INVIOLABILIDADE DO SEGREDO PROFISIONAL

INVIOLABILIDADE DO SEGREDO PROFISIONAL

“Reporteiros Sen Fronteiras (RSF) denunciou o intento de rexistro dos locais de ‘Le Canard Enchaîné’, porque “o recurso a este tipo de procedementos, cuxo obxectivo é identificar as fontes dos xornalistas, desgraciadamente é demasiado frecuente en Francia”, aínda que nesta ocasión o xuíz desistiu ante a presenza dun numeroso grupo de xornalistas” informa o Colexio Profesional de Xornalistas.


Ler mais...

HOMOFOBIA EN EUROPA

HOMOFOBIA EN EUROPA

O Parlamento aprovou o pasado 26 de Abril unha Resolución en que expresa a sua preocupación pola anunciada intención do governo polaco de decretar a ilegalidade da chamada “propaganda homosexual” nos centros de ensino. No texto, que recebeu 325 votos a favor, 124 contra e 150 abstencións, solicita-se o envio a Polónia dunha comisión de investigación e advoga-se pola “de-criminilización universal da homosexualidade”, ao tempo que urxe a Comisón a levar aos tribunais os Estados membros que violaren as suas obrigacións.


Ler mais...

COMPROMISO INCUMPRIDO

COMPROMISO INCUMPRIDO

No apartado “Medios de Comunicación” do “ACORDO SOBRE BASES PROGRAMÁTICAS PARA A ACCIÓN DA XUNTA DE GALICIA” asinado no seu dia polo Partido Socialista de Galicia e o Bloque Nacionalista Galego, figura o seguinte compromiso:

-“Elaboración dunha lei que garanta a autonomía e o carácter de servizo público da CRTVG. Esta lei establecerá o nomeamento do director xeral por maioría cualificada do Parlamento e garantirá o acceso dos distintos sectores e organizacións sociais galegos aos medios de comunicación públicos.”

Continuamos aguardando.


Ler mais...

UE-EUA: INFORMACIÓN CLASIFICADA

UE-EUA: INFORMACIÓN CLASIFICADA

“A UE e os EUA ultiman un acordo, en conformidade con os Arts. 24 e 38 do Tratado da Unión Europea, para a troca de información clasificada sen consultar os parlamentos europeu e estatais. O acordo, que será asinado pola Presidéncia do Consello, o seu Secretário Xeral e a Comisión, inclui a troca de documentos do Comité de Seguranza do Consello, Política Exterior e Defensa e Xustiza e Interior, asi como relacións con empresas privadas.

Os EUA aprovaron xa o texto o 23 de Marzo de 2007 mais a UE ainda está pendente de “arrumar a casa”, informa Statewatch.


Ler mais...

VALEDOR AUSENTE

VALEDOR AUSENTE

A Asociación Española para el Desarrollo y la Aplicación del Derecho Internacional de los Derechos Humanos e a Asociación para a Prevención da Tortura organizan un Seminário sobre a implementación do mecanismo previsto no Protocolo Facultativo que terá lugar o 7 de Maio na Universidade Rey Juan Carlos.

O Seminário ten como obxectivo “procurar consensos e avanzar no deseño” do mecanismo con a participación de instituicións públicas e asociacións civis. Entre as primeiras figuran representantes das Valedorias española (Defensor del Pueblo), catalá (Síndic de Greuges), vasca (Ararteko) e andaluza (Defensor del Pueblo).

Hai, como se vé, unha curiosa auséncia: o Valedor do Povo de Galiza.


Ler mais...

LISBOA: 25 DE ABRIL

LISBOA: 25 DE ABRIL

En Lisboa, no ámbito das comemoracións do 25 de Abril e no seguimento da «grande manifestación» que, como é costume, desceu a Avenida da Liberdade, tivo lugar unha demonstración que pretendia ser “um veemente protesto contra as expressões públicas (xenófobas e não só), quer do partido PNR, quer de agrupamentos neo-nazis/fascistas que lhe estão próximos”. A demostración acabou nun conflito en extremo violento que as asociacións civis atribuen “à responsabilidade das forças policiais”.

“O lançamento dos «verylights», a quebra da vitrina e, sobretudo, a violência brutal de uma intervenção que terá sido pautada pelo «mote» (gritado no início da pancadaria pelo comandante da força policial) “é o que vocês merecem, «comunas» de merda; merecem é levar nos cornos…!!!”. Acresce ainda que vários testemunhos referem a existência de «agentes (policiais) infiltrados» –que, a dado momento, se terão virado contra os manifestantes– e sugerem a organização premeditada de uma «operação punitiva»”, informa República e Laicidade.


Ler mais...

GOVERNO E MOVIMENTOS SOCIAIS

GOVERNO E MOVIMENTOS SOCIAIS

O Movemento polos Dereitos Civis apresenta hoxe, 26 de Abril, o seu relatório “A Coruña: golpear o que se mova”, en que se descreve e analisan os casos de emprego da forza policial non amparados pola lexislación vixente que tiveron lugar na Coruña nos últimos anos. A asociación observa unha mudanza de tendéncia na actuación da Delegación do Governo en Galiza orientada a impedir as diferentes expresións da mobilización social (funcionários municipais, traballadores imigrantes e de telemarketing, seguidores das equipas de futebol, etc.).

No acto intervirán Xosé Vicente e Xosé A. Brandariz, entre outros.


Ler mais...

UN FERRO ARDENDO

UN FERRO ARDENDO

Un nutrido grupo das mais importantes asociacións do Estado español que traballan no ámbito da defensa dos direitos humanos, acaba de facer público un documento sobre a reportaxe emitida o pasado 20 de Abril polo 2º canal da TVE.

No documento, que a seguir reproducimos na íntegra, chama-se a atención sobre a dobre moral do xuiz Garzón, tan sensível aparentemente aos padecimentos das persoas torturadas a millares de quilómetros e tan indiferente às torturas denunciadas nas fronteiras da sua xuridisción.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN