PILOTOS INSUBMISOS

PILOTOS INSUBMISOS

Os pilotos de guerra alemáns desobedecerán –por inconstitucional- a orde de abater avións secuestrados apesar das declaracións do ministro de Defensa Franz Josef Jung à revista Focus: “Se non houver outros meios eu poderia dar a orde de abater (un avión) para protexer os nosos cidadáns”.

“De feito, o ministro Jung cometeu un erro imperdoável ao descoñecer unha sentenza do Constitucional, que deixou sen efeito unha lei do Governo do ex-chanceler Gerhard Schröder que buscava, precisamente, clareza constitucional para poder abater avións secuestrados por terroristas. Mais o máximo tribunal alemán sinalou que o Estado non pode se constituir en executor de vidas inocentes ainda que a intención for a de salvar outras”, informa La Voz de Galicia.


Ler mais...

OS KACZYNSKI OUTRA VEZ

OS KACZYNSKI OUTRA VEZ

“Polonia bloqueou a iniciativa da UE para instaurar un Día Europeo contra a Pena de morte, xa que supeditan esta cuestión a un debate sobre o dereito á vida que inclúa o aborto e a eutanasia. Os representantes do conservador e ultracatólico Goberno polaco dos irmáns Kaczynski volveron desmarcarse do resto dos países da UE para bloquear unha iniciativa relacionada co respecto aos dereitos humanos. Nesta ocasión vetaron no Consello de Ministros de Xustiza e Interior da Unión a aprobación dunha declaración que incluía a instauración do 10 de outubro como Día Europeo contra a Pena de morte”, informa GZnacion.


Ler mais...

RADICALIDADE DEMOCRÁTICA

RADICALIDADE DEMOCRÁTICA

‘Trata-se dunha medida de absoluta radicalidade democrática. A liberdade de expresión é o direito fundamental de todas as persoas a expresar ideas libremente, e portanto sen censura’, asi define Laia Cañigueral, deputada por Esquerra Republicana, a proposta que rexistou no Congreso para modificar a redacción actual do Código Penal español e derrogar os artigos 490.3 e 491, relativos aos delitos contra a coroa, e o artigo 543, que fai referéncia aos delitos de ultraxe a España.

A iniciativa lexislativa ven precedida da detención de Jaume Roura Carellas, acusado de queimar unha fotografia de Juan Carlos e Sofia de Borbón, posteriormente posto en liberdade sen fianza.


Ler mais...

ALTO, POLICIA

ALTO, POLICIA

“Usted callado”, “Señora no se entrometa”, “Quietos todos”, foron as únicas explicacións que deron os dous axentes que o pasado 20 de SETembro detiveron ilegalmente en Barrantes o mozo Miguel Ángel Gómez, vítima dunha brutal acción policial desencadeada por un erro da polícia.

O relato dos feitos (“A policía persegue a tiros a un mozo de Barrantes“), confirmados polas próprias forzas de seguranza do estado, arrepia, tanto pola violéncia da actuación dos axentes como pola impunidade con que parecen mover-se à marxe da lei.


Ler mais...

PROTOCOLO SECRETO

PROTOCOLO SECRETO

O Estado español e os EUA asinaron un protocolo secreto para a troca de dados sobre “terroristas e persoas suspeitosas de participaren en actividades terroristas”. O documento estabelece os procedimentos para o aceso e troca desta información, que será actualizada permanentemente e poderá ser utilizada nas suas investigacións “polas diferentes axéncias e corpos policiais españóis e estado-unidenses”, informa El País.

Incluirá esa información os grupos pacifistas de estudantes, eclesiásticos e cuáqueros que figuran na base de dados TALON do Pentágono como “posível ameaza”?


Ler mais...

VIH: DIREITO À INTIMIDADE

VIH: DIREITO À INTIMIDADE

A Sección 4ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo estimou, na sentenza ditada o 29 de Xullo de 2007, o recurso interposto polo Advogado do Estado contra a sentenza da Audiéncia Nacional que declarara nula a Orde Ministerial do Ministerio de Sanidade e Consumo de Decembro de 2000. A Orde criava un ficheiro de portadores do VIH e a Audiéncia Nacional apreciou que o método de tratamento dos dados persoais non cumpre con as garantías de seguranza axeitadas para preservar o direito fundamental à intimidade dos afectados.

Algun dos colectivos que no seu dia impugnaran (Fundación do Movemento Cidadán AntiSIDA, Xustiza e Sociedade, PreS.O.S. Galiza e Colectivo Moucho) xa manifestaron a sua intención de apresentar recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional.

A sentenza do Supremo estima que o Enxeñeiro Superior de Telecomunicacións designado como perito polo Tribunal extalimitouse no seu cometido cando descobriu que o método de disociación de dados utilizado polo Ministério de Sanidade permitía a identificación doada dos integrantes do ficheiro e, ao mesmo tempo, impedia a estes o aceso para rectificación, anulando a sentenza por defeito formal, sen dar trascendéncia à afectación ao direito fundamental à intimidade que tal feito, obxectivo, supón.


Ler mais...

DIREITO À INFORMACIÓN

DIREITO À INFORMACIÓN

O Dia Internacional do Direito a Saber (28 de SETembro) foi estabelecido en 2002 coincidindo con a criación da Rede Global para a defensa do Direito à Información (FOIANET). O obxectivo: reivindicar o recoñecimento do direito de aceso à información en poder das instituicións públicas.


Ler mais...

RUAL REAL DA CORUÑA (II)

RUAL REAL DA CORUÑA (II)

Como o ano pasado nestas mesmas datas, o pasado 29 de Agosto un dispositivo policial de 30 axentes levou a cabo unha redada contra os vendedores imigrantes que traballan na Rua Real da Coruña. Tamén ao igual que acontecera en 2006, a acción policial, tan espectacular como desproporcionada, provocou as protestas de muitas persoas que se encontravan presentes, indignadas pola atitude violenta dos axentes que alxemaron os traballadores detidos e tentaron impedir que os xornalistas cobrisen a información.

O sábado dia 1º de SETembro, un grupo de persoas convocadas polo CS A Treu pendurou unha faixa na própria Rua Real en que se lia: “Nengunha persoa é ilegal. Esta guerra imo-la parar”.


Ler mais...

AINDA MAIOR, AINDA MAIS DÉBIL

AINDA MAIOR, AINDA MAIS DÉBIL

A American Civil Liberties Union (ACLU) acaba de actualizar o seu relatório de 2003 (Bigger Monster, Weaker Chains) sobre o retroceso das liberdades públicas nos EUA.

O novo documento (Even Bigger, Even Weaker), de Jay Stanley e Barry Steinhardt, apesar da sua brevidade, mostra ben às claras os perigos da deriva antidemocrática da sociedade estado-unidense. Deriva cuxos efeitos se deixan sentir cada vez mais firmemente en Europa.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN