CORTESIA EUROPEA

CORTESIA EUROPEA

Desde 1998 existe un acordo informal entre a UE e os EUA para permitir que vóos procedentes ou con destino a este último país podan facer escalas técnicas en aeroportos europeus. Os EUA solicitaron na altura poder usar estas instalacións para transladaren persoas a África, Oriente Médio e Ásia. Sobre o alcance desta cooperación, nunca se publicou información algunha.


Ler mais...

CATÁSTROFE DO PRESTIGE: DIREITO A SABER

CATÁSTROFE DO PRESTIGE: DIREITO A SABER

O Movemento polos Dereitos Civis informa que formulará propostas perante o Governo galego e o Governo do Estado para que se elabore unha normativa que axilice o aceso à información en poder das administracións públicas, autoridades e instituicións. Lembra esta asociación que o Consello de Europa afirmou no seu dia non poder intervir nas denúncias por censura informativa relacionada con o afundimento do Prestige por o Estado español non ter ratificado a normativa europea que ampara este direito.


Ler mais...

”NON ME INTERESA O QUE DIGA ESTRASBURGO”

”NON ME INTERESA O QUE DIGA ESTRASBURGO”

Asi de contundente mostrou-se a Presidenta da Sala da Audiéncia Nacional en que se xulga o suposto contorno de ETA cando un dos advogados defensores facia referéncia a duas sentenzas do Tribunal de Direitos Humanos de Estrasburgo.

“Proteste, proteste e que conste en acta”, atallou a Presidenta perante o estupor das persoas presentas na sala.

O relato completo destes feitos e unha análise do desenvolvimento do macroproceso pode ler-se no mui interesante relatório de José Manuel Hernández, membro da Comisión Internacional de Xuristas, publicado no xornal Gara e en diversas páxinas web: Derivas penais.

Para ler outros relatórios: www.ehwatch.org.


Ler mais...

XORNADAS PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA

XORNADAS PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA

Con a presenza de importantes expertos internacionais e a asisténcia de numeroso público -unha média de 400 persoas por sesión-, a Coordenadora para a Prevención da Tortura celebrou os pasados 3 e 4 de Febreiro unhas xornadas de traballo en que se analisou a situación no Estado español e se reivindicou a ratificación imediata do Protocolo Facultativo da ONU.

Os actos concluíron con unha asemblea da Coordenadora e a leitura de un Comunicado final.


Ler mais...

CON OU CONTRA

CON OU CONTRA

“Os nosos tribunais son hoxe motivo de orgullo por teren dito ben claro ao governo e aos governos de todo o mundo que deven decidir se están con nós ou contra nós na luita contra a tortura”, manifestou o 8 de Decembro Shami Chakrabarti, Director de Liberty en referéncia à resolución da Cámara dos Lores que estabelece a absoluta proibición de utilizar provas obtidas sob tortura e parafraseando a xa célebre afirmación de Condoleeza Rice sobre a decisión que teñen que tomar os governos europeus (estaren con ou contra os EUA na luita contra o terrorismo).

“Fica definitivamente claro que as confisións extraídas mediante malleiras, shocks eléctricos, extracción de uñas, etc. non teñen cabida no sistema legal inglés”, concluiu o presidente de Liberty.


Ler mais...

MEDIDAS PENDENTES

MEDIDAS PENDENTES

O 7 de Decembro, en nome da Coordenadora para a Prevención da Tortura, o Presidente de EsCULcA, Fernando Martínez Randulfe, dirixiu un escrito ao presidente do Governo Galego, Sr. Pérez Touriño, e à Presidenta do Cámara, Dona Dolores Villarino, solicitando insten o governo español a tomar as medidas que reiteradamente solicitan os organismos internacionais, as asociacións de defensa dos direitos e as liberdades e os próprios órgaos lexislativos españóis para erradicar a tortura en todo o território do estado, lembrando o mandato do Congreso e o Senado ao governo para que este ratifique e poña en funcionamento de imediato o Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura.

A Coordenadora para a Prevención da Tortura dirixiu asi mesmo escrito ao presidente do Governo Español, Sr. Zapatero, lembrando-lle a necesidade de axilizar os trámites para evitar que continuen producindo-se este tipo de delitos por funcionários do estado e recordando-lle que este ano o 10 de Decembro (Dia Internacional dos Direitos Humanos) foi consagrado à luita contra a tortura.


Ler mais...

COMO NOS FILMES

COMO NOS FILMES

Os últimos documentos declasificados a requerimento de várias asociacións norte-americanas (American Civil Liberties Union, Center for Constitutional Rights, Physicians for Human Rights, Veterans for Common Sense and Veterans for Peace) confirman mais unha vez que os abusos e torturas contra persoas detidas no Iraque son prática cuotidiana.

Estes documentos revelan tamén a absoluta falta de información dos soldados estadounidenses no que às normas internacionais para o tratamento de prisioneiros di respeito. Caréncia que provocou xa várias mortes e que eles supren, declaran os própios militares, con o que “lembram teren visto nos filmes”.

Troops Say They Used Techniques “Remembered From the Movies”; Deaths Could Have Been Avoided with Better Training


Ler mais...

TRANSPARÉNCIA E SILÉNCIO

TRANSPARÉNCIA E SILÉNCIO

O 26 de Outubro foi apresentado en Madrid, o relatório elaborado por Sustentia sore a situación do direito de aceso à información no Estado español.

Este estudo insere-se nun ambicioso proxecto dirixido e financiado por Open Society que inclui a análise da normativa e a prática de diferentes estados (por agora 14 estados de 3 continentes) e a promoción da mellor protección deste direito.

O relatório de Sustentia mostra un panorama en verdadade desalentador e revela unha escaso coñecimento e disposición das instituicións españolas a atender as demandas de información da sociedade.


Ler mais...

REDE EUROPEA DE LIBERDADES CIVIS

REDE EUROPEA DE LIBERDADES CIVIS

A European Civil Liberties Network acaba de publicar un importante brazado de ensaios sobre a situación dos direitos e liberdades públicas na Unión Europea: “As regras do xogo” (A. Sivanadan), “Encanto Europa dorme….” (Tony Bunyan), “Non hai equilíbrio entre seguranza e liberdades públicas, simplesmente míngua de ambas as duas” (Ben Hayes), “Lampedusa, banco de provas da privatizacion das fronteiras da UE” (Lorenzo Trucco), e vinte interesantes ensaios mais.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN