A COORDENADORA NO PARLAMENTO

A COORDENADORA NO PARLAMENTO

Os pasados dias 22 e 23, unha delegación da Coordenadora para a Prevención da Tortura mantivo as primeiras entrevistas con representantes dos tres grupos do Parlamento Galego a fin de analisaren conxuntamente a posibilidade de a Cámara Galega apoiar activamente a iniciativa desta plataforma a favor da asinatura, ratificación e execución do Protocolo à Convención contra a Tortura das Nacións Unidas.

Apoio que, segundo a Coordenadora, poderia comezar a materializar-se en tres primeiras actuacións:

a) Instar o governo español a que ratifique de imediato o Protocolo e inicie os trámites para o estabelecimento de un mecanismo de visitas aos centros de detención;

b) Reclamar competéncias para a Comunidade Autónoma en matéria de política penitenciária a fin de poder estabelecer un mecanismo análogo de ámbito galego;

c) Integrar o persoal sanitário dos cárceres galegos, na actualidade dependentes de Instituicións Penitenciárias, no SERGAS, tal como se prevé na Lei de Coesión e Calidade do Sistema Nacional de Saúde (Disposición adicional sexta: Transferéncia às comundidades autónomas dos servizos e instituicions sanitárias dependentes de instituicions penitenciárias).

Ler mais...

SALDO NEGATIVO

SALDO NEGATIVO

“A reunión da Comisión de Direitos Humanos da ONU deste ano conclui sen teren sido abordados os casos mais graves de violacións que aflixen o mundo” afirma Human Rights Watch no balanzo publicado o 22 de Abril ”UN. Human Rights Body Ignore Mayor Abuses”, dia da clausura da Sesión anual. “O que demonstra que é preciso substituir esta Comisión por un organismo novo e mais efectivo como recentemente manifestou o Secretário Xeral”, acentua esta organización humanitária que xa no início das sesións puxera en evidéncia o paradoxo de un organismo destas características incluir entre os seus membros governos responsáveis de crimes contra a humanidade.

Ler mais...

CONTRA A VIXILÁNCIA MASIVA

CONTRA A VIXILÁNCIA MASIVA

“Con a escusa da “guerra contra o terrorismo”, asistimos nestes momentos à execución de un vasto programa de rexisto e controlo. Rexistan-se cidadáns, espia-se os pasaxeiros, vixian-se case todas as comunicacións e transaccións. Despois esta información, armacenada en bases de dados en todo o mundo, é examinada, cruzada e compartillada por policias, organismos de seguranza e governos que manteñen controladas populacións inteiras”, afirma a Coalición Internacional de Liberdades Civis (CSILC), que, en colaboración con a American Civil Liberties Union, Statewatch e un centenar de grupos de todo o mundo (entre eles EsCULcA) desenvolve unha importante inciativa global, a Campaña Internacional Contra a Vixiláncia Masiva, para pór fin a estes ataques à vida privada, à liberdade de expresión e aos direitos humanos.

Ler mais...

ACTO EN OURENSE

ACTO EN OURENSE

No dia 13 de Abril celebrou-se en Ourense, no café cultural AURIENSE, un acto organizado pola COMISIÓN DE DENÚNCIA DA GALIZA en que, sob o titulo “INICIATIVAS SOCIAIS CONTRA A TORTURA”, participaron representantes da COORDENADORA PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA, COMISSOM DE DENÚNCIA DA GALIZA e A COMISSOM DE AsSESsORAMENTO JURÍDICO PENITENCIÁRIO DO COLÉGIO DE ADVOGADOS DE OURENSE.

Ler mais...

PARLAMENTO DE CATALUÑA

PARLAMENTO DE CATALUÑA

O Parlamento de Cataluña aprovou por unanimidade unha Proposición non de Lei, apresentada polo grupo do PSC-Ciutadans pel Canvi, para solicitar ao Governo do Estado que controle a prática de torturas às persoas detidas.

A iniciativa parte de unha sentenza do Tribunal Europeu de Direitos Humanos, feita pública o 2 de Novembro de 2004, que condenava o Estado Español por vulneración do artigo 3º da Convención Europea de Direitos Humanos. Por outra parte, o 6 de Febreiro de 2004, o relator especial da ONU para a tortura, Theo van Boven, xa fixera público un relatório en que criticava o sistema español de detención en rexime de incomunicación por actividades terroristas.

Ler mais...

DEBATE NO CONGRESO DE DEPUTADOS

DEBATE NO CONGRESO DE DEPUTADOS

O martes 17 de Maio, serán debatidas e votadas no Congreso dos Deputados diversas proposicións non de lei relativas à prevención e eliminación da tortura, entre elas a ratificacion do Protocolo Facultativo da ONU.

A Coordenadora para a Prevención da Tortura que traballa desde hai meses para conseguir a posta en prática das medidas preventivas contempladas neste Protocolo acaba de facer público un comunicado instando o pleno do parlamento e o governo a non dilatar mais a resolución de tan grave problema.

Ler mais...

MORTES SOB CUSTÓDIA

MORTES SOB CUSTÓDIA

A Coordenadora de Solidariedade con as Persoas Presas (CSPP), formada por mais de vinte colectivos que traballan na defensa dos Direitos Humanos, elaborou un relatório sobre mortes acontecidas, e documentadas, nas prisións do estado español durante os últimos catro anos. O balanzo deste relatório é estremecedor: mais de 260 persoas mortas entre 2001 e 2004 e várias decenas no que vai de 2005.

Ler mais...

RELATÓRIO DA COORDENADORA

RELATÓRIO DA COORDENADORA

A Coordenadora para a Prevención da Tortura apresentou o pasado 13 de Maio, un extenso relatório intitulado A Tortura no Estado Español. 2004, do que se entregou cópia tanto à mesa do Congreso dos Deputados como ao Ministério do Interior. Neste relatório a Coordenadora documenta a existéncia de, polo menos, 793 denúncias por tortura e/ou maus tratos no ano 2004 en todo o estado español, 24 delas formuladas en Galiza.

Ler mais...

CONCENTRACIÓN PERMANENTE

CONCENTRACIÓN PERMANENTE

A Comisión de Denúncia de Galiza convoca unha Concentración Permanente diante da Audiéncia de Lugo para o 26 de Abril. Neste dia comezará o xuízo contra JOSÉ RAMÓN HIDALGO FERNÁNDEZ e JOAQUÍN ESCUDERO ÁLVAREZ, xefes de servizo, e MARIO LUIS ÁLVAREZ ÁLVAREZ, sub-director médico na cadea de Monterroso, Lugo, acusados dun delito de tortura e unha falta de lesións, cometidas sobre a persoa de Magdare Rabay, ali encadeado.

Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN