UE:DIREITOS FUNDAMENTAIS

UE:DIREITOS FUNDAMENTAIS

Statewatch publica catro análises críticas sobre as últimas propostas de restrición de direitos fundamentais no seo da UE, algunhas das cais –tratamento de suspeitos e protección de dados- foron debatidas na última reunión do consello de Xustiza e Interior (19-20 de Abril).

“En Marzo de 2007 comezou a operar a Axéncia de Direitos Fundamentais da UE. Por presión do Reino Unido e os seus numerosos alidados, a Axéncia non ten competéncias en matéria de lexislación policial e criminal. Claro que, mesmo que a tivese, a diferenza seria escasa porque os seus poderes son limitados e os estándares da UE en matéria policial, criminal, de imigración e asilo son tan pobres, e deterioran-se tan depresa, que xestos políticos como a criación desta Axéncia dificilmente poderian ter impacto significativo algun”, afirma Steve Peers, autor, xunto con Frances Webber, destas interesantes análises.


Ler mais...

MARINE I: CASO ABERTO

MARINE I: CASO ABERTO

A Comisión Española de Axuda ao Refuxiado (CEAR) interpuxo recurso contencioso-administrativo perante a Audiéncia Nacional para esclarecer a presumível vulneración da Administración española dos direitos fundamentais das 23 persoas que viaxavan no Marine I e permanecen retidas en Mauritánia sob a sua custódia sen que lles sexa aplicada a lexislación española.

CEAR solicitou asi mesmo a aplicación dunha medida cautelarísima extraordinária para suspender unha posível repatriación aos países de orixe ou a terceiros países destas persoas por existiren indícios evidentes da necesidade de protección internacional.


Ler mais...

3 DE MAIO: DIA DA LIBERDADE DE PRENSA

3 DE MAIO: DIA DA LIBERDADE DE PRENSA

“As lexislacións anti-terroristas e de segredos de estado, a penalización da liberdade de expresión con o pretexto de que xustifica o terrorismo, o controlo das comunicacións sen autorización xudicial, as restricións no aceso aos dados governamentais e a severidade crescente a respeito das clasificacións por razóns de seguranza, son todas medidas que poden erosionar seriamente a capacidade dos xornalistas de investigar e pór ao tanto o público con exactitude e espírito crítico, e socavar, por conseguinte, a aptitude da prensa para informar”, afirma a Asociación Mundial de Xornais nun documento emitido con motivo do próximo Dia Internacional da Liberdade de Prensa.


Ler mais...

DOR DE CABEZA DO GOVERNO ALEMÁN

DOR DE CABEZA DO GOVERNO ALEMÁN

“A ben fundamentada denúncia de 384 páginas apresentada contra Donald Rumsfeld, Alberto Gonzalez, George Tenet e outros 12 membros da elite do poder dos EUA, acusados de violaren a lexislación internacional, preocupa seriamente o Fiscal Federal de Karlsruhe e inquieta as autoridades da República, que ven difícil parar a acción legal e temen que esta poña en perigo a sua relación con os Estados Unidos” informa Der Spiegel.


Ler mais...

CONTRA A TRATA DE PERSOAS

CONTRA A TRATA DE PERSOAS

“Cada ano entre 600.000 e 700.000 persoas son vítimas da trata internacional de seres humanos, delas aproximadamente o 80% son mulleres e nenas e até un 50% menores. A estas cifras cumpre acrescentar un número indeterminado de persoas que son vítimas de trata nos seus próprios países”, informa CEAR.

A trata de persoas é hoxe o terceiro negócio ilícito mais lucrativo do mundo, despois do tráfico de drogas e o tráfico de armas, e o Estado Español deve ratificar de imediato o Convenio Europeu contra a Trata de Seres Humanos que xa foi asinado por 33 estados, acentua a organización humanitária.


Ler mais...

EFEITO PSICOLÓXICO

EFEITO PSICOLÓXICO

“Os militares gostan do napalm, ten un grande efeito psicolóxico”, afirma Randolph Alles, Coronel do Corpo de Marines dos EUA. Será por iso que, denuncia Global Policy, as tropas do Reino Unido e os próprios EUA empregaron MK-77, un tipo de armamento de napalm, asi como municións de fósforo branco ou bombas en ácio, en zonas civis densamente povoadas do Iraque, tal como acabaron recoñecendo os governos de ambas as poténcias despois de o teren negado reiteradamente.

Hai versión en español do documento de Global Policy en Rebelión: “EEUU y Reino Unido usan armas indiscriminadas y especialmente dañinas”.


Ler mais...

A GUERRA DA HUMILLACIÓN

A GUERRA DA HUMILLACIÓN

Robert Fisk publica hoxe no xornal The Independent unha interesante reflexión sobre o tratamento informático que da o governo e os meios iranianos à caputra de 15 militares británicos, 14 homes e 1 muller (Faye Turney) que apareceu nunha reportaxe toucada con véu e fumando un cigarro.


Ler mais...

LIBERDADE DE INFORMACIÓN

LIBERDADE DE INFORMACIÓN

Con o apoio da Fundación Heinrich Böll, catro asociacións que traballan no ámbito da defensa das liberdades públicas (Servizo de Acción Cidadán Europeu, Statewatch, a Federación Internacional de Xornalistas e a Oficina Europea de Meio-ambiente) organizan un seminário sobre o aceso a documentos e liberdade de información en Europa. A Comisión europea ten previsto publicar un libro verde sobre este asunto prévia consulta pública.

Main información aqui.


Ler mais...

RACISMO

RACISMO

SOS Racismo apresentou o seu relatório anual sobre as múltiplas dimensións do fenómeno do racismo no Estado español.

O Relatório denuncia as políticas europeas de deslocamento de fronteiras para o sul e a vulneración de direitos humanos nesas fronteiras, as numerosas mortes de persoas que tentan chegar às costas canárias (6.000 no 2006), as fronteiras sociais que impeden a integración das persoas migrantes, a situación dos menores e da comunidade cigana, asi como a visión alarmista que transmiten muitos meios de comunicación e a impunidade que rodea os abusos policiais.

O Relatório completo poder ver-se aqui.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN