OBXECTOS CONTAMINANTES E PERIGOSOS

OBXECTOS CONTAMINANTES E PERIGOSOS

A Asociación Pro-Derechos Humanos de Andalucía (APDHA) denuncia o tratamento cruel e desumano a que están sendo submetidas as persoas que viaxavan a bordo do buque Marine I, supostamente rumo às costas do sul da Península Ibérica, tanto en Mauritánia como en Cabo Verde.

A APDHA responsabiliza da situación o governo español, ao que acusan de “vulnerar a legalidade española e internacional e os direitos humanos, para alén de acudir ao mecanismo de fraude de lei e da arbitrariedade probidas no ordenamento xurídico español” e tratar estas persoas como se se tratase “non de seres humanos, senón de obxectos descartáveis, contaminantes e perigosos”

Ler mais...

RESOLUCIÓN NEGATIVA

RESOLUCIÓN NEGATIVA

O pasado 8 de Xaneiro a Sección Cuarta do Contencioso Administrativo do Tribunal Supremo desestimou na sua totalidade tres recursos contra o Real Decreto de 30 de Decembro de 2004 (2393) polo que se aprova o Regulamento de Estranxaria, condenando os demandantes en costas (16.000 euros), resolución que estes interpretan como “claro aviso para disuadir outras organizacións de defensa de persoas migrantes a recorreren este tipo de normas”. Os recurso foran apresentados por SOS Racismo, Asociación de Chineses e Advogados de Estranxaria.

A Federación de Asociacións de SOS Racismo emitiu un comunicado mui crítico con esta resolución.

Ler mais...

TEXTO DO FALLO CONTRA LEI ANTI-TERRORISTA CANADIANA

TEXTO DO FALLO CONTRA LEI ANTI-TERRORISTA CANADIANA

Este é o fallo do Tribunal Supremo do Canadá, adoptado por unanimidade, que invalida a lei anti-terrorista deste país por considerá-la incompatível con a Carta de Direitos e Liberdades.

Como informamos hai uns dias, desde hai mais de dous meses tres prisioneiros do chamado “Guantánamo do norte” (Jaballah, Mahjoub e Almrei), mantiñan unha folga de fame contra esta lei, que permitia as autoridades canadianas deter indefinidamente, sen proceso e baseando-se en provas secretas, calquer estranxeiro suspeitoso de actividades terroristas.

Ler mais...

O PARLAMENTO QUER PREVENIR A TORTURA

O PARLAMENTO QUER PREVENIR A TORTURA

O pasado dia 13, foi defendida polo deputado Iago Tabarés (BNG) no Pleno do Parlamento de Galiza unha Proposición non de Lei “Sobre a creación dun mecanismo de prevención da tortura e outros tratamentos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes”. A proposición resultou aprovada, con algunha modificación a respeito do texto orixinal, pola unanimidade dos 75 deputados e deputadas presentes.

O texto aprovado é o seguinte:

“O Parlamento insta a Xunta de Galicia para que realice, coa debida interlocución coas asociacións singularmente representativas dos intereses afectados, as actuacións conducentes á posta en marcha en Galicia dun mecanismo de prevención, no marco das competencias da Comunidade Autónoma, nos termos e coas funcións e competencias establecidas no protocolo facultativo á Convención contra a tortura e outros tratamentos ou penas crueis, inhumanos ou degradantes.”

Ler mais...

”UNHA PEQUENA XANELA”

”UNHA PEQUENA XANELA”

Asi califica Victoria Brittain no relato publicado o 1º de Marzo en The Guardian a arrepiante experiéncia de Shahajan Janjua. Este xoven británico de orixe asiática, ao igual que xa acontecera aos tres mozos de Tipton que foran a Paquistán asistir à boda de un amigo e acabaron en Guantánamo, foi preso en Somália onde tamén pretendia participar na boda de un amigo e, despois de sofrer torturas e interrogatórios en que participaron funcionários británicos, acabou por ser posto en liberdade sen cargos. Sen cargos, mais con importantes secuelas psicolóxicas.

“A história de Shahajan Janjua’s non é mais que un atisbo do que significa para os xovens británicos de orixe asiática a chamada guerra contra o terror”, afirma Brittain.

Ler mais...

MENORES EN EUROPA

MENORES EN EUROPA

O Institute of Race Relations (IRR) acaba de publicar o estudo de Liz Fekete They are children too (Tamén son nenos), en que a autora mostra, através da análise de 150 casos, o duro tratamento que receben en Europa as crianzas non acompañadas, os fillas de famílias solicitantes de asilo e aquelas cuxos proxenitores carecen de papéis.

Muitos estados europeus, asinantes da Convención de Direitos do Neno, vulneran sistematicamente os seus direitos sen ter en conta a sua condición de menores.

Ler mais...

RUAL REAL DA CORUÑA (II)

RUAL REAL DA CORUÑA (II)

O Movemento polos Dereitos Civís denuncia que a Delegación do Governo en Galiza nega-se a entregar cópia dos documentos relacionados con a investigación dos feitos acontecidos en Agosto de 2006 na Coruña, cando axentes da polícia detiveron 16 vendedores ambulantes de nacionalidade senegalesa, despois de unha carga que deixou numerosos feridos e foi unanimente calificada como desproporcionada por testemuñas presenciais.

A Delegacion do Governo califica o modus operandi da polícia como “axeitado” e desvia a solicitude de información à Subdelegación, afirma o Movemento.

Ler mais...

VETO À INVESTIGACIÓN DE ABUSOS

VETO À INVESTIGACIÓN DE ABUSOS

A Comisión de Direitos Humanos de Irlanda do Norte denuncia que na Lei de Xustiza e Seguranza (de Irlanda do Norte) que será debatida o 6 de Febreiro na Cámara dos Comuns, o governo británico pretende limitar o traballo de investigación deste organismo a abusos cometidos despois do 7 de Agosto de 2007.

Ler mais...

EDUCACIÓN PARA A CIDADANIA

EDUCACIÓN PARA A CIDADANIA

A Consellaria de Educación e Ordenación Universitária ultima no maior dos segredos o deseño curricular da Educación Primária que incorpora a chamada “Educación para a Cidadania”.

EsCULcA solicitou a responsável, Dona Angeles Abelleira Barbanca, cópia dos documentos que se preparan mais esta negou a sua entrega alegando que antes deven ser aprovados polo Consello Escolar de Galiza.

EsCULcA, convencida de a cidadania ter direito a coñecer (e opinar sobre) os resultados das decisións da administración e tamén (sobre) o proceso que conduz a eses resultados, dá a coñecer aqui tan secreto documento.

Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN