EUROPA E MIGRACIÓN

EUROPA E MIGRACIÓN

CAMPAÑA PARA FECHAR OS CENTROS DE DETENCIÓN TEMPORAL PARA MIGRANTES EN EUROPA

A emigración é na actualidade un dos asuntos fulcrais da axenda da UE. O parlamento Europeu comezará en breve a debater unha proposta de directiva relativa às normas e procedimentos que han de aplicar os Estados membros para a repatriación de nacionais de outros países en situación de residéncia ilegal na UE.

A proposta de directiva afecta todas as persoas nacionais de terceiros países que residen ilegalmente nun estado membro da UE sen que as razóns desta sua situación irregular sexan tomadas en conta. O contido da proposta deixa claro que a Comisión adopta unha perspectiva represiva da regulación do “fenómeno da migración” concentrando-se na “luita contra a migración ilegal”.


Ler mais...

COMO EN ZIMBABWE

COMO EN ZIMBABWE

Roger Vleugels, experto holandés en Direito de Aceso à Información, acaba de publicar unha relación de estados que contan con algun tipo de LAI (Lei de Aceso à Información). Realizada con a colaboración de Freedom of Information Advocates Network (Foia Network), a recompilación de Vleugels clasifica os estados en 4 grupos:


Ler mais...

RATIFICADO O PROTOCOLO

RATIFICADO O PROTOCOLO

Despois de transcorrido case un ano desde que o Congreso dos Deputados recoñecese a prática da tortura no território do Estado español e instase o governo a ratificar de imediato o Protocolo Facultativo da ONU, hoxe , 4 de Aril, será depositado na Secretaria deste organismo internacional o instrumento de ratificación.

Con este motivo, a Coordenadora para a Prevención da Tortura emitiu unha nota de prensa e deu a coñecer as Conclusións das Xornadas celebradas en Barcelona no pasado mes de Febreiro (“Medidas para erradicar a Tortura”):


Ler mais...

O PROTOCOLO ENTRARÁ EN VIGOR O PRÓXIMO 23.06.06

O PROTOCOLO ENTRARÁ EN VIGOR O PRÓXIMO 23.06.06

Honduras e Bolívia ratificaron onte, 23 de Maio, o Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura das Nacións Unidas. Desta feita, xa están reunidos, por fin!, os 20 instrumentos de ratificación necesários para a sua entrada en vigor, que terá lugar o próximo 23 de Xuño. Case exactamente 19 anos desde a entrada en vigor da Convención contra a Tortura (26 de Xuño de 1987).


Ler mais...

DEFENSA DOS RIOS E PARLAMENTO

DEFENSA DOS RIOS E PARLAMENTO

O Pleno do Parlamento aprovou a tomada en consideración da “Proposición de lei de iniciativa lexislativa popular para a protección, a conservación e a mellora dos ríos galegos”, que a Comisión Promotora apresentou avalada por mais do duplo das asinaturas requeridas por lei.

Desde que en 1988 fora regulado o direito da cidadania galega a apresentar proposicións de lei, é esta a segunda vez (a primeira procurava a criación da área sanitária do Salnés) que o Parlamento Galego aprova por maioria tomar en consideración unha Iniciativa Lexislativa Popular.

Mais información sobre a lei que regula este direito (Lei 1/1988) e os avatares das 14 Iniciativas apresentadas até 2005, no Boletin de EsCULcA, núm. 9, pp.6-8.


Ler mais...

OS TERMOS DA ENTREVISTA

OS TERMOS DA ENTREVISTA

Nesta ligazon pode ver-se e ouvir-se o Secretáro de Estado para a Seguranza, Antonio Camacho, forzando o xornalista que nese momento o entrevista a desligar a cámara para evitar ter de responder a perguntas comprometidas sobre a prática da tortura no Estado español.

Corta un momento eso y vamos a plantearnos los términos de la entrevista”, afirma el Sr. Camacho cando o xornalista refere as denúncias do Consello de Europa, Human Rights Watch, Amnistia Internacional e as 37 organizacións reunidas nas Xornadas organizadas pola CPT en Barcelona o pasado mes de Febreiro.


Ler mais...

OBITUÁRIO PRISIONAL 2005 (PORTUGAL)

OBITUÁRIO PRISIONAL 2005 (PORTUGAL)

A Associação contra a Exclusão e pelo Desenvolvimento (ACED), acaba de facer pública unha nota de prensa dando a coñecer o número de mortes acontecidas en prisións portuguesas en 2005: 10 máis que no ano 2004.

A elevada taxa de mortalidade dos cárceres de portugal é “das mais altas de Europa, incluindo os países de Leste”, afirman os representantes da ACED.


Ler mais...

EsCULcA NA AURIENSE

EsCULcA NA AURIENSE

No local do Centro Cultural Auriense, tivo lugar o pasado martes, dia 20, unha charla sobre “Limites do Direito Penal. O Macro-xuízo do Sumário 18/98”, organizada por EsCULcA.


Ler mais...

DIREITOS HUMANOS NA FRONTEIRA SUL

DIREITOS HUMANOS NA FRONTEIRA SUL

Desde 1997 a Asociación Pro-Derechos Humanos de Andalucia ven efectuando o seguimento da situación da imigración na fronteira sul do Estado español, no contorno do Estreito de Xibraltar. Fruto dese seguimento son os relatórios que anualmente apresenta esta Asociación, o último, o do ano 2005.

Neste Relatório analisa-se polo miúdo os acontecimentos ocorridos nas fronteiras de Ceuta e Melila –que se saldaron con 14 mortes- e afirma-se que polo menos 368 persoas perderon a vida o ano pasado tentando entrar território español. Trata-se da cifra mais elevada das rexistadas até agora e segundo a asociación humanitária a orixe desta traxédia estaria, entre outras causas, nas políticas de imigración do Estado español e a Unión Europea.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN