IMIGRACION E MORTE NAS FRONTEIRAS EUROPEAS

IMIGRACION E MORTE NAS FRONTEIRAS EUROPEAS

Fortress Europe, publica, e revisa diariamente, as notícias aparecidas na prensa europea sobre persoas que morren tentando entrar en Europa através de algunhas das suas fronteiras. O resultado desta revista de prensa diária non pode ser mais estremecedor: desde 1988 o número de mortes eleva-se xa a 5.511 persoas, delas 1.782 desaparecidas no mar.


Ler mais...

VITÓRIAS PACIFISTAS NA GUERRA LEGAL

VITÓRIAS PACIFISTAS NA GUERRA LEGAL

Segundo informa George Monbiot (The Guardian 17.10.2006) “os tribunais comezan a recoñecer que a guerra contra o Iraque é ilegal”.

O xornalista basea a sua afirmación en várias resolucións ditadas por tribunais europeus (ingleses, irlandeses e escoceses) en que se recoñecen como non ilegais accións de sabotaxe realizadas por militantes pacifistas en bases militares con o fin de inutilizar avións e armamento destinado a guerra contra o Iraque.

Asi mesmo, informa Monbiot, un tribunal alemán declarou legal a negativa de un comandante do exército deste país a obedecer ordes que poderian significar unha colaboración indirecta con as tropas invasoras.


Ler mais...

O MUNDO NON PODE AGUARDAR

O MUNDO NON PODE AGUARDAR

Frente à legalización da tortura e a anulación de direitos constitucionais sob a lei recentemente aprovada polo Congreso dos EUA e promovida polo governo de George W. Busch, un elevado número de persoas do mundo da cultura, a política e a defensa dos direitos e liberdades públicas, denuncian o que consideran un paso en dirección ao estado tiránico e a urxéncia de resgatar a democracia neste país e convocan numerosos actos de protesta.

O seu lema: O mundo non pode aguardar (www.worldcantwait.net)


Ler mais...

CONCENTRACIÓN POLA MORTE DE X. TARRIO

CONCENTRACIÓN POLA MORTE DE X. TARRIO

Texto da convocatória da concentración organizada pola Comisión de Denúncia de Galiza en protesta polo tratamento que os servizos médicos do Centro Penitenciário de Teixeiro dispensaron a Xosé Tarrio, morte neste cárcere o 2 de Xaneiro de 2005.

“Xosé Tarrío morreu de cárcere o 2-1-2005. Entrou a cumplir condena de 2 anos e medio. Tivérono 14 anos na cadea, 12 deles en AILLAMENTO. Sendo portador i enfermo do VIH desde 1989, Xosé non recibiu tratamento axeitado con medio corpo paralizado. Os servicios médicos do Centro Penitenciario de Teixeiro recéntanlle unha aspirina “dicindo que era gripe”. Varios meses despois, o ingresan no Hospital Xoán Canalexo de A Coruña onde outro erro máis no diagnóstico, provocou e acelerou a súa morte.”

Lugar, dia e hora da concentración: 27 de SETembro. Às 12:00 horas. Diante do SERGAS. Edifício Administrativo de San Lázaro. Compostela.


Ler mais...

O GOVERNO PORTUGUÉS TAMÉN SABIA

O GOVERNO PORTUGUÉS TAMÉN SABIA

O pasado dia 6, Luís Amado, ministro dos Negócios Estranxeiros de Portugal, confirmou que o governo coñecia a utilización pola CIA do espazo aéreo portugués e de alguns aeroportos.

A eurodeputada Ana Gomes difundira o dia 5 unha carta en que Freitas do Amaral, anterior titular do ministério, recoñecia que mais de unha centena de vóos realizados por cerca de 10 avións da axéncia norte americana, que ian alterando as matriculas de ano para ano, aterraran en aeroportos portugueses.


Ler mais...

PROTECCIÓN DE DADOS

PROTECCIÓN DE DADOS

A raiz da queixa apresentada polos EUA, SETe estados da UE(Alemaña, Dinamarca, Irlanda, Noruega, Suécia, o Reino Unido e o Estado Español) manifestaron estar dispostos a reducir as esixéncias do que seria unha “adecuada” protección de dados no intercámbio de información persoal con terceiros países.


Ler mais...

MENOS DO 7%

MENOS DO 7%

Portugal recebeu 102 pedidos de asilo em 2005, mas apenas SETe refugiados obtiveram o estatuto e nove adquiriram autorizações de residência por razões humanitárias, revelou a presidente do Conselho Português para os Refugiados. A responsável, que falava no auditório do Museu Nacional Soares dos Reis, no Porto, a propósito das comemorações do Dia Mundial dos Refugiados, que se assinala hoje, explicou que dos 102 pedidos de asilo de 32 nacionalidades, 35 tiveram origem em África, designadamente no Congo e na Libéria, e 32 vieram da América, muitos dos quais da Colômbia (O Público, 20.06)


Ler mais...

DIA INTERNACIONAL CONTRA A TORTURA

DIA INTERNACIONAL CONTRA A TORTURA

A Comisión de Denuncia da Galiza e EsCULcA organizan dous actos para o 26 de Xuño de 2006, no Dia Internacional contra a Tortura. Con estes actos, pretende-se dar a coñecer à cidadania os Relatórios de diversos organismos internacionais que adverten que a prática da tortura no estado español non está erradicada.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN

  • Un xuízo á disidencia política encadrado nun acto de rebelión e cuxos deputados teñen acima das cabezas a decisión última que adopte o Parlament. Así de sinxelo e así de cruel. E así de difícil. Europa déixaos en liberdade, e o Parlament ten que suspendelos?

  • Había trece días que o Llarena Solitario ou Cid Llaneador (dito con moito amor e respecto, como non podería ser doutro xeito) estaba reunido consigo mesmo moi forte meditando que día o diría. Trece días pensando: “Mañá? Non, mellor pasadomañá! Ai non, definitivamente que sexa o outro…”. Total, que ao final díxoo hoxe.

  • O concepto de lawfare foi gerado pelo general estadunidense Charles Dunlap, assessor do Pentágono, que o definiu como a tática para utilizar a lei como meio para alcançar um objetivo militar. O lawfare é menos letal, mais económico, e – em muitas oportunidades – mais efetivo que ações militares planificadas. Também é baseado na ideia de dar uma aparência de legalidade à excepcionalidade, à perseguição e à hostilidade.

  • O rapero Valtònyc fica en Bélxica e en liberdade. Tampouco no seu caso a xustiza española conseguiu, por agora, que a euroorde emitida pola Audiencia Nacional teña efecto algún. No caso do cantor, ademais, a euroorde de extradición era por terrorismo, algo do todo estrafalario cando do que se está falando é do texto dunhas cancións.

  • Se falamos de campos de concentración, baixo terminoloxía nacionalsocialista tamén podemos falar de “campos de internamento” ou “campos de tránsito”.