MENORES PERIGOSOS OU MENORES EN PERIGO?

MENORES PERIGOSOS OU MENORES EN PERIGO?

O mércores dia 21 de Abril, organizada por EsCULcA para propiciar a reflexión e o debate sobre a filosofia e aplicación da Lei e o Regulamento do Menor, tivo lugar no Café Cultural AURIENSE unha mesa redonda -“Menores Perigosos ou Menores en Perigo?- en que participaron defensores da dimensión pedagóxica desta normativa e colectivos que a ven como alicerce dunha politica de xestion represiva e penal da mocidade das clases mais empobrecidas.

Ler mais...

RESPONSABILIDADES DOS MANDOS

RESPONSABILIDADES DOS MANDOS

Human Rights First (HRF) acaba de facer público o primeiro relatório que en que se tenta recoller o total de número mortes de persoas detidas polos EUA en Afeganistán e no Iraque: Command’s Responsibility: Deaths in U.S. Custody in Iraq and Afghanistan.

HRF denuncia a impunidade de que gozan os mandos militares do exército estado-unidense e oferece números decerto arrepiantes:

Ler mais...

NOVO RELATÓRIO DO MpDC

NOVO RELATÓRIO DO MpDC

O pasado dia 25 de Abril foi apresentado o novo relatório annual do Movemento polos Dereitos Civis que, ao igual que en anteriores ocasións, parte do articulado do Título I da Constituición Española para mostrar como a prática mostra que hai direitos que non se discuten e outros que os seus principais valedores parecen considerar perfeitamente prescindíveis. Neste sentido lembram as afirmacións do Presidente do Tribunal Supremo en que xustificou o asasinato de persoas suspeitosas de teren cometidos delitos perseguidos pola lexislación anti-terrorista.

Ler mais...

POLICIAS BY PROXY

POLICIAS BY PROXY

O Movemento polos Dereitos Civís puxo en coñecimento do Defensor del Pueblo, da Delegación do Governo, da Fiscalia, do Ministério do Interior e da Axéncia Española de Protección de Dados a notícia recollida por un xornal coruñés o pasado dia 25 de Xaneiro por se os feitos que nela se relatan pudesen ser constitutivos de delito.

Segundo este xornal, axentes da Polícia Nacional terian facilitado fotografias de persoas suspeitas de seren as autoras de alguns roubos de carteiras cometidos nos últimos tempos no transporte público da cidade aos condutores dos autocarros que cobren a liña 2 (entre Porta Real e Os Castros) e a liña 5 (entre Adormideras e a Cabana).

Ler mais...

PRENSA LIBRE E RETENCIÓN DE DADOS

PRENSA LIBRE E RETENCIÓN DE DADOS

O pasado 25 de Abril vários xornalistas expresaron ao Comisionado Franco Frattini a sua preocupación polas repercusións que sobre a liberdade de información terá a lei de retención de dados aprovada polo Parlamento Europeu en Febreiro deste ano e que entrará en vigor a finais de 2007.

Ler mais...

RECURSOS CONTRA A IMPUNIDADE

RECURSOS CONTRA A IMPUNIDADE

O pasado 25 de Xaneiro, Mamadou Kane, o cidadán senegalés que foi detido ilegalmente por catro axentes da polícia local de Vigo e conducido a un monte das proximidades onde os axentes o insultaron e mallaron nel, interpuxo recurso contencioso-administrativo contra os Reais Decretos que acordaron o pasado mes de Novembro o indulto destes funcionários condenados por maus tratos.

Ler mais...

VOOS DA CIA (IV)

VOOS DA CIA (IV)

Podes ver aqui (en francés) o Proxecto de Relatório da Comisión Provisória instituída para investiar a suposta utilización da CIA de países europeus para deter e transportar persoas ilegalmente. Relator: Giovanni Claudio Fava.

Ler mais...

DEMANDA POR NEGAR ACESO A DOCUMENTOS

DEMANDA POR NEGAR ACESO A DOCUMENTOS

The New York Time apresentou demanda contra o Departamento de Defensa dos EUA perante o Tribunal Federal de Nova York por o Pentágono negar-se a desclasificar os documentos relativos à autorización de George W. Bush para que a Axéncia de Seguranza Nacional pudese espiar comunicacións telefónicas e electrónicas de particulares sen autorización xudicial.

Ler mais...

ARTICLE 29

ARTICLE 29

A Asociación Article 29, acaba de facer pública a sua crítica à decisión do Consello de Europa de 21 de Febreiro pola que adopta a Directiva 2006/XX/EC sobre retención de dados aprovada o 14 de Decembro de 2005 polo Parlamento Europeu.

Ler mais...

EN DESTAQUE

OPINIÓN

  • Exercicio do cargo representativo vs. “dereito procesual penal do inimigo”

    O 12 de xaneiro de 2018 fíxose público o auto do maxistrado instrutor D. Pablo Llarena a propósito da petición do preso preventivo D. Oriol Junqueras solicitando a súa transferencia a unha prisión situada en Cataluña e a autorización para asistir aos dous primeiros plenos da presente lexislatura do Parlament de Cataluña. O auto resulta

  • Dereito penal do inimigo

    Unha corte de apelación do Tribunal Supremo (TS) constituída para resolver o recurso de Oriol Junqueras contra a prisión preventiva acordada polo maxistrado instrutor do mesmo Tribunal, Pablo Llarena, rexeitou o recurso do líder catalán, por considerar que existía risco fundado de reiteración delictiva, malia o compromiso de respecto á legalidade expresado polo preso político. Porén, o verdadeiramente grave

  • Direito a morrer com dignidade

    Será um dos temas de 2018 e espero que isso signifique mais um passo em frente no nosso país. Depois de anos de debates, este é o ano em que a lei deve ser mudada para que a despenalização da morte assistida seja uma realidade. Dignidade. Esta é uma enorme virtude que não pode ser

  • Laicidade e descentralização

    No Salão Nobre dos Paços do Concelho em Viseu encontra-se colocado um crucifixo. Ora, os Paços do Concelho acolhem a Câmara Municipal e parte dos seus serviços, sendo certo que a Câmara Municipal de Viseu emana da vontade da comunidade local, expressa periodicamente através dos sufrágio directo, universal e secreto da comunidade. Em Portugal, a

  • Isto non pode acabar ben nunca

      O auto do Supremo polo que se mantén Oriol Junqueras en prisión é esperpéntico da perspectiva do delito de rebelión. O presuposto de feito do delito de rebelión é un alzamento violento. A violencia é un elemento constitutivo do tipo penal. A acción política ou cívica pacífica ou, en todo caso, non violenta, co