RELATÓRIO DE HUMAN RIGHTS WATCH

RELATÓRIO DE HUMAN RIGHTS WATCH

“Novas provas demonstran que no 2005 os maus tratos e a tortura formaron parte dunha estratéxia deliberada do governo Bush”, afirmaron os representantes de Human Rights Watch na apresentación pública do seu documentado relatório (532 páxinas) relativo à situación dos direitos humanos no mundo durante o pasado ano.

O Relatório contén información de mais de 70 estados, entre eles o español.

Critica a asociación humanitária a expulsión a Marrocos de polo menos 73 persoas, entre elas várias solicitantes de asilo político, que conseguiran chegar a Ceuta e Melilla e foron despois abandonadas no deserto.

Human Rights Watch reclama unha investigación independente sobre as mortes acontecidas na fronteira por disparos das forzas de seguranza, o tratamento dado en Marrocos às persoas deportadas polo estado español e as condicións en que estas foron abandonadas na fronteira de Máli e Arxélia.


Ler mais...

DIREITOS HUMANOS NA FRONTEIRA SUL

DIREITOS HUMANOS NA FRONTEIRA SUL

Desde 1997 a Asociación Pro-Derechos Humanos de Andalucia ven efectuando o seguimento da situación da imigración na fronteira sul do Estado español, no contorno do Estreito de Xibraltar. Fruto dese seguimento son os relatórios que anualmente apresenta esta Asociación, o último, o do ano 2005.

Neste Relatório analisa-se polo miúdo os acontecimentos ocorridos nas fronteiras de Ceuta e Melila –que se saldaron con 14 mortes- e afirma-se que polo menos 368 persoas perderon a vida o ano pasado tentando entrar território español. Trata-se da cifra mais elevada das rexistadas até agora e segundo a asociación humanitária a orixe desta traxédia estaria, entre outras causas, nas políticas de imigración do Estado español e a Unión Europea.


Ler mais...

DIREITOS DAS TRANSEXUAIS

DIREITOS DAS TRANSEXUAIS

A Audiéncia Provincial de Oviedo acaba de recoñecer o direito de Mª Jesús Lastra Lamar, interna no Centro Penitenciário de Villabona (Astúrias) onde –desde Febreiro de 2005- cumpria condena no Módulo III (de homes), a ingresar nun módulo de mulleres. A situación anterior de Lastra Lamar contraviña a Circular 01/2001 da Dirección Xeral de Instituicións Penitenciárias segundo a cal as persoas teñen de ingresar nos módulos correspondentes à sua “identidade sexual aparente”.


Ler mais...

ENCONTRO CONTRA A TORTURA

ENCONTRO CONTRA A TORTURA

Xa está pronto o Programa definitivo das Xornadas que organiza a Coordenadora para a Prevención da Tortura os dias 3 e 4 do próximo mes de Febreiro.

Estas xornadas, que terán lugar no I.lustre Col.legi d’Advocats de Barcelona e contan con a participación de Mark Thompson, Jorge del Cura, Eric Sottas, Iñaki Rivera, Jaume Asens, Jiménez Villarejo, José Manuel Hernández, Guillermo Presa Suárez, etc. concluirán con un encontro público con Theo van Boven, ex-Relator da ONU para a tortura.


Ler mais...

PROTECCIÓN DE DADOS

PROTECCIÓN DE DADOS

O Parlamento Europeu e os estados membros da UE van votar en Xaneiro tres importantes propostas da Comisión Europea relativas ao Sistema de Información Schengen II. Estas propostas poderian vulnerar alguns princípios da normativa europea de protección de dados.

A modificación da natureza do próprio sistema e do destino dos dados, a pouca fiabilidade da información biométrica que se armacena e a imposibilidade de podermos detectar, e no seu caso corrixir, infomación eventualmente erróna, asi como a posibilidade de a Europol utilizar a base para os seus próprios obxectivos, son aspectos preocupantes que o Parlamento deverá ter en conta antes de aprovar estas propostas.


Ler mais...

FRAGATA ESPAÑOLA NA OPERACION

FRAGATA ESPAÑOLA NA OPERACION

Publicamos un extracto do documento do Congreso estado-unidense onde se revela a participación da fragata española Álvaro de Bazán no grupo de combate Theodor Roosvelt formando parte da operación “Iraq Freedom” dos EUA.

O Relatório completo inclui o sumário das forzas despregadas, e mais tarde retiradas, da área de responsabilidade coñecida como Golfo Pérsico.


Ler mais...

“O GOVERNO ESPAÑOL MUDOU DE ATITUDE MAIS NON DE ESÉNCIA“

“O GOVERNO ESPAÑOL MUDOU DE ATITUDE MAIS NON DE ESÉNCIA“

“O governo do PSOE ten unha atitude aparentemente afastada da crispación que mostrava o executivo de Aznar cando se falava de torturas policiais no Estado español, mais à hora da verdade continua facendo unha defensa ferreña dos corpos de seguranza”, afirma Theo van Boven, ex-relator da ONU sobre a tortura.

“Mudou a atitude, mas non a eséncia”, asegurou en Barcelona, nas Xornadas que Coordenadora para a Prevención da Tortura organizou no Col.legi d’Advocats desta cidade.

O ex-relator reclamou un debate social que poña fin ao “siléncio” sobre os abusos policiais que se cometen en muitos países.

Mais información: El Punt Digital.


Ler mais...

CUESTIÓN DE TORTURA

CUESTIÓN DE TORTURA

Alfred W. McCoy desvela no seu último libro (A Question of Torture: CIA Interrogation, from the Cold War to the War on Terror) as profundas, e túrbias, raíces dos recentes escándalos de Abu Ghraib e Guantánamo.

No seu libro, o historiador norte-americano demonstra que, lonxe de tratar-se de aberracions isoladas, “estes abusos son o resultado de un programa secreto en que foron investidos billóns de dólares”. Os métodos da CIA, desenvolvidos durante décadas, apoian-se na “privación sensorial” para inducir a “auto-tortura” destruindo os alicerces da personalidade da vítima. Práticas psicológicas até agora descoñecidas que, ironiza o autor, constituen a primeira grande inovación en técnicas de tortura desde hai centos de anos.


Ler mais...

LINGUAXE FRANCA E NON DIPLOMÁTICA

LINGUAXE FRANCA E NON DIPLOMÁTICA

O Consello de Europa nega-se a desclasificar a acta de unha reunión da Troika do Comité de Política e Seguranza con representantes dos EUA, alegando que o documento recolle a expresión “franca” e “non diplomática” dos membros do alto organismo europeu e os funcionários estado-unidenses.

Na reunión, que tivo lugar en Bruxelas o 26 de Maio de 2004, participaron as delegacións permanentes de Itália, Irlanda e Holanda e a acta a que agora se nega o aceso recolle as decisións que ali se tomaron sobre diversos asuntos de ámbito rexional e internacional, asi como os diferentes pontos de vista dos responsáveis europeus e –in extenso– o posicionamento dos representantes norte-americanos.

Mais información en Statewatch.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN