DOCENTES, NON ESPIAS

DOCENTES, NON ESPIAS

A controvertida proposta do governo do Reino Unido para implicar a universidade en actividades de controlo da comunidade musulmana e outras comunidades minoritárias foi rexeitada unanimemente polas delegadas e delegados que participan no congreso da UCU (University and College Union) en Bournemouthz.

“Ficou claro que nos oporemos à tentativa do governo de restrinxir a liberdade de expresión nos campus (…). De prosperaren propostas deste tipo, as universidades deixarian de ser un lugar de discusión e debate libre entre docentes e estudantes, incluindo aquelas ideas que algunhas persoas poden considerar desafiantes, ofensivas e mesmo extremas. Non queremos que xente se retraia de expresar as suas opinións por temor às consecuéncias.”, afirma Sally Hunt, Secretária Xeral da UCU.

Ler mais...

OPACIDADE INFORMATIVA

OPACIDADE INFORMATIVA

O Movemento polos Dereitos Civis denuncia que a Delegación do governo en Galiza se nega a facilitar dados sobre as cámaras de vídeo-vixiláncia instaladas nos concellos, apesar de a lei estabelecer que esta información deve ser de coñecimento público.

“Como é coñecido, diversas cidades e vilas de Galiza optaron nos últimos anos por colocar cámaras de videovixilancia ou estudar a súa instalación para en lugares moi concorridos, como medida de “seguridade” adicional ás funcións dos Corpos de Seguridade. Sen embargo, tense comprobado que son unha clara intromisión no dereito á intimidade e á propia imaxe, sen que os procedimentos garantistas estipulados para a cidadanía (acceso ás imaxes, garantía da destrucción inmediata das imaxes que non se utilizan) se cumpran; ademáis resultan dunha escasa utilidade, xa aínda non serviron para resolver ningún delito, que en teoría a súa función”, acentuan o MpDC.

Ler mais...

PODERES PÚBLICOS E ACTOS RELIXIOSOS

PODERES PÚBLICOS E ACTOS RELIXIOSOS

Na mira de defender o princípio de neutralidade dos poderes públicos en matéria relixiosa, EsCULcA comezou a enviar cartas a todas as persoas que encabezan candidaturas instando-as a “a facer o compromiso público, con ocasión da campaña eleitoral que agora comeza, de que nen V. nen os membros do seu grupo político participarán, en canto membros da corporación municipal (correspondan-lles ou non funcións de governo), en actos, ritos, procisións ou celebracións de carácter relixioso, e manterán un respeito escrupuloso ao principio de aconfesionalidade e neutralidade do Estado en relación coas diversas igrexas ou cultos relixiosos existentes”.

Ler mais...

DESPROTECCIÓN DE DADOS

DESPROTECCIÓN DE DADOS

“A Axencia Española de Protección de Datos entende probado que o Concello de Compostela incumpre a lexislación ao non facilitar o dereito de acceso a datos de carácter persoal. O Concello emitira un informe no que recoñecía a existencia de diversos arquivos –en posesión da Policía Local- sobre o coordenador do MpDC, e este solicitou acceder a todos os informes contidos nos ficheiros da Policía”, denuncia o Movemento polos Dereitos Civis.

Ler mais...

APOIO À LIBERDADE DE PRENSA

APOIO À LIBERDADE DE PRENSA

O Comité Coordenador de Organizacións de Liberdade de Prensa fixo pública unha Resolución en apoio do xornalista José Luís Gutiérrez, “vítima de acoso xudicial durante mais dunha década nos tribunais do seu país”.

En 1996, Gutiérrez foi acusado de violar “o direito a manter a honra” de Hassan II, na altura rei de Marrocos, a seguir a publicación dunha crónica no xornal Diario 16 sobre o decomiso de cinco toneladas de haxixe nun camión propriedade da coroa marroquina. Apesar de a crónica citar fontes policiais e de ter sido demonstrada a sua veracidade, Gutierrez e Rosa López, autora da reportaxe, foron declarados culpáveis por catro tribunais españóis. Agora a sentenza está recorrida perante o Tribunal de Direitos Humanos de Estrasburgo.

Ler mais...

ABU GHRAIB

ABU GHRAIB

“Em 28 de Abril de 2004, tal dia como hoje há três anos, o desaparecido informativo semanal 60 Minutes II, da norte-americana CBS, emitia umha reportagem em que, pola primeira vez, o mundo pudo ver as pornográficas fotografias que a soldadesca estado-unidense se fijo enquanto divertida torturava indefesos prisioneiros na iraquiana prisom de Abu Ghraib”, lembra Suso Sanmartin no seu blogue, onde rende homenaxe as persoas torturadas.

E EsCULcA suma-se à sua lembrança e homenaxe.

Ler mais...

DADOS PERSOAIS E DESLOCALIZACIÓN

DADOS PERSOAIS E DESLOCALIZACIÓN

A Coordenadora Unitária de Traballadores do Telemarketing considera que con a deslocalización de empresas os consumidores poden ver en perigo direitos garantidos no Estado español. Alertan en concreto de várias compañias de tele-comunicacións teren remetido dados persoais dos seus clientes a sucursais ou subcontratas no estranxeiro, informa Xornal.com.

Ler mais...

NOVA REPRIMENDA DA ONU AO ESTADO ESPAÑOL

NOVA REPRIMENDA DA ONU AO ESTADO ESPAÑOL

A Coordenadora para a Prevención da Tortura (CPT) acaba de facer público un comunicado en que denuncia a atitude de non colaboración do Governo español en relación às Recomendacións do Relator Especial da ONU para a Tortura.

“Consolidado no ponto de mira do Comité para a Prevención da Tortura do Consello de Europa, nesta ocasión o Relator Especial eleva o ton das críticas ao Estado español lamentando explicitamente no seu recente relatório o seguimento feito das recomendacións do seu predecesor, Sr. Theo van Boven”, seguimento que a CPT califica de nulo.

Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN