McDONALD’S, BLAIR E McLIBEL2

McDONALD’S, BLAIR E McLIBEL2

“A lexislación e os procedimentos procesuais anti-libelo ingleses son incompatíveis con a Convención Europea de Direitos Humanos”, afirman Helen Steel e Dave Morris (McLibel2), militantes de London Greenpeace (organización non vinculada a Greenpeace Internacional) a quen McDonald’s demandara en 1990 por difamación para os impedir de distribuíren panfletos onde se criticavan algunhas das práticas empresariais da corporación.

Agora, despois de 15 anos de duro enfrentamento, incluído o xuízo mais longo da história británica (313 dias) en que Steel e Morris, por falta de meios, tiveron de se representar a si próprios contra à poderosa multinacional, o Tribunal Europeu de Direitos Humanos dá-lles a razón: a complexidade e dureza da lexislación anti-libelo inglesa (que non garante adecuadamente o direito a criticar as grandes corporacións), a falta de asisténcia letrada e a abisal diferença de recursos entre unha e outra parte violan o direito a un xuízo xusto e o direito à liberdade de expresión recoñecidos na Convención Europea de Direitos Humanos (Arts. 10º e 6º respectivamente).

Ler mais...

PORTUGAL: CAMPAÑA A FAVOR DO PROTOCOLO DAS NN.UU.

PORTUGAL: CAMPAÑA A FAVOR DO PROTOCOLO DAS NN.UU.

A iniciativa da Associaçao contra a Exclusao e o Desenvolvimento (ACED), várias organizacións portuguesas iniciaron recentemente unha campaña para conseguir que Portugal ratifique e poña en marcha o Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura.

Na sua páxina http://www.sociofonia.net/aced, a ACED responde a algunhas das perguntas mais frecuentes sobre o protocolo. Aqui reproducimos o texto.

Ler mais...

XUIZO POR TORTURAS EN LUGO

XUIZO POR TORTURAS EN LUGO

O próximo 26 de Abril terá lugar na Sección Primeira da Audiéncia Provincial de Lugo a vista oral contra tres funcionários do Centro Penitenciário de Monterroso, un deles xefe dos servizos médicos. Os tres funcionários están acusados de torturar, ameazar e insultar con frases de claro contido racista MAGDARE RABAY, interno neste centro.

A Fiscalia da Audiencia Provincial de Lugo, solicita penas de cinco anos de prisión e dez de inabilitación absoluta para os tres imputados: Mario Luís Martínez Martínez, José Ramón Hidalgo Fernández e Joaquín Escudero Álvarez.

Ler mais...

LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Blasfémia e relixión

Blasfémia e relixión

A Resolución aprovada o 30 de Marzo de 2007 polo Consello de Direitos Humanos da ONU a proposta da Organización da Conferéncia Islámica (OCI) , que visava o estabelecimento de limites à liberdade de expresión ‘para garantir o respeito às relixións e conviccións’, foi contestada de imediato polas organizacións de defensa da liberdade de expresión con unha campaña que culminou o pasado mes de SETembro con a comparecéncia de delegacións da IFEX, o CIHRS e Article19 na 9ª Sesión do Consello celebrada os dias 8-26.

As organizacións puxeron de manifesto a sua profunda preocupación pola aprovación de normas como estas, que proporcionan aos governos, nomeadamente os da rexión árabe, instrumentos mui eficaces para restrinxir ainda mais a xa limitada liberdade de expresión, ilustrando as suas afirmacións con exemplos de censura ben elocuentes: o caso do escritor Nagiub Mahfouz, acusado de ateísmo e apostasia polo seu libro Os fillos do noso bairro; a persecución do escritor Nasr Hamid Abu Zaid, que na sua obra oferece unha reinterpretación do Corán; as reaccións contra o poema de Mahmoud Darwish (‘Oh, pai, son xudeu’), cantado por Marcel Khalife, imputado por utilizar impropriamente versos do Corán; ou o caso do blogger Karin Amer, acusado de incitación contra o Islam polas opinións politicas e relixiosas expresadas no seu blogue.

Githu Muigai, Relator Especial da ONU para as Formas Contemporáneas de Racismo, Discriminación Racial, Xenofobia e Intoleráncia mostrou a sua oposición a promover a difamación da relixión como un novo conceito xurídico por, no seu parecer, seren suficientes as normas que xa existen contra o ódio relixioso ou racial. Ao que parece, a OCI voltará a abrir o debate na Conferéncia de Seguimento do Racismo que terá lugar o próximo mes de Abril en Xenebra.

Ler mais...

A AXENDA DO COMISÁRIO DE DIREITOS HUMANOS

A AXENDA DO COMISÁRIO DE DIREITOS HUMANOS

Álvaro Gil Robles, Comisário de Direitos Humanos do Consello de Europa, visita estes dias o estado español para entrevistar-se con representantes de asociacións que traballan na defensa dos direitos e as liberdades en diversas comunidades autónomas.

No entanto, e apesar de várias asociacións galegas –entre elas EsCULcA- teren manifestado no seu dia estar interesadas en transmitir persoalmente ao Comisário a sua preocupación por diferentes actuacións dos poderes públicos, que vulneran direitos fundamentais, o Sr. Gil Robles ainda non comunicou a estas asociacións se ten pensado ou non visitar Galiza.

O 17 de Marzo, EsCULcA dirixiu escrito ao secretariado do Comisário solicitando información sobre este asunto por entender que non existe razón algunha que xustifique un trato discriminatório con as organizacións que traballan no noso país.

Ler mais...

CONTROLOS BIOMÉTRICOS EN AL-ANBAR (Faluia)

CONTROLOS BIOMÉTRICOS EN AL-ANBAR (Faluia)

Segundo unha reportaxe da NBC de princípios de Decembro, o exército USA trata de subxugar Al-Anbar (Faluia) obrigando os residentes que deciden regresar a casa (unhas 250.000 persoas) a pasar controlos biométricos. “Impresións dixitais e exame da retina son obrigatórios para obter o documento de identidade que permitirá estas persoas voltar a casa e acudir aos centros de axuda que están sendo construídos na cidade. Os Marines serán autorizados a utilizar medidas expeditivas (tirar a matar) contra os que non acaten estas novas normas”, afirmou o reporteiro Richard Engel, no programa de Tom Brokaw “Nightly News” o 9 de Decembro pasado.

Ler mais...

O GATO E O RATO

O GATO E O RATO

“O Ministro de Interior fai ben en acatar a decisión do Tribunal dos Lordes. No entanto deve lembrar que calquer medida restritiva da liberdade de unha persoa suspeitosa ten de ir acompañada da apresentación de cargos contra ela e o conseguinte xuízo (…) Acatar a lei non há de converter-se no xogo do gato e o rato. O Governo non pode trocar a supresión de un direito pola supresión de outro”, manifestou Shami Chakrabarti, Director de Liberty en referéncia as medidas que anunciou o governo británico para manter baixo controlo os 12 prisioneiros de Belmarsh e Woodhill que a resolución do Tribunal dos Lordes do pasado mes de Decembro obriga a pór en liberdade: arrestos domiciliários, pulseiras electrónicas, incomunicación con determinadas persoas, etc.

“Os escándalos de Guantánamo e Belmarsh mostran que non se poden promover os direitos humanos con as maos suxas. Os governos dos EE.UU. e Gran-Bretaña teñen que pór fin às detencións sen xuízo e as torturas.”

Ler mais...

INDÍCIOS DE DELITO

INDÍCIOS DE DELITO

Acollendo-se ao Direito de Petición do Art. 29 da Constituición Española, o Movemento polos Dereitos Civis dirixiu-se ao Ministério Fical solicitando esclarecimento sobre as razóns da diferente atitude deste Ministério en situacións aparentemente similares. A perplexidade do MpDC ten a sua orixe na decisión do Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Galiza de arquivar as dilixéncias abertas a raiz das denúncias apresentadas polas declaracións de Enrique López Veiga sobre un suposto “aumento notable” do património de alguns políticos galegos no exercício do seu cargo, actuación que contrasta abertamente con a decisión do Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Catalunya de abrir dilixéncias para investigar a veracidade das afirmacións do President da Generalitat sobre o suposto pagamento de comisións a políticos cataláns pola adxudicación de obras (o famoso 3%).

Ler mais...

REGULAMENTO DA LEI PENAL DO MENOR A DEBATE

REGULAMENTO DA LEI PENAL DO MENOR A DEBATE

Despois que o pasado 29 de Outubro, a Coordenadora Estatal de Solidariedade con as Persoas Presas, interpuxese Recurso Directo contra o Real Decreto “polo que se aprova o Regulamento que desenvolve a Lei Penal do Menor”, instando a suspensión cautelar da sua entrada en vigor, o Grupo Parlamentário Mixto do Congreso formulou unha Proposición non de Lei para o seu debate en Comisión.

Ler mais...

EN DESTAQUE

OPINIÓN

  • Cárcere a perpetuidade

    Non. Non o direi eu mellor, nin con máis autoridade, nin con máis coñecemento de causa do que Xoán Antón Pérez Lema no artigo publicado en Galicia Confidencial. “Se é permanente non é revisábel. Se revisábel non é permanente. A PPR é un xeito de branquear semánticamente o que non é senón cárcere a perpetuidade”.

  • Infancia ocupada: crecer na Palestina

    Cando cada aspecto da vida cotiá está sometido á ocupación sionista, cada acción e decisión significa unha resistencia por reconquistar esa vida Oh pícaros, nenos e nenas de Gaza que sempre me incomodábades berrando baixo a miña xanela que enchíades cada mañá con présas e caos. Vós, que rompestes o meu testo e roubastes a

  • A razón instrumental capitalista e o seu poder destrutivo

    Non só hai solucións correctas e equivocadas aos problemas, tamén hai problemas correctos e erróneos. O papel dos intelectuais orgánicos das clases dominantes a ese respecto é indubidable, xa que son eles quen pensan e dan significado aos intereses da súa clase. No caso da academia norteamericana a relación é tan estreita como evidente. Sempre

  • Exercicio do cargo representativo vs. “dereito procesual penal do inimigo”

    O 12 de xaneiro de 2018 fíxose público o auto do maxistrado instrutor D. Pablo Llarena a propósito da petición do preso preventivo D. Oriol Junqueras solicitando a súa transferencia a unha prisión situada en Cataluña e a autorización para asistir aos dous primeiros plenos da presente lexislatura do Parlament de Cataluña. O auto resulta

  • Dereito penal do inimigo

    Unha corte de apelación do Tribunal Supremo (TS) constituída para resolver o recurso de Oriol Junqueras contra a prisión preventiva acordada polo maxistrado instrutor do mesmo Tribunal, Pablo Llarena, rexeitou o recurso do líder catalán, por considerar que existía risco fundado de reiteración delictiva, malia o compromiso de respecto á legalidade expresado polo preso político. Porén, o verdadeiramente grave