LEVOU-NAS O VENTO

LEVOU-NAS O VENTO

Scholars for 9/11 Truth, asociación de ámbito académico formada por persoas de diferentes disciplinas que investigan a verdade sobre o acontecido nos atentados do 11/S, inclui no seu web este curioso vídeo onde se pode ver como as estruturas de aceiro e cimento das torres xémeas se transforman, incrivelmente, en pó que leva o vento.


Ler mais...

XORNALISTAS PROCESADOS POR REVELAREN INFORMACIÓN CONFIDENCIAL

XORNALISTAS PROCESADOS POR REVELAREN INFORMACIÓN CONFIDENCIAL

Alemaña iniciou recentemente procesos penais contra 17 xornalistas que publicaron información relacionada con os vós da CIA asi como con actividades dos servizos secretos alemáns durante a invasión do Iraque en 2003, informa o Comité para a Protección de Xornalistas.

O comité alemán constituído especificamente para investigar estes asuntos trata de manter clasificados os documentos citados nos relatórios dos xornalistas.


Ler mais...

CRIMINALIZACIÓN DO MOVIMENTO ANTI-GUERRA

CRIMINALIZACIÓN DO MOVIMENTO ANTI-GUERRA

”O decreto asinado por George Bush o pasado 17 de Xullo (“Conxelar os bens daquelas persoas que ameazan os esforzos de estabilización no Iraque”) criminaliza o movimento anti-guerra e dá ao presidente dos EUA potestade para confiscar os haveres das persoas e organizacións que se opoñen à invasión do Iraque, incluídas aquelas que “socavan os esforzos para promover a reconstrucións económica” ou as que se opoñen à confiscación e privatización dos recursos petroleiros dese país a favor dos xigantes da indústria petrolífera anglo-americana”, denuncia Michel Chossudovsky.


Ler mais...

VÍTIMAS DO IMPOSTO ECLESIÁSTICO

VÍTIMAS DO IMPOSTO ECLESIÁSTICO

O Comité Internacional da Unión de Ateus e Libres Pensadores (CILALP-ILCA), promove unha campaña de apoio à demanda apresentada por Peter Nitmann perante o Tribunal Europeu de Direitos Humanos (TEDH) contra o imposto eclesiástico forzoso que lle foi deducido do subsídio de desemprego.

Sobre a base da Concordata do Terceiro Reich con o Vaticano de 1933, o único contrato politico exterior de Hitler que a república alemá mantén vixente na actualidade, millóns de persoas desempregadas foron suxeitas à forza desde 1975 ao imposto eclesiástico. O Governo deducia este imposto do seu subsídio de desemprego en benefício das duas grandes igrexas de Alemaña: a católico-romana e a evanxélica. A cantidade substraída por este procedimento ascende a millares de millóns de euros.


Ler mais...

PROPOSTAS MINISTERIAIS

PROPOSTAS MINISTERIAIS

“As propostas do Ministro do Interior Alemán, Sr. Schäuble, que foron xa parcialmente postas en prática incluen un sistema de vídeo-vixiláncia a grande escala, a identificación biométrica de persoas, o controlo masivo por computador através do cal a polícia, os servizos de intelixéncia e outras autoridades poden consultar e cruzar enormes bancos de dados, a vixiláncia e controlo das persoas mediante escuitas nos tele-móveis asi como a leitura automática das placas mineralóxicas dos veículos captadas por cámaras instaladas na rede de estradas, os rexistos inclusivos dos discos ríxidos dos computadores conectados à web, o despregamento do exército con obxectivos domésticos e, finalmente poder abater avións civis en caso de ameaza terrorista”, informa Peter Schwarz.

“Nunha entrevista publicada no Der Spiegel, Schäuble vai ainda mais lonxe. Insiste na necesidade de dispor dos meios legais que confiran ao Estado o poder de executar deliberadamente persoas suspeitosas de actividades terroristas ou de as internar por tempo indefinido”.


Ler mais...

FÉ, ENSINO E DINAMIZACIÓN

FÉ, ENSINO E DINAMIZACIÓN

Na Orde de 17 de Xullo de 2007, que regula a relación laboral do profesorado de relixión, a Consellaria de Educación da Xunta de Galiza estabelece diversas funcións de “dinamización” (das novas tecnoloxias da información e comunicación, da biblioteca, da convivéncia escolar, da mellora da calidade educativa, de programas internacionais) que este tipo de docentes poderá realizar nos centros de ensino públicos.

A disposición foi xa denunciada por vários colectivos que entenden que atribuir a estes docentes -pagados con fondos públicos para transmitir unha fé e contratados por un procedimento especial en que teñen un papel decisivo as hierarquias eclesiásticas- funcións do profesorado regular afonda no despropósito que a sua presenza supón no sistema educativo público.


Ler mais...

ADMISIÓN A TRÁMITE

ADMISIÓN A TRÁMITE

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza estima o recurso interposto por Mamadou Kane contra a decisión do Xulgado do Contencioso-Administrativo nº2 de Vigo de inadmitir, por falta de lexitimación, a sua impugnación da readmisión ao servizo activo dos catro axentes da Polícia Local de Vigo que no seu dia o secuestraran e maltrataran.

A sentenza interesa tamén por recoñecer, embora laconicamente, a lexitimidade das vítimas de delitos cometidos por funcionários para discutiren cuestións administrativas relacionadas con o caso e por abrir a posibilidade de revisar o fondo do asunto.


Ler mais...

PALLASO SEDUTOR

PALLASO SEDUTOR

O pasado dia 7, vários políticos monaguescos cuxas caricaturas apareceron nunha publicación electrónica (Monaco Politic Circus) apresentaron queixa contra o seu responsável, Marc Giacone, por supostas inxúrias. Entre os caricaturizados está o príncipe Alberto, que aparece nunha fotografia con un nariz vermello e definido como “Xefe Pallaso Sedutor”. O autor do sítio web, cuxo aceso foi suspendido, tivo de pedir perdón a “todas as persoas que insultou” e enfrenta agora unha petición de seis meses de prisión mais unha multa de 1.500 euros por “ofensa ao xefe do estado”, informa La República.

“É a primeira vez que se vai tan lonxe nun atentado ao soberano”, afirmou Gerard Dubes, fiscal do caso.


Ler mais...

MENORES REPATRIADOS

MENORES REPATRIADOS

“Despois de 3 anos sen repatriar nengun menor estranxeiro, a Xunta de Andalucia acaba de anunciar o “reagrupamento familiar” iminente de mais de 800 menores marroquinos non acompañados, até agora tutelados polos servizos de protección da Comunidade andaluza, para o seu país de orixe, con a colaboración Express das autoridades de Marrocos”, asi comeza o comunicado da Asociacón Pro-Derechos Humanos de Andalucia que solicita o apoio de persoas e colectivos para evitar esta expulsión masiva de menores.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN

  • Di a RAG que presunción de inocencia é “a que se debe manter, mentres non haxa sentenza condenatoria, contra a persoa a quen se lle imputa un delito”. Todas temos moi claro que esta é unha das bases fundamentais de calquera sociedade democrática. Mais como toda sociedade (e mesmo toda democracia) é imperfecta, vemos que o que presumimos como dereito básico é supostamente esquecido tanto polas administracións como pola cidadanía.

  • A claque do Celtic de Glasgow foi multada por envergar bandeiras da Palestina e Pep Guardiola, mais de uma vez, por ter o laço amarelo pela libertação dos presos políticos catalães. Apenas alguns exemplos de como, através do futebol, foi possível, em poucos minutos de emissão mundial, fazer passar uma mensagem a milhões de pessoas.

  • Un xuízo á disidencia política encadrado nun acto de rebelión e cuxos deputados teñen acima das cabezas a decisión última que adopte o Parlament. Así de sinxelo e así de cruel. E así de difícil. Europa déixaos en liberdade, e o Parlament ten que suspendelos?

  • Había trece días que o Llarena Solitario ou Cid Llaneador (dito con moito amor e respecto, como non podería ser doutro xeito) estaba reunido consigo mesmo moi forte meditando que día o diría. Trece días pensando: “Mañá? Non, mellor pasadomañá! Ai non, definitivamente que sexa o outro…”. Total, que ao final díxoo hoxe.

  • O concepto de lawfare foi gerado pelo general estadunidense Charles Dunlap, assessor do Pentágono, que o definiu como a tática para utilizar a lei como meio para alcançar um objetivo militar. O lawfare é menos letal, mais económico, e – em muitas oportunidades – mais efetivo que ações militares planificadas. Também é baseado na ideia de dar uma aparência de legalidade à excepcionalidade, à perseguição e à hostilidade.