PRIVACIÓN DE LIBERDADE E GARANTIAS

PRIVACIÓN DE LIBERDADE E GARANTIAS

Os dias 1 e 2 de Decembro terán lugar na Universidade de Barcelona as “Xornadas Europeas sobre Privación de Liberdade e Mecanismos de Garantia dos Direitos Humanos”.

“Nun momento en que o número de persoas privadas de liberdade nos Estados ocidentais non deixa de crescer, esta cuestión resulta crucial.”, afirman representantes do Observatori del Sistema Penal i els Drets Humans que organiza o encontro no ámbito de dous importantes proxectos de investigación sobre os sistemas penais europeus (Challenge. The Changing Landscape of European Liberty and Security e AGIS-Libertà in carcere).


Ler mais...

DANOS À POPULACIÓN CIVIL NO IRAQUE

DANOS À POPULACIÓN CIVIL NO IRAQUE

Iraq Body Count acaba de facer público un estudo (A Dossier of Civilian Casualties in Iraq 2003–2005) sobre os danos causados a civis durante a ocupación do Iraque. Trata-se da primeira contaxe pormenorizada das persoas feridas ou mortas durante o período que vai de Marzo de 2003 a Marzo de 2005. As cifras que oferece o estudo, baseado na análise exaustiva de mais de 10.000 reportaxes, inclui o número de persoas civis mortas e feridas, as circunstáncias e autoria desas mortes, etc.


Ler mais...

VIOLÉNCIA CONTRA AS MULLERES

VIOLÉNCIA CONTRA AS MULLERES

A celebración no dia de hoxe, 25 de Novembro, do Dia Internacional contra a Violéncia de Género e o recente anúncio da próxima elaboración dunha lei galega que contribua a dar cabo desta lacra social, convida-nos a reflectir sobre a forma e os meios que a sociedade galega quer empregar para pór fin a tan grave problema: tomar como exemplo a lei de ámbito español, con eivas reiteradamente denunciadas e cuxa eficácia -por agora- parece mais que duvidosa ou abrir un debate social sen preconceitos na busca de solucións mais efectivas e progresistas?


Ler mais...

INDULTO PARA AXENTES CONDENADOS POR TORTURA

INDULTO PARA AXENTES CONDENADOS POR TORTURA

O Consello de Ministros do pasado 25 de Novembro aprovou a concesión dun indulto parcial para os tres axentes da polícia local de Vigo condenados pola Audiéncia de Pontevedra a tres anos de cárcere e oito de inabilitación por deteren ilegalmente e agrediren un vendedor ambulante de nacionalidade senegalesa, Sr. Mamadou Kane. O indulto, que fora solicitado polo anterior alcalde de Vigo, Sr. Ventura Pérez Mariño, evitará que os axentes ingresen en prisión e sexan inabilitados.

O 16 de Marzo de 1997, Sebastián F.E., Elena F.B., Juan Manuel P.R. e Celso A.B. detiveron na praia de Samil o Sr. Kane e conduciron-no a un monte próximo ao campus universitário onde o insultaron e mallaron nel durante mais dunha hora, segundo consta na denúncia. Posteriormente o agredido foi posto en liberdade sen nengun tipo de cargos.


Ler mais...

PROTOCOLO FACULTATIVO

PROTOCOLO FACULTATIVO

O 10 de Decembro, Dia Internacional dos Direitos Humanos, eran 49 os estados que tiñan asinado o Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura e 16 os que xa o ratificaran. Tendo en conta que con 50 estados asinantes e 20 ratificantes, comeza a conta atrás para o Protocolo iniciar os trámites da sua posta en funcionamento, é de esperar que a inícios do próximo 2006 se poda pór en marcha o proceso con a participación activa das persoas e asociacións que levan anos traballando pola eliminación desta lacra social.


Ler mais...

EMIGRACIÓN E DIREITOS HUMANOS (II)

EMIGRACIÓN E DIREITOS HUMANOS (II)

As organizacións europeas de defensa dos direitos humanos, alarmadas pola actuación dos governos español e marroquino contra centos de persoas africanas que tentan entrar en Europa, alertan a opinión pública da extrema gravidade da situación e solicitan apoio ao Manifesto “APELO EUROPEU POLA DIGNIDADE – A EUROPA-FORTALEZA VAI DIRECTA CONTRA O MURO DA VERGOÑA”.


Ler mais...

RETENCIÓN DE DADOS

RETENCIÓN DE DADOS

O pasado dia 26 Privacy International e European Digital Rights, fixeron chegar a todos os membros do Parlamento Europeu un resumo das duas propostas (Comisión e Consello) que sobre Retención de Dados terán de ser debatidas en breve nesta cámara. Embora as duas sexan similares e os problemas que apresentan sexan igualmente graves, o resumo deita luz sobre alguns aspectos importantes a ter en conta en cada una delas.


Ler mais...

XORNALISMO, DIREITOS, LIBERDADES

XORNALISMO, DIREITOS, LIBERDADES

Con o gallo da celebración do Dia Internacional do Direito a Saber (28 de SETembro), Esculca mantivo entrevistas con representantes do Colexio Profesional e o Sindicato de Xornalistas para comentar a intención do noso observatório de promover a promulgación de unha Lei de Aceso à Información, informá-los da celebración –o próximo mes de Novembro- de II Encontro en Defensa dos Direitos e Liberdades, que este ano será dedicado a analisar este importante mecanismo de participación democrática na xestión dos asuntos públicos, e estudar posíveis vias de colaboración.

Tanto o Sindicato como o Colexio mostraron o seu interese por esta iniciativa e manifestaron a sua disponibilidade para contribuir ao seu desenvolvimento.


Ler mais...

10 OUTUBRO: CONTRA A PENA DE MORTE

10 OUTUBRO: CONTRA A PENA DE MORTE

La Coalición Mundial Contra a Pena de Morte organiza cada 10 de Outubro o Dia Mundial contra a Pena de Morte con o propósito de mobilizar persoas de todo o mundo a favor da supresión deste tipo de condenas. Este ano, o dia será dedicado à abolición en África.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN