”UNHA PEQUENA XANELA”

”UNHA PEQUENA XANELA”

Asi califica Victoria Brittain no relato publicado o 1º de Marzo en The Guardian a arrepiante experiéncia de Shahajan Janjua. Este xoven británico de orixe asiática, ao igual que xa acontecera aos tres mozos de Tipton que foran a Paquistán asistir à boda de un amigo e acabaron en Guantánamo, foi preso en Somália onde tamén pretendia participar na boda de un amigo e, despois de sofrer torturas e interrogatórios en que participaron funcionários británicos, acabou por ser posto en liberdade sen cargos. Sen cargos, mais con importantes secuelas psicolóxicas.

“A história de Shahajan Janjua’s non é mais que un atisbo do que significa para os xovens británicos de orixe asiática a chamada guerra contra o terror”, afirma Brittain.


Ler mais...

MENORES EN EUROPA

MENORES EN EUROPA

O Institute of Race Relations (IRR) acaba de publicar o estudo de Liz Fekete They are children too (Tamén son nenos), en que a autora mostra, através da análise de 150 casos, o duro tratamento que receben en Europa as crianzas non acompañadas, os fillas de famílias solicitantes de asilo e aquelas cuxos proxenitores carecen de papéis.

Muitos estados europeus, asinantes da Convención de Direitos do Neno, vulneran sistematicamente os seus direitos sen ter en conta a sua condición de menores.


Ler mais...

RUAL REAL DA CORUÑA (II)

RUAL REAL DA CORUÑA (II)

O Movemento polos Dereitos Civís denuncia que a Delegación do Governo en Galiza nega-se a entregar cópia dos documentos relacionados con a investigación dos feitos acontecidos en Agosto de 2006 na Coruña, cando axentes da polícia detiveron 16 vendedores ambulantes de nacionalidade senegalesa, despois de unha carga que deixou numerosos feridos e foi unanimente calificada como desproporcionada por testemuñas presenciais.

A Delegacion do Governo califica o modus operandi da polícia como “axeitado” e desvia a solicitude de información à Subdelegación, afirma o Movemento.


Ler mais...

VETO À INVESTIGACIÓN DE ABUSOS

VETO À INVESTIGACIÓN DE ABUSOS

A Comisión de Direitos Humanos de Irlanda do Norte denuncia que na Lei de Xustiza e Seguranza (de Irlanda do Norte) que será debatida o 6 de Febreiro na Cámara dos Comuns, o governo británico pretende limitar o traballo de investigación deste organismo a abusos cometidos despois do 7 de Agosto de 2007.


Ler mais...

EDUCACIÓN PARA A CIDADANIA

EDUCACIÓN PARA A CIDADANIA

A Consellaria de Educación e Ordenación Universitária ultima no maior dos segredos o deseño curricular da Educación Primária que incorpora a chamada “Educación para a Cidadania”.

EsCULcA solicitou a responsável, Dona Angeles Abelleira Barbanca, cópia dos documentos que se preparan mais esta negou a sua entrega alegando que antes deven ser aprovados polo Consello Escolar de Galiza.

EsCULcA, convencida de a cidadania ter direito a coñecer (e opinar sobre) os resultados das decisións da administración e tamén (sobre) o proceso que conduz a eses resultados, dá a coñecer aqui tan secreto documento.


Ler mais...

IMAXES CONTRA A INFÁMIA

IMAXES CONTRA A INFÁMIA

A Fundación Signes promove unha mui interesante denúncia gráfica internacional contra a prisión de Guantánamo. Os deseñadores e profisionais do mundo da comunicación soman-se asi, con a forza da imaxe, ao movimento mundial contra este centro de detención ilegal.

Aqui podes ver a galeria de imaxes e enviar a tua colaboracion.


Ler mais...

ABUSOS POLICIAIS NA CIMEIRA DA OTAN

ABUSOS POLICIAIS NA CIMEIRA DA OTAN

A asociación Juristas por los Derechos Humanos denuncian agresións contra a advogada Emma Valiente na madrugada do 5 de Febreiro.

A letrada foi brutalmente espancada e despois detida pola polícia, en desprezo da sua actividade de defensa encanto exercia funcións de asesoramento xurídico a uns xovens que estavan sendo identificados arbitrariamente por axentes da Polícia Nacional, informan.


Ler mais...

AMEAZA OU OPINIÓN?

AMEAZA OU OPINIÓN?

Reproducimos a seguir os artigos de Iñaki de Juana Chaos “El Escudo” e “Gallizo”, publicados no xornal Gara os dias 1 e 30 de Decembro do ano 2004 respectivamente, para facilitar o coñecimento dos textos polos que foi imputado e condenado a 12 anos de prisión. O Tribunal Supremo verá o próximo dia 12 de Febreiro o Recurso contra esta sentenza. Lembremos que o sr. De JUANA mantén unha folga de fame desde hai 93 dias.

Mais información aqui.


Ler mais...

CONTRA DONALD RUMSFELD

CONTRA DONALD RUMSFELD

D. Jesús Lara Fernández e D. Miguel Alcántara Sanz, en nome e representación do Foro Social de Sevilla, apresentaron perante o Xulgado Central de Instrución desta cidade Denúncia contra o Sr. Donald Rumsfeld, ex-Secretário de Estado de Defensa dos EUA por delitos de lesa humanidade e contra persoas en caso de conflito armado.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN