CRIMINALIZACIÓN DO MOVIMENTO ANTI-GUERRA

CRIMINALIZACIÓN DO MOVIMENTO ANTI-GUERRA

”O decreto asinado por George Bush o pasado 17 de Xullo (“Conxelar os bens daquelas persoas que ameazan os esforzos de estabilización no Iraque”) criminaliza o movimento anti-guerra e dá ao presidente dos EUA potestade para confiscar os haveres das persoas e organizacións que se opoñen à invasión do Iraque, incluídas aquelas que “socavan os esforzos para promover a reconstrucións económica” ou as que se opoñen à confiscación e privatización dos recursos petroleiros dese país a favor dos xigantes da indústria petrolífera anglo-americana”, denuncia Michel Chossudovsky.


Ler mais...

VÍTIMAS DO IMPOSTO ECLESIÁSTICO

VÍTIMAS DO IMPOSTO ECLESIÁSTICO

O Comité Internacional da Unión de Ateus e Libres Pensadores (CILALP-ILCA), promove unha campaña de apoio à demanda apresentada por Peter Nitmann perante o Tribunal Europeu de Direitos Humanos (TEDH) contra o imposto eclesiástico forzoso que lle foi deducido do subsídio de desemprego.

Sobre a base da Concordata do Terceiro Reich con o Vaticano de 1933, o único contrato politico exterior de Hitler que a república alemá mantén vixente na actualidade, millóns de persoas desempregadas foron suxeitas à forza desde 1975 ao imposto eclesiástico. O Governo deducia este imposto do seu subsídio de desemprego en benefício das duas grandes igrexas de Alemaña: a católico-romana e a evanxélica. A cantidade substraída por este procedimento ascende a millares de millóns de euros.


Ler mais...

CUMPLICIDADE INTELECTUAL

CUMPLICIDADE INTELECTUAL

Traducimos a “Carta aberta ao Fiscal Federal alemán contra a criminalización da investigación académica crítica e o compromiso politico”, publicada a raiz da detención do sociólogo Andrej Holm e outras 3 persoas acusadas de “cumplicidade intelectual” con a suposta organización terrorista chamada Militante Gruppe.


Ler mais...

DEMOCRACIA MADE IN USA

DEMOCRACIA MADE IN USA

O goberno dos EUA elaborou un manual destinado aos organizadores dos actos públicos aos que acude como invitado o presidente George Bush, para anular o impacto negativo das manifestacións contrarias ás súas políticas, que van a máis a cada día que pasa, sobre todo, dende a invasión militar de Iraq, informa Vieiros.


Ler mais...

A VERDADE SOBRE O 11/S

A VERDADE SOBRE O 11/S

O próximo 9 de SETembro terá lugar en Bruxelas a primeira marcha do Movimento Europeu pola Verdade do 11/S, plataforma que ten como obxectivo esclarecer o que realmente aconteceu o 11 de SETembro de 2001 e quen está atrás dos ataques. A marcha sairá da estación do camiño de ferro Bruxelas-Norte às 14 horas.

Este Movimento, que naceu imediatamente a seguir os atentados contra as Torres Xémeas e o Pentágono como reacción contra as evidentes lacunas da versión oficial, está composto por grupos de profisionais de diferentes ámbitos (pilotos, veteranos, arquitectos, enxeñeiros, investigadores, etc.) que estudan as provas do impacto, analisan os testemuños persoais e traballan para recuperar os documentos furtados ao coñecimento público.

“Deixe-me lle dicer unha cousa que hai tempo me preocupa. Eu filmei o Pentágono antes do 11/S. Hai centos de cámaras instaladas nos edifícios, até nas árvores. Tiñan posibilidade de gravar a chegada daquel avión de cen ángulos diferentes. Como é que non se pode ver o impacto de princípio a fin? Eu quero ver os centos de vídeos que existen deste feito. Por qué non se pode ver aquel avión precipitando-se sobre os edifícios do Pentágono?” pergunta-se um escéptico Michael Moore.


Ler mais...

WIKIPEDIA, A CIA E O VATICANO

WIKIPEDIA, A CIA E O VATICANO

“Um site com uma nova ferramenta virtual indica que usuários de computadores da CIA (agência de inteligência americana) e do Vaticano estão entre os responsáveis por edições nos textos do site Wikipedia, um dos mais populares do mundo para pesquisas na internet”, informa MSN-Notícias.

Un porta-voz da CIA dixo non poder confirmar se persoas que usan computadores da axéncia entraran de feito na wikipedia, mais enfatizou que “a CIA ten unha misión vital na protección dos Estados Unidos e o foco da axéncia está aí, nese traballo decisivo”. A CIA, o Vaticano, Diebold (empresa relacionada con a suposta fraude eleitoral de Bush), o partido Democrata dos EUA, entre outros, “corrixiron” informacións sobre Mahmoud Ahmadinejad, Jerry Adams, Walden O’Dell, etc.


Ler mais...

LEVOU-NAS O VENTO

LEVOU-NAS O VENTO

Scholars for 9/11 Truth, asociación de ámbito académico formada por persoas de diferentes disciplinas que investigan a verdade sobre o acontecido nos atentados do 11/S, inclui no seu web este curioso vídeo onde se pode ver como as estruturas de aceiro e cimento das torres xémeas se transforman, incrivelmente, en pó que leva o vento.


Ler mais...

XORNALISTAS PROCESADOS POR REVELAREN INFORMACIÓN CONFIDENCIAL

XORNALISTAS PROCESADOS POR REVELAREN INFORMACIÓN CONFIDENCIAL

Alemaña iniciou recentemente procesos penais contra 17 xornalistas que publicaron información relacionada con os vós da CIA asi como con actividades dos servizos secretos alemáns durante a invasión do Iraque en 2003, informa o Comité para a Protección de Xornalistas.

O comité alemán constituído especificamente para investigar estes asuntos trata de manter clasificados os documentos citados nos relatórios dos xornalistas.


Ler mais...

ESPIONAXE LEGALIZADA

ESPIONAXE LEGALIZADA

“A Cámara de Representantes norteamericana aprobou un proxecto de lei que dá temporalmente poder ás axencias de espionaxe do país para realizar escoitas sen autorización xudicial, despois de que o Senado dese o venres o seu visto e prace. A Cámara ratificou a proposta por 227 votos a favor e 183 en contra, co que deu un triunfo ao presidente de EEUU, George W. Bush, que describiu esa autorización como esencial para protexer ao país.

O proxecto de lei, que entrará en vigor coa firma de Bush, permite escoitas de chamadas telefónicas, así como interceptar correos electrónicos, de persoas en Estados Unidos que se comunican con individuos no estranxeiro. Para iso é necesario tan só que o director nacional de intelixencia e o fiscal xeral aproben as escoitas”, informa GZnación.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN