BOLETIN Nº 16

BOLETIN Nº 16

Pode ler-se aqui o novo número do noso Boletin, que aparece cando xa van cinco anos decorridos desde a abertura dese centro de detención ilegal que acabou por converter-se en símbolo internacional de arbitrariedade, violación dos mais elementares direitos das persoas, inxustiza e infámia, praticadas todas en nome da defensa da nosa seguranza e as nosas liberdades: GUANTÁNAMO. A Raquel Blanco, Valentín García e José Luís Torrente havemos de agradecer ter-nos cedido desinteresadamente as imaxes que ilustran este número do Boletin e à Fundació Signes a sua magnifica iniciativa de reunir unha tan interesante amostra do que a arte pode facer contra a infámia.

Ler mais...

A MORTE DE DIEGO VIÑAS

A MORTE DE DIEGO VIÑAS

A Audiéncia Provincial da Coruña, Sec. 2, acaba de ditar Auto desestimando a pretensión de os responsáveis do Posto da Guarda Civil de Arteixo seren procesados como autores dun delito de homicídio doloso no caso da morte de Diego Viña, o xoven de 23 anos que aparecera pendurado na sua cela despois de ter sido detido por unha denúncia falsa do pai (vexa-se Boletin nº 12, pp. 7-8).

Ler mais...

CONCENTRACIÓN PROIBIDA

CONCENTRACIÓN PROIBIDA

A Subdelegación do Governo na Coruña comunicou esta mañá à Comisión de Denúncia de Galiza a proibición da concentración/marcha que esta plataforma tiña previsto realizar o dia 24 diante do Hospital Juan Canalejo (às 12 horas) e diante da própria Subdelegación do Governo (às 16.30 horas) para reclamar o esclarecimento das circunstáncias en que hai agora dous anos morreu Xosé Tarrio.

“Xosé Tarrío morreu no cárcere o 2-1-2005. Entrou a cumprir condena de 2 anos e medio. Tivérono 14 anos na cadea, 12 deles en AILLAMENTO. Sendo portador i enfermo do VIH desde 1989, Xosé non recibiu tratamento axeitado con medio corpo paralizado. Os servicios médicos do Centro Penitenciario de Teixeiro recéitanlle unha aspirina “dicindo que era gripe”. Varios meses despois, o ingresan no Hospital Xoán Canalexo de A Coruña onde outro erro máis no diagnóstico, provocou e acelerou a súa morte.”

Ler mais...

BLOGS CENSURADOS

BLOGS CENSURADOS

Electronic Frontier Foundation (EFF) solicitou informaicón ao Departamento de Defensa sobre as actividades da unidade Army Web Risk Assessment Cell (AWRAC), supostamente encarregada de controlar centos de millares de sítios web editados por soldados do exército estadounidense na procura de información “inapropriada”.

“Os soldados han de ter direito a expresar libremente a sua opinión no debate nacional sobre a guerra do Iraque” -argumenta Marcia Hofmann, advogada de EFF- ”E nós temos direito a saber se o exército manipula a sua opinón”.

Ler mais...

O QUE FALTAVA

O QUE FALTAVA

O Ministério de Defensa español, xunto con os governos de Itália a Franza, traballa na posta en marcha do proxecto Infraestrutura de Intelixéncia Semántica Operacional (OSEMINTI), un sistema informático intelixente de espionaxe telemática que permite a interceptación e o procesamento de todas as comunicacións via internete. O Estado español contribui con perto de dous millóns de euros, o 30% do orzamento previsto, ao desenvolvimento da iniciativa, informa nun relatório entregado ao Consello de Direitos Humanos da ONU, John Dugard descreve a situación dos direitos humanos nos territórios palestinos. O famoso xurista sul-africano conclui que esta situación é similar à que se vivia en Sul África en tempos do aparheid. “De manter-se esta situación”, afirma”, a capacidade da comunidade internacional para promover os direitos humanos deverá ser posta en causa.”

Mais información Vieiros.

Ler mais...

XUSTIZA DENEGADA

XUSTIZA DENEGADA

Hoxe, 26 de Marzo, terá lugar en Guantánamo a vista incoatória de David Hicks, cidadán australiano prisioneiro en Guantánamo. Trata-se do primeiro detido en ser xulgado conforme à Lei de Comisións Militares (MCA nas suas siglas en inglés), dos 23 posíveis acusados seleccionada para xuízo perante unha comisión militar.

No seu Relatório Xustiza postergada e tamén denegada? Amnistia Internacional denuncia a admisión de provas obtidas mediante métodos ilegais que o governo estado-unidense pode manter ocultos. Alguns dos prisioneiros que provavelmente serán procesados perante estas comisións militares permanecerom recluídos durante anos en segredo sob custódia da CIA, cuxas técnicas de interrogatório están clasificadas no nível de “máximo segredo”.

Ler mais...

PROTECCIÓN DE DADOS

PROTECCIÓN DE DADOS

EsCULcA solicitou o pasado dia 9 de Febreiro poder comparecer en conceito de parte interesada no procedimento que se segue contra a suposta utilización indevida do anterior presidente da Xunta de Galiza, Sr. Fraga Iribarne, dos rexistos de pensionistas que obran en poder da administracion autonómica.

Esta actuación tiña como obxectivo enviar propaganda eleitoral e foi denunciada perante a Axéncia Española de Protección de dados por várias das persoas receptoras das cartas do Sr. Fraga Iribarne.

Ler mais...

DIREITOS HUMANOS EN PALESTINA

DIREITOS HUMANOS EN PALESTINA

Nun relatório entregado ao Consello de Direitos Humanos da ONU, John Dugard descreve a situación dos direitos humanos nos territórios palestinos. O famoso xurista sul-africano conclui que esta situación é similar à que se vivia en Sul África en tempos do aparheid. “De manter-se esta situación”, afirma, “a capacidade da comunidade internacional para promover os direitos humanos há de ser posta en causa”.

Mais información aqui.

Ler mais...

AMOESTADO POR COMER DA ÁRVORE

AMOESTADO POR COMER DA ÁRVORE

“A Comisión Disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial decidiu sancionar con seiscentos euros un maxistrado da Audiencia Provincial de Cantabria por unha falta grave ao incluir consellos relixiosos en sentenzas sobre denuncias entre parellas en trámites de divorcio”, informa o Consello da Avogacia Galega.

Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN