RESOLUCIÓN NEGATIVA

RESOLUCIÓN NEGATIVA

O pasado 8 de Xaneiro a Sección Cuarta do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo desestimou na sua totalidade tres recursos contra o Real Decreto de 30 de Decembro de 2004 (2393) polo que se aprova o Regulamento de Estranxaria, condenando os demandantes en costas (16.000 euros), resolución que estes interpretan como “claro aviso para disuadir outras organizacións de defensa de persoas migrantes a recorreren este tipo de normas”. Os recurso foran apresentados por SOS Racismo, Asociación de Chineses e Advogados de Estranxaria.

A Federación de Asociacións de SOS Racismo emitiu un comunicado mui crítico con esta resolución.


Ler mais...

TEXTO DO FALLO CONTRA LEI ANTI-TERRORISTA CANADIANA

TEXTO DO FALLO CONTRA LEI ANTI-TERRORISTA CANADIANA

Este é o fallo do Tribunal Supremo do Canadá, adoptado por unanimidade, que invalida a lei anti-terrorista deste país por considerá-la incompatível con a Carta de Direitos e Liberdades.

Como informamos hai uns dias, desde hai mais de dous meses tres prisioneiros do chamado “Guantánamo do norte” (Jaballah, Mahjoub e Almrei), mantiñan unha folga de fame contra esta lei, que permitia as autoridades canadianas deter indefinidamente, sen proceso e baseando-se en provas secretas, calquer estranxeiro suspeitoso de actividades terroristas.


Ler mais...

O PARLAMENTO QUER PREVENIR A TORTURA

O PARLAMENTO QUER PREVENIR A TORTURA

O pasado dia 13, foi defendida polo deputado Iago Tabarés (BNG) no Pleno do Parlamento de Galiza unha Proposición non de Lei “Sobre a creación dun mecanismo de prevención da tortura e outros tratamentos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes”. A proposición resultou aprovada, con algunha modificación a respeito do texto orixinal, pola unanimidade dos 75 deputados e deputadas presentes.

O texto aprovado é o seguinte:

“O Parlamento insta a Xunta de Galicia para que realice, coa debida interlocución coas asociacións singularmente representativas dos intereses afectados, as actuacións conducentes á posta en marcha en Galicia dun mecanismo de prevención, no marco das competencias da Comunidade Autónoma, nos termos e coas funcións e competencias establecidas no protocolo facultativo á Convención contra a tortura e outros tratamentos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes.”


Ler mais...

”UNHA PEQUENA XANELA”

”UNHA PEQUENA XANELA”

Asi califica Victoria Brittain no relato publicado o 1º de Marzo en The Guardian a arrepiante experiéncia de Shahajan Janjua. Este xoven británico de orixe asiática, ao igual que xa acontecera aos tres mozos de Tipton que foran a Paquistán asistir à boda de un amigo e acabaron en Guantánamo, foi preso en Somália onde tamén pretendia participar na boda de un amigo e, despois de sofrer torturas e interrogatórios en que participaron funcionários británicos, acabou por ser posto en liberdade sen cargos. Sen cargos, mais con importantes secuelas psicolóxicas.

“A história de Shahajan Janjua’s non é mais que un atisbo do que significa para os xovens británicos de orixe asiática a chamada guerra contra o terror”, afirma Brittain.


Ler mais...

MENORES EN EUROPA

MENORES EN EUROPA

O Institute of Race Relations (IRR) acaba de publicar o estudo de Liz Fekete They are children too (Tamén son nenos), en que a autora mostra, através da análise de 150 casos, o duro tratamento que receben en Europa as crianzas non acompañadas, os fillas de famílias solicitantes de asilo e aquelas cuxos proxenitores carecen de papéis.

Muitos estados europeus, asinantes da Convención de Direitos do Neno, vulneran sistematicamente os seus direitos sen ter en conta a sua condición de menores.


Ler mais...

CIA: PRISIONEIROS FANTASMAS

CIA: PRISIONEIROS FANTASMAS

Human Rights Watch acaba de facer público un Relatório de 50 páxinas: Ghost Prisoner: Two Years in Secret CIA Detention, que contén unha descrición detallada das prisións secretas da CIA e dos prisioneiros desaparecidos.

A asociación humanitária enviou tamén unha Carta a Bush requerendo información sobre a situación dos prisioneiros que se encontran en paradeiro descoñecido.


Ler mais...

CARLO GIULIANI

CARLO GIULIANI

O 12 de Marzo o Tribunal Europeu de Direitos Humanos emitiu Resolución admitindo a trámite o recurso da família Giuliani pola morte do xoven de 23 anos Carlo Giuliani, acontecida en Xénova o 20 de Xullo de 2001 nunha manifestación anti-globalización durante a celebración da cimeira do G8. O xoven, morto a consecuéncia dos disparos da policia e as agresións de que foi obxecto posteriormente, non recebeu auxílio nengun por parte das forzas da orde.


Ler mais...

HABEAS CORPUS

HABEAS CORPUS

A Sala Primeira do Tribunal Constitucional estimou, na sua sentenza de 24.07.06 (BOE 197, 18.08.06), o recurso de amparo formalizado polo cidadán vigués Pablo Álvarez Rodríguez contra o auto de 4 de Novembro de 2005 dictado polo Xulgado de Instrución nº 1 de Vigo que decidiu a inadmisión ad liminem da súa solicitude de habeas corpus.


Ler mais...

BOLETIN Nº 16

BOLETIN Nº 16

Pode ler-se aqui o novo número do noso Boletin, que aparece cando xa van cinco anos decorridos desde a abertura dese centro de detención ilegal que acabou por converter-se en símbolo internacional de arbitrariedade, violación dos mais elementares direitos das persoas, inxustiza e infámia, praticadas todas en nome da defensa da nosa seguranza e as nosas liberdades: GUANTÁNAMO. A Raquel Blanco, Valentín García e José Luís Torrente havemos de agradecer ter-nos cedido desinteresadamente as imaxes que ilustran este número do Boletin e à Fundació Signes a sua magnifica iniciativa de reunir unha tan interesante amostra do que a arte pode facer contra a infámia.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN