IMIGRACIÓN E DIREITOS HUMANOS

IMIGRACIÓN E DIREITOS HUMANOS

SETe importantes asociacións europeas que traballan no ámbito da defensa dos direitos humanos, suscreveron onte un contundente manifesto conxunto urxindo às autoridades do EE, da UE e de Marrocos a pór termo de imediato à violéncia que exercen contra as persoas que chegan à fronteira fuxindo da fame e os conflitos políticos de África. Lembran estas asociacións que os direitos recoñecidos pola lexislación internacional son indivisíveis e de aplicación universal.


Ler mais...

28 SETEMBRO: DIA INTERNACIONAL DO DIREITO A SABER

28 SETEMBRO: DIA INTERNACIONAL DO DIREITO A SABER

No ano 1776, despois de un período politicamente convulso, o polifacético padre sueco-filandés Anders Chydenius (deputado, economista, taberneiro, viaxeiro) impulsionou a primeira lei de aceso à información de que o mundo ten memória: a “Lei para a Liberdade de Prensa e do Direito de Aceso às Actas Públicas”.


Ler mais...

SAÚDE E PRISIÓN

SAÚDE E PRISIÓN

A Coordenadora Estatal de Solidariedade coas Persoas Presas realiza este ano en Galiza o seu encontro anual os dias 29 e 30 de Outubro.

No decurso deste encontro terán lugar duas Xornadas de análise e debate sobre Formación e Estratéxias en relación coa SAÚDE e o CÁRCERE.


Ler mais...

NOVOS APOIOS AO PROTOCOLO

NOVOS APOIOS AO PROTOCOLO

Nos últimos meses foron vários os estados que ratificaron o Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura: Croácia (25 de Abril), Máli (12 de Maio), Maurício (21 de Xuño), Xeórxia (9 de Agosto), Polónia e Suécia (14 de SETembro).

Nestes momentos son 46 os estados que asinaron e 13 os que xa ratificaron o Protocolo. O Estado español, que asinou o pasado 13 de Abril, ainda non o ratificou.

Mais información: www.apt.ch


Ler mais...

LIBERDADES PÚBLICAS – REDE EUROPEA

LIBERDADES PÚBLICAS – REDE EUROPEA

O próximo dia 19 terá lugar en Bruxelas o lanzamento da Rede Europea de Liberdades Civis (European Civil Liberties Network). Esta plataforma, fundada por oito grandes asociacións europeas e un nutrido grupo de persoas de recoñecida traxectória na defensa dos direitos e as liberdades, nasce con o propósito de documentar e analisar a situación das liberdades democráticas en Europa, oferecer información à sociedade e converter-se nun espazo de troca de experiéncias e colaboración entre os colectivos que traballan no ámbito das liberdades públicas.

Constituen a rede, para alén das persoas e grupos fundadores, un elevado número de asociacións europeas, entre elas Esculca.

Podes ler aqui o Manifesto.


Ler mais...

II ENCONTRO (O DIREITO DE ACESO À INFORMACIÓN)

II ENCONTRO (O DIREITO DE ACESO À INFORMACIÓN)

O II Encontro en Defensa dos Direitos e Liberdades organizado por EsCULcA, que se celebrará en Vigo os dias 16, 17 e 18 de Novembro, contará con a participación de representantes de Statewatch (Ben Hayes), Open Society (Helen Darbishire), Instituto Prensa y Sociedad (Javier Casas) e Sustentia (Juan José Cordero).

Participarán tamén Marc Carrillo (profesor do Departamento de Direito da Universidade Pompeu Fabra), Anxo Quintela (Director de Vieiros) e Fernando Martínez Randulfe (Presidente de EsCULcA).

As conferências públicas terán lugar às 19,30 no Centro Cultural Caixanova, de acordo con o seguinte PROGRAMA.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN