ONGS TRATADAS COMO ORGANIZACIÓNS CRIMINOSAS

Códigos penais europeus endurecen medidas contra a solidariedade

Códigos penais europeus endurecen medidas contra a solidariedade

Se unha árbore cae en medio ao bosque e ninguen está perto para ouvir a queda fai algún ruído? E se esta árbora é unha balsa que ven da Libia e a acción de caer é substituída por afundar. Fai algún ruido? As diversas organizacións solidarias que traballan no mar no salvamento e atención de persoas refuxiadas, tentan que este ruído ecoe: evitar que as balsas afundan non é tarefa facil. Sobretodo cando gobernos ou grupos paramilitares tentan impedilo.


Ler mais...

"OFENSA E FALTA DE RESPECTO" AOS MEMBROS DA POLICÍA

“El Jueves” a xuízo por chamar cocainómanos aos policias levados a Catalunya para o 1-O

“El Jueves” a xuízo por chamar cocainómanos aos policias levados a Catalunya para o 1-O

O xulgado de Instrución 20 de Barcelona sentará no banco dos acusados o director da revista satírica El Jueves, Guille Martínez-Vela, e o subdirector e tamén director da web, Joan Ferrús, por teren publicado dous artigos similares na edición de papel e na dixital da revista sobre o suposto consumo de cocaína dos polícias españóis levados a Catalunya para tentar impedir as persoas votaren no referendo do 1-O.


Ler mais...

"POR QUE O FACEBOOK NÃO ABRE LOGO O JOGO?"

Você não aguentaria a verdade sobre os anúncios do Facebook, mostra estudo de Harvard

Você não aguentaria a verdade sobre os anúncios do Facebook, mostra estudo de Harvard

Depois da revelação de que dados dos usuários do Facebook foram coletados ilegalmente para ajudar Donald Trump, o Facebook passou semanas pedindo desculpas, fazendo pequenas mudanças em sua política de dados e prometendo ser “mais transparente”. Mas seus dois bilhões de usuários ainda sabem muito pouco sobre como anúncios são segmentados e direcionados para seus perfis – o que é basicamente o modelo de negócios da empresa.


Ler mais...

TAL COMO ESTABLECEU O TRIBUNAL DE ESTRASBURGO

Audiencia Nacional española: queimar fotografía de Felipe Borbón non é delito

Audiencia Nacional española: queimar fotografía de Felipe Borbón non é delito

O xuíz da Audiencia Nacional José de la Mata arquivou a denuncia policial contra unha moza que participou nunha queima de fotos do rei en Banyoles (Girona) ao considerar que non cometeu un delito de inxurias á Coroa, senón que foi un acto encadrado no dereito á liberdade de expresión. O maxistrado abriu unha investigación por ese delito por mor dun informe policial sobre a concentración que se celebrou na localidade xerundense de Banyoles no pasado 13 de marzo,


Ler mais...

A IRMANDADE XURÍDICA GALEGA

Presentan tradución para galego da Resolución do TS de Schleswig-Holstein

Presentan tradución para galego da Resolución do TS de Schleswig-Holstein

A Asociación de Funcionarios para a Normalización Linguística disponibiliza a Resolución do Tribunal Superior do Land de Schleswig-Holstein (05/04/2018) sobre a Orde europea de entrega de Carles Puigdemont, no marco do proceso catalán, en tradución para o galego de Marta García Mosquera, Profesora Contratada Dra. de Dereito Penal (UVigo) e Xosé Manuel Pacho Blanco, Dr. en Dereito e Profesor de Filosofía do Dereito (UVigo) e Avogado en exercicio.


Ler mais...

DENUNCIAR AS VIOLENCIAS NORMALIZADAS NAS PRISIÓNS

Greve de fame colectiva en moitos cárceres do Reino de España

Greve de fame colectiva en moitos cárceres do Reino de España

O distanciamento das prisións de zonas habitadas? os muros mentais? a falta de consciencia? a crenza nunha liña divisoria entre ‘bos’ e ‘malos’? non sabemos cales son as razóns que levan a sociedade a se situar neste punto en que as persoas encerradas no Sistema Penitenciario importan tan pouco e xeran esa terríbel falta de empatía. Agora moitas delas iniciaron unha greve de fame para deitar un raio de luz sobre as violencias normalizadas en prisión.


Ler mais...

A SENTENZA ESTIVO ACCESÍBEL DURANTE VARIOS DÍAS

O CXPX abre investigación sobre filtración de datos persoais da vítima de “La Manada”

O CXPX abre investigación sobre filtración de datos persoais da vítima de “La Manada”

A Comisión Permanente do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) acordou na sesión extraordinaria celebrada na pasada terza feira abrir un período de dilixencias informativas para determinar se se produciu unha vulneración da normativa en materia de protección de datos de carácter persoal en relación coa sentenza da Audiencia Provincial de Nafarroa sobre o xuízo aLa Manada. A sentenza non fora debidamente anonimizada e estivo accesíbel durante varios días.


Ler mais...

E CONTINÚAN CHOVENDO PROHIBICIÓNS

Xuiz amplia a causa por inxurias contra o humorista Toni Albà

Xuiz amplia a causa por inxurias contra o humorista Toni Albà

Ainda que algunhas das actividades perseguidas xudicialmente -apitar o himno español nos estadios, situarse ao pé dun policía con nariz de pallaso, convocar a greve xeral o 3 de outubro…- foron finalmente recoñecidas como legais, non por iso outras instancias ceden no seu empeño de dinamitar dereitos: prohibidas palestras (Partal, Mas…), prohibido vestir camisolas amarelas, prohibido usar catalán no senado (Mirella Cortès), prohibido facer rir (Toni Albà)…


Ler mais...

TRES ACUSADOS LEVAN MÁIS DE ANO E MEDIO NO CÁRCERE

Amnistía Internacional, observadora no xuízo de Alsatsu: “Non é terrorismo”

Amnistía Internacional, observadora no xuízo de Alsatsu: “Non é terrorismo”

É un feito grave e as persoas agredidas merecen xustiza”, asegura o director de Amnistía Internacional no Reino de España, Esteban Beltrán, que insiste, no entanto, en desvincular o acontecido con calquera actividade terrorista. A Amnistía tamén preocupa que “tres dos acusados leven máis dun ano e medio en prisión”, xa que considera que “a detención á espera de xuízo debe ser unha medida excepcional”.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN