14.400 euros.

Ler mais...

EN DESTAQUE

OPINIÓN

  • Cárcere a perpetuidade

    Non. Non o direi eu mellor, nin con máis autoridade, nin con máis coñecemento de causa do que Xoán Antón Pérez Lema no artigo publicado en Galicia Confidencial. “Se é permanente non é revisábel. Se revisábel non é permanente. A PPR é un xeito de branquear semánticamente o que non é senón cárcere a perpetuidade”.

  • Infancia ocupada: crecer na Palestina

    Cando cada aspecto da vida cotiá está sometido á ocupación sionista, cada acción e decisión significa unha resistencia por reconquistar esa vida Oh pícaros, nenos e nenas de Gaza que sempre me incomodábades berrando baixo a miña xanela que enchíades cada mañá con présas e caos. Vós, que rompestes o meu testo e roubastes a

  • A razón instrumental capitalista e o seu poder destrutivo

    Non só hai solucións correctas e equivocadas aos problemas, tamén hai problemas correctos e erróneos. O papel dos intelectuais orgánicos das clases dominantes a ese respecto é indubidable, xa que son eles quen pensan e dan significado aos intereses da súa clase. No caso da academia norteamericana a relación é tan estreita como evidente. Sempre

  • Exercicio do cargo representativo vs. “dereito procesual penal do inimigo”

    O 12 de xaneiro de 2018 fíxose público o auto do maxistrado instrutor D. Pablo Llarena a propósito da petición do preso preventivo D. Oriol Junqueras solicitando a súa transferencia a unha prisión situada en Cataluña e a autorización para asistir aos dous primeiros plenos da presente lexislatura do Parlament de Cataluña. O auto resulta

  • Dereito penal do inimigo

    Unha corte de apelación do Tribunal Supremo (TS) constituída para resolver o recurso de Oriol Junqueras contra a prisión preventiva acordada polo maxistrado instrutor do mesmo Tribunal, Pablo Llarena, rexeitou o recurso do líder catalán, por considerar que existía risco fundado de reiteración delictiva, malia o compromiso de respecto á legalidade expresado polo preso político. Porén, o verdadeiramente grave