ILLAS CANÁRIAS

Centros de Internamento de Estranxeiros

Centros de Internamento de Estranxeiros

“Medidas de detención inxustificadamente severas; pésimas condicións de hixiene que degradan a vida das persoas internadas; edifícios deteriorados; falta de elementos básicos como roupa de cama e vestir, de utensílios de hixiene persoal, etc.; incidentes violentos perpetrados por membros dos servizos de seguranza; atitudes ofensivas do persoal (cuxa función principal é a supervisión das persoas detidas); falta de asisténcia sanitária e atitude abertamente reticente dos facultativos à hora de atender as necesidades das persoas detidas; auséncia ou insuficiéncia de servizos de asisténcia xurídica e de tradución; opacidade (as ONG teñen sérias dificuldades para aceder ao interior destes centros)…”, son algunhas das eivas que aponta o Parlamento Europeu en relación aos Centros de Internamento de Estranxeiros españóis no Relatório publicado en Decembro de 2007 sobre a situación deste tipo de centros nos estados da UE.”

O Comité do Parlamento lembra tamén a denúncia de abusos sexuais e violéncia física a menores internos en Centros das Illas Canárias feita pola organización Human Rights Watch no seu último relatório.


Ler mais...

EXTRADICIÓN DE FARID HILALI

Compromisos incumpridos

Compromisos incumpridos

Muddassar Arani, advogado do cidadán marroquino Farid Hilali extraditado polo Reino Unido ao Reino de España o pasado dia 8 de Febreiro en base a unha orde de arresto europea, denuncia maus tratos ao seu defendido e o incumprimento por parte das autoridades españolas dos termos acordados polo fiscal Pedro Rubira con os tribunais británicos para estes autorizaren a extradición, entre eles a proibición de manter o detido en rexime de isolamento e a imputación de pertenza a organización terrorista, informa Statewatch.


Ler mais...

DECISIÓN CONTRADITÓRIA

DECISIÓN CONTRADITÓRIA

Nas dilixéncias prévias 432/2007 que se tramitan a instáncia de EsCULcA polos feitos acontecidos no mes de Xullo de 2006 no Centro Penitenciário de Teixeiro, calificado en numerosos meios como “o motin de Teixeiro”, a titular do Xulgado de Instrucción núm. 1 de Betanzos ditou auto o pasado 3 de Marzo calificando as actuacións atribuídas aos funcionários implicados como “falta de lesións” (infracción penal leve). Lembremos que a raiz dos incidentes vários presos apresentaron denúncia por tortura.

Incoerentemente, a xuíza, despois dunha investigación sumária e en base a informes médicos, estima que hai indícios da comisión de várias faltas de lesión imputáveis aos funcionários do cárcere que participaron nos feitos mais decide non levar adiante o procedimento penal polos delitos imputados na querela de EsCULcA (delitos de tortura, contra a integridade moral e por rigor desnecesário).

Decisión decerto contraditória pois se na sua breve investigación a xuíza achou indícios de vários presos teren sofrido lesións non pode calificar os feitos como infracción leve de lesións (falta) senón que, loxicamente, deverá calificar eses feitos como delito de tortura ou contra a integridade moral, por ser esta a calificación que o Código Penal reserva às agresións cometidas por funcionários carcerários no exercício dos seus cargos contra persoas que están baixo a sua custódia. Se hai indícios de lesións hai indícios de delito de tortura.

EsCULca xa formulou recurso de reforma e subsidiário de apelación contra esta incoerente resolución.


Ler mais...

SOBRE O PROFESORADO DE RELIXIÓN

SOBRE O PROFESORADO DE RELIXIÓN

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza admitiu a trámite o recurso apresentado polo Sindicato de Traballadoras e Traballadores do Ensino de Galiza (STEG) contra a Orde da Consellaria de Educación de Xullo de 2007 pola que se transformavan en indefinidos os contratos do profesorado de relixión e se habilitava os membros deste corpo docente para ocupar cargos directivos e desenvolver funcións próprias de funcionários (tutorias, dinamización da convivéncia escolar, bibliotecas, etc.

“A presión do STEG nesa mesa sectorial ( o único sindicato que nese momento xa expresa a súa intención de recorrela ) fai posible que se elimine o punto que permitía ocupar direccións e cargos directivos, manténdose a posibilidade da realización de outras funcións docentes.”, afirman fontes do Sindicato.


Ler mais...

DE INTERESE POLICIAL

DE INTERESE POLICIAL

”O Movemento polos Dereitos Civís tivo acceso a información facilitada pola Garda Civil en charlas de formación interna realizados, polo menos, na provincia de PONTEVEDRA. Nestas charlas repartíronse unha serie de informacións sobre o que a Garda Civil considera “o segundo maior problema de terrorismo do España” e que se centra nas siglas MLNG (MOVEMENTO DE LIBERACIÓN NACIONAL GALEGO). Na páxina 1 das copias facilitadas aos gardas civís asistentes aparecen un autocolante coas iniciais GZ, unha bandeira galega coa estrela vermella (bandeira da patria) no centro e o escudo galego de Castelao coa frase “DENANTES MORTOS QUE ESCRAVOS” como distintivos propios do MLNG.”, informa o Movemento polos Dereitos Civis.

No documento tamén se citan persoas e grupos de “interese policial”.


Ler mais...

A FAVOR DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN

A FAVOR DA LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Trinta-e-umnha asociacións civis de todo o mundo, a maioria delas pertencentes a estados da Organización da Conferéncia Islámica (OCI), fixeron público un comunicado en que instan o Consello de Direitos Humanos a protexer o mandato do Relator Especial para a Promoción e Protección do Direito de Expresión e Opinión e rexeitar a amenda proposta pola OCI no decurso da 7ª sesión do Consello, informa Internacional Freedom of Expression Exchange (IFEX).

Entenden estas asociacións que a emenda proposta pretende limitar o direito a criticar ideas relixiosas e estabeleceria un perigoso antecedente ao limitar o alcance da liberdade de expresión, perfeitamente regulada nos Artigos 19 e 20 do Convénio Internacional de Direitos Civis e Políticos, onde se rexeita o incitamento ao ódio baseado en razóns de nacionalidade, raza ou relixión mais onde tamén se protexe a crítica, incluída a crítica política e dos sistemas e ideas relixiosas. “A lexislación internacional protexe a reputación de indíviduos, non de valores abstratos ou instituicións”, subliñan.


Ler mais...

ONU

Contra a liberdade de expresión

Contra a liberdade de expresión

Apesar das obxeccións de 40 organizacións de direitos de todo o mundo, encabezadas por Article19 e o Instituto Cairota de Estudos de DD.HH, o Consello de Direitos Humanos da ONU aprovou o pasado 28 de Marzo, a proposta da Organización da Conferéncia Islámica, unha Resolución que converte en Fiscal o Relator especial sobre libre expresión.

A resolución aprovada por 32 votos e 15 abstencións, esixe que o Relator Especial de Liberdade de Expresión da ONU informe sobre abusos contra o direito à liberdade de expresión cando estes puderen constituir un acto de discriminación racial ou relixiosa.

Un dia antes, o Consello aprovara xa outra Resolución, tamén a instáncia de países islámicos, en que se mostra a preocupación pola difamación das relixións e se insta os governos a probir esa prática. Canadá e Europa votaron en contra e a Resolución foi aprovada por 21 votos a favor, 10 en contra e 14 abstencións.


Ler mais...

LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Cinco anos sen Egunkaria

Cinco anos sen Egunkaria

“Hai cinco anos, a polícia española detiña trece xornalistas e memros do Consello de Administración do xornal en língua vasca Euskaldunon Egunkaria, suspeitosos de “delito de pertenza ou colaboración con a organización terrorista ETA”. O xuiz da Audiéncia Nacional ordenou asimesmo a clausura do xornal”, lembra a asociación Reporteiros sen Fronteiras, que insta o Ministro de Xustiza español a revisar o caso.

“En Decembro de 2006, o fiscal Miguel Angel Carballo concluiu non existiren indícios suficientes para manter as acusacións contra os trece inculpados. O 20 de Outubro de 2005, 70 deputados recordaron o seu compromiso con a liberdade de expresión e pediron ao governo de José Luís Rodríguez Zapatero o sobresimento do caso de Egunkária. Trata-se dunha medida que priva os leitores do seu direito à información”, subliñan.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN

  • Di a RAG que presunción de inocencia é “a que se debe manter, mentres non haxa sentenza condenatoria, contra a persoa a quen se lle imputa un delito”. Todas temos moi claro que esta é unha das bases fundamentais de calquera sociedade democrática. Mais como toda sociedade (e mesmo toda democracia) é imperfecta, vemos que o que presumimos como dereito básico é supostamente esquecido tanto polas administracións como pola cidadanía.

  • A claque do Celtic de Glasgow foi multada por envergar bandeiras da Palestina e Pep Guardiola, mais de uma vez, por ter o laço amarelo pela libertação dos presos políticos catalães. Apenas alguns exemplos de como, através do futebol, foi possível, em poucos minutos de emissão mundial, fazer passar uma mensagem a milhões de pessoas.

  • Un xuízo á disidencia política encadrado nun acto de rebelión e cuxos deputados teñen acima das cabezas a decisión última que adopte o Parlament. Así de sinxelo e así de cruel. E así de difícil. Europa déixaos en liberdade, e o Parlament ten que suspendelos?

  • Había trece días que o Llarena Solitario ou Cid Llaneador (dito con moito amor e respecto, como non podería ser doutro xeito) estaba reunido consigo mesmo moi forte meditando que día o diría. Trece días pensando: “Mañá? Non, mellor pasadomañá! Ai non, definitivamente que sexa o outro…”. Total, que ao final díxoo hoxe.

  • O concepto de lawfare foi gerado pelo general estadunidense Charles Dunlap, assessor do Pentágono, que o definiu como a tática para utilizar a lei como meio para alcançar um objetivo militar. O lawfare é menos letal, mais económico, e – em muitas oportunidades – mais efetivo que ações militares planificadas. Também é baseado na ideia de dar uma aparência de legalidade à excepcionalidade, à perseguição e à hostilidade.