MALLEIRA, DENÚNCIA, TRANSLADO

MALLEIRA, DENÚNCIA, TRANSLADO

Dávamos notícia hai uns dias da denúncia por maus tratos apresentada por Sokok Cokoj contra funcionários do cárcere da Lama asi como das xestións feitas por EsCULcA perante a embaixada de Albánia en Madrid para que esta se interesase pola sua situación.

Os responsáveis diplomáticos comprometeron-se de imediato a solicitar o esclarecimento dos feitos e impedir novos abusos, mais -conforme ven sendo habitual nestes casos- o cidadán albanés acaba de ser transladado a outro centro penitenciário seguindo un guión ben coñecido cuxo propósito é evidente: obstaculizar a investigación e evitar que as persoas presas podan receber apoio do exterior.


Ler mais...

RATIFICADO O PROTOCOLO

RATIFICADO O PROTOCOLO

Despois de transcorrido case un ano desde que o Congreso dos Deputados recoñecese a prática da tortura no território do Estado español e instase o governo a ratificar de imediato o Protocolo Facultativo da ONU, hoxe , 4 de Aril, será depositado na Secretaria deste organismo internacional o instrumento de ratificación.

Con este motivo, a Coordenadora para a Prevención da Tortura emitiu unha nota de prensa e deu a coñecer as Conclusións das Xornadas celebradas en Barcelona no pasado mes de Febreiro (“Medidas para erradicar a Tortura”):


Ler mais...

O PROTOCOLO ENTRARÁ EN VIGOR O PRÓXIMO 23.06.06

O PROTOCOLO ENTRARÁ EN VIGOR O PRÓXIMO 23.06.06

Honduras e Bolívia ratificaron onte, 23 de Maio, o Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura das Nacións Unidas. Desta feita, xa están reunidos, por fin!, os 20 instrumentos de ratificación necesários para a sua entrada en vigor, que terá lugar o próximo 23 de Xuño. Case exactamente 19 anos desde a entrada en vigor da Convención contra a Tortura (26 de Xuño de 1987).


Ler mais...

DEFENSA DOS RIOS E PARLAMENTO

DEFENSA DOS RIOS E PARLAMENTO

O Pleno do Parlamento aprovou a tomada en consideración da “Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos”, que a Comisión Promotora apresentou avalada por mais do duplo das asinaturas requeridas por lei.

Desde que en 1988 fora regulado o direito da cidadania galega a apresentar proposicións de lei, é esta a segunda vez (a primeira procurava a criación da área sanitária do Salnés) que o Parlamento Galego aprova por maioria tomar en consideración unha Iniciativa Lexislativa Popular.

Mais información sobre a lei que regula este direito (Lei 1/1988) e os avatares das 14 Iniciativas apresentadas até 2005, no Boletin de EsCULcA, núm. 9, pp.6-8.


Ler mais...

OS TERMOS DA ENTREVISTA

OS TERMOS DA ENTREVISTA

Nesta ligazon pode ver-se e ouvir-se o Secretáro de Estado para a Seguranza, Antonio Camacho, forzando o xornalista que nese momento o entrevista a desligar a cámara para evitar ter de responder a perguntas comprometidas sobre a prática da tortura no Estado español.

Corta un momento eso y vamos a plantearnos los términos de la entrevista”, afirma el Sr. Camacho cando o xornalista refere as denúncias do Consello de Europa, Human Rights Watch, Amnistia Internacional e as 37 organizacións reunidas nas Xornadas organizadas pola CPT en Barcelona o pasado mes de Febreiro.


Ler mais...

OBITUÁRIO PRISIONAL 2005 (PORTUGAL)

OBITUÁRIO PRISIONAL 2005 (PORTUGAL)

A Associação contra a Exclusão e pelo Desenvolvimento (ACED), acaba de facer pública unha nota de prensa dando a coñecer o número de mortes acontecidas en prisións portuguesas en 2005: 10 máis que no ano 2004.

A elevada taxa de mortalidade dos cárceres de portugal é “das mais altas de Europa, incluindo os países de Leste”, afirman os representantes da ACED.


Ler mais...

EsCULcA NA AURIENSE

EsCULcA NA AURIENSE

No local do Centro Cultural Auriense, tivo lugar o pasado martes, dia 20, unha charla sobre “Limites do Direito Penal. O Macro-xuízo do Sumário 18/98”, organizada por EsCULcA.


Ler mais...

PROTECCIÓN DE DADOS

PROTECCIÓN DE DADOS

O Consello de Unión Europea (25 Governos) proxecta substituir o Convénio da Europol –que teria de ser ratificado polos parlamentos de todos os estados membros- por unha Decisión do Consello (e converté-lo nunha Axéncia da UE). A substituición do Convénio por unha Decisión contornaria o escollo da aprovación do texto (e das futuras adendas) polos parlamentos estatais.


Ler mais...

RELATÓRIO 2005 DA CPT

RELATÓRIO 2005 DA CPT

A Coordenadora para a Prevención da Tortura (CPT) apresentou en Sevilla, o pasado 26 de Maio, o seu relatório anual relativo à situación da prática da tortura e os maus tratos no Estado español. Entre os importantes dados que a CPT inclui no seu relatório salienta o feito de se constatar un aumento considerável (12%) de denúncias apresentadas (309 en total) en relación ao ano 2004. 14 destas denúncias foron apresentadas na Galiza.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN