LIBERDADES PÚBLICAS – REDE EUROPEA

LIBERDADES PÚBLICAS – REDE EUROPEA

O próximo dia 19 terá lugar en Bruxelas o lanzamento da Rede Europea de Liberdades Civis (European Civil Liberties Network). Esta plataforma, fundada por oito grandes asociacións europeas e un nutrido grupo de persoas de recoñecida traxectória na defensa dos direitos e as liberdades, nasce con o propósito de documentar e analisar a situación das liberdades democráticas en Europa, oferecer información à sociedade e converter-se nun espazo de troca de experiéncias e colaboración entre os colectivos que traballan no ámbito das liberdades públicas.

Constituen a rede, para alén das persoas e grupos fundadores, un elevado número de asociacións europeas, entre elas Esculca.

Podes ler aqui o Manifesto.

Ler mais...

II ENCONTRO (O DIREITO DE ACESO À INFORMACIÓN)

II ENCONTRO (O DIREITO DE ACESO À INFORMACIÓN)

O II Encontro en Defensa dos Direitos e Liberdades organizado por EsCULcA, que se celebrará en Vigo os dias 16, 17 e 18 de Novembro, contará con a participación de representantes de Statewatch (Ben Hayes), Open Society (Helen Darbishire), Instituto Prensa y Sociedad (Javier Casas) e Sustentia (Juan José Cordero).

Participarán tamén Marc Carrillo (profesor do Departamento de Direito da Universidade Pompeu Fabra), Anxo Quintela (Director de Vieiros) e Fernando Martínez Randulfe (Presidente de EsCULcA).

As conferências públicas terán lugar às 19,30 no Centro Cultural Caixanova, de acordo con o seguinte PROGRAMA.

Ler mais...

O QUE É UNHA LEI DE ACESO À INFORMACIÓN?

O QUE É UNHA LEI DE ACESO À INFORMACIÓN?

Unha Lei de aceso à Información (LAI) é unha lei que outorga aos cidadáns (ou aos residentes ou partes interesadas) o direito de obteren información dos poderes públicos sen necesidade de demonstraren interese legal. Nas LAI os documentos governamentais asumen-se como públicos, a non ser que a própria lei especifique o contrário, e as persoas poden conseguir esa información sen explicaren por qué o para qué a precisan. En resumo, as LAI implican a troca do princípo de aceso à información governamental desde a base dunha “necesidade de coñecer” ao princípio dun “direito a coñecer”.

Ler mais...

EMIGRACIÓN E DIREITOS HUMANOS (II)

EMIGRACIÓN E DIREITOS HUMANOS (II)

As organizacións europeas de defensa dos direitos humanos, alarmadas pola actuación dos governos español e marroquino contra centos de persoas africanas que tentan entrar en Europa, alertan a opinión pública da extrema gravidade da situación e solicitan apoio ao Manifesto “APELO EUROPEU POLA DIGNIDADE – A EUROPA-FORTALEZA VAI DIRECTA CONTRA O MURO DA VERGOÑA”.

Ler mais...

RETENCIÓN DE DADOS

RETENCIÓN DE DADOS

O pasado dia 26 Privacy International e European Digital Rights, fixeron chegar a todos os membros do Parlamento Europeu un resumo das duas propostas (Comisión e Consello) que sobre Retención de Dados terán de ser debatidas en breve nesta cámara. Embora as duas sexan similares e os problemas que apresentan sexan igualmente graves, o resumo deita luz sobre alguns aspectos importantes a ter en conta en cada una delas.

Ler mais...

XORNALISMO, DIREITOS, LIBERDADES

XORNALISMO, DIREITOS, LIBERDADES

Con o gallo da celebración do Dia Internacional do Direito a Saber (28 de SETembro), Esculca mantivo entrevistas con representantes do Colexio Profesional e o Sindicato de Xornalistas para comentar a intención do noso observatório de promover a promulgación de unha Lei de Aceso à Información, informá-los da celebración –o próximo mes de Novembro- de II Encontro en Defensa dos Direitos e Liberdades, que este ano será dedicado a analisar este importante mecanismo de participación democrática na xestión dos asuntos públicos, e estudar posíveis vias de colaboración.

Tanto o Sindicato como o Colexio mostraron o seu interese por esta iniciativa e manifestaron a sua disponibilidade para contribuir ao seu desenvolvimento.

Ler mais...

10 OUTUBRO: CONTRA A PENA DE MORTE

10 OUTUBRO: CONTRA A PENA DE MORTE

La Coalición Mundial Contra a Pena de Morte organiza cada 10 de Outubro o Dia Mundial contra a Pena de Morte con o propósito de mobilizar persoas de todo o mundo a favor da supresión deste tipo de condenas. Este ano, o dia será dedicado à abolición en África.

Ler mais...

EN DESTAQUE

OPINIÓN