EXPRESIÓNS VEXATÓRIAS E HUMILLANTES

EXPRESIÓNS VEXATÓRIAS E HUMILLANTES

JoSETxu Rodríguez e Javier Ripa, humoristas gráficos do suplemento Caduca Hoy do xornal Deia, declaran hoxe, 17 de SETembro, na Audiéncia Nacional por supostas “expresións vexatórias e humillantes” sobre Juan Carlos de Borbón.

O delito: teren publicado unha foto-montaxe que alude a unha polémica xornada de caza en Rúsia con o seguinte pé: “Estaba cocido. Mitrofán era un oso de feira. Meteron-no nunha gaiola e puxeron-no a tiro do Rei despois de o encharcar con vodka e mel. Farian-no para que estivesen en igualdade de condicións?”


Ler mais...

PILOTOS INSUBMISOS

PILOTOS INSUBMISOS

Os pilotos de guerra alemáns desobedecerán –por inconstitucional- a orde de abater avións secuestrados apesar das declaracións do ministro de Defensa Franz Josef Jung à revista Focus: “Se non houver outros meios eu poderia dar a orde de abater (un avión) para protexer os nosos cidadáns”.

“De feito, o ministro Jung cometeu un erro imperdoável ao descoñecer unha sentenza do Constitucional, que deixou sen efeito unha lei do Governo do ex-chanceler Gerhard Schröder que buscava, precisamente, clareza constitucional para poder abater avións secuestrados por terroristas. Mais o máximo tribunal alemán sinalou que o Estado non pode se constituir en executor de vidas inocentes ainda que a intención for a de salvar outras”, informa La Voz de Galicia.


Ler mais...

OS KACZYNSKI OUTRA VEZ

OS KACZYNSKI OUTRA VEZ

“Polonia bloqueou a iniciativa da UE para instaurar un Día Europeo contra a Pena de morte, xa que supeditan esta cuestión a un debate sobre o dereito á vida que inclúa o aborto e a eutanasia. Os representantes do conservador e ultracatólico Goberno polaco dos irmáns Kaczynski volveron desmarcarse do resto dos países da UE para bloquear unha iniciativa relacionada co respecto aos dereitos humanos. Nesta ocasión vetaron no Consello de Ministros de Xustiza e Interior da Unión a aprobación dunha declaración que incluía a instauración do 10 de outubro como Día Europeo contra a Pena de morte”, informa GZnacion.


Ler mais...

RADICALIDADE DEMOCRÁTICA

RADICALIDADE DEMOCRÁTICA

‘Trata-se dunha medida de absoluta radicalidade democrática. A liberdade de expresión é o direito fundamental de todas as persoas a expresar ideas libremente, e portanto sen censura’, asi define Laia Cañigueral, deputada por Esquerra Republicana, a proposta que rexistou no Congreso para modificar a redacción actual do Código Penal español e derrogar os artigos 490.3 e 491, relativos aos delitos contra a coroa, e o artigo 543, que fai referéncia aos delitos de ultraxe a España.

A iniciativa lexislativa ven precedida da detención de Jaume Roura Carellas, acusado de queimar unha fotografia de Juan Carlos e Sofia de Borbón, posteriormente posto en liberdade sen fianza.


Ler mais...

ALTO, POLICIA

ALTO, POLICIA

“Usted callado”, “Señora no se entrometa”, “Quietos todos”, foron as únicas explicacións que deron os dous axentes que o pasado 20 de SETembro detiveron ilegalmente en Barrantes o mozo Miguel Ángel Gómez, vítima dunha brutal acción policial desencadeada por un erro da polícia.

O relato dos feitos (“A policía persegue a tiros a un mozo de Barrantes“), confirmados polas próprias forzas de seguranza do estado, arrepia, tanto pola violéncia da actuación dos axentes como pola impunidade con que parecen mover-se à marxe da lei.


Ler mais...

PROTOCOLO SECRETO

PROTOCOLO SECRETO

O Estado español e os EUA asinaron un protocolo secreto para a troca de dados sobre “terroristas e persoas suspeitosas de participaren en actividades terroristas”. O documento estabelece os procedimentos para o aceso e troca desta información, que será actualizada permanentemente e poderá ser utilizada nas suas investigacións “polas diferentes axéncias e corpos policiais españóis e estado-unidenses”, informa El País.

Incluirá esa información os grupos pacifistas de estudantes, eclesiásticos e cuáqueros que figuran na base de dados TALON do Pentágono como “posível ameaza”?


Ler mais...

VIH: DIREITO À INTIMIDADE

VIH: DIREITO À INTIMIDADE

A Sección 4ª da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo estimou, na sentenza ditada o 29 de Xullo de 2007, o recurso interposto polo Advogado do Estado contra a sentenza da Audiéncia Nacional que declarara nula a Orde Ministerial do Ministerio de Sanidade e Consumo de Decembro de 2000. A Orde criava un ficheiro de portadores do VIH e a Audiéncia Nacional apreciou que o método de tratamento dos dados persoais non cumpre con as garantías de seguranza axeitadas para preservar o direito fundamental à intimidade dos afectados.

Algun dos colectivos que no seu dia impugnaran (Fundación do Movemento Cidadán AntiSIDA, Xustiza e Sociedade, PreS.O.S. Galiza e Colectivo Moucho) xa manifestaron a sua intención de apresentar recurso de amparo perante o Tribunal Constitucional.

A sentenza do Supremo estima que o Enxeñeiro Superior de Telecomunicacións designado como perito polo Tribunal extalimitouse no seu cometido cando descobriu que o método de disociación de dados utilizado polo Ministério de Sanidade permitía a identificación doada dos integrantes do ficheiro e, ao mesmo tempo, impedia a estes o aceso para rectificación, anulando a sentenza por defeito formal, sen dar trascendéncia à afectación ao direito fundamental à intimidade que tal feito, obxectivo, supón.


Ler mais...

WIKIPEDIA, A CIA E O VATICANO

WIKIPEDIA, A CIA E O VATICANO

“Um site com uma nova ferramenta virtual indica que usuários de computadores da CIA (agência de inteligência americana) e do Vaticano estão entre os responsáveis por edições nos textos do site Wikipedia, um dos mais populares do mundo para pesquisas na internet”, informa MSN-Notícias.

Un porta-voz da CIA dixo non poder confirmar se persoas que usan computadores da axéncia entraran de feito na wikipedia, mais enfatizou que “a CIA ten unha misión vital na protección dos Estados Unidos e o foco da axéncia está aí, nese traballo decisivo”. A CIA, o Vaticano, Diebold (empresa relacionada con a suposta fraude eleitoral de Bush), o partido Democrata dos EUA, entre outros, “corrixiron” informacións sobre Mahmoud Ahmadinejad, Jerry Adams, Walden O’Dell, etc.


Ler mais...

LEVOU-NAS O VENTO

LEVOU-NAS O VENTO

Scholars for 9/11 Truth, asociación de ámbito académico formada por persoas de diferentes disciplinas que investigan a verdade sobre o acontecido nos atentados do 11/S, inclui no seu web este curioso vídeo onde se pode ver como as estruturas de aceiro e cimento das torres xémeas se transforman, incrivelmente, en pó que leva o vento.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN