LIBERDADES PÚBLICAS – REDE EUROPEA

LIBERDADES PÚBLICAS – REDE EUROPEA

O próximo dia 19 terá lugar en Bruxelas o lanzamento da Rede Europea de Liberdades Civis (European Civil Liberties Network). Esta plataforma, fundada por oito grandes asociacións europeas e un nutrido grupo de persoas de recoñecida traxectória na defensa dos direitos e as liberdades, nasce con o propósito de documentar e analisar a situación das liberdades democráticas en Europa, oferecer información à sociedade e converter-se nun espazo de troca de experiéncias e colaboración entre os colectivos que traballan no ámbito das liberdades públicas.

Constituen a rede, para alén das persoas e grupos fundadores, un elevado número de asociacións europeas, entre elas Esculca.

Podes ler aqui o Manifesto.


Ler mais...

II ENCONTRO (O DIREITO DE ACESO À INFORMACIÓN)

II ENCONTRO (O DIREITO DE ACESO À INFORMACIÓN)

O II Encontro en Defensa dos Direitos e Liberdades organizado por EsCULcA, que se celebrará en Vigo os dias 16, 17 e 18 de Novembro, contará con a participación de representantes de Statewatch (Ben Hayes), Open Society (Helen Darbishire), Instituto Prensa y Sociedad (Javier Casas) e Sustentia (Juan José Cordero).

Participarán tamén Marc Carrillo (profesor do Departamento de Direito da Universidade Pompeu Fabra), Anxo Quintela (Director de Vieiros) e Fernando Martínez Randulfe (Presidente de EsCULcA).

As conferências públicas terán lugar às 19,30 no Centro Cultural Caixanova, de acordo con o seguinte PROGRAMA.


Ler mais...

O QUE É UNHA LEI DE ACESO À INFORMACIÓN?

O QUE É UNHA LEI DE ACESO À INFORMACIÓN?

Unha Lei de aceso à Información (LAI) é unha lei que outorga aos cidadáns (ou aos residentes ou partes interesadas) o direito de obteren información dos poderes públicos sen necesidade de demonstraren interese legal. Nas LAI os documentos governamentais asumen-se como públicos, a non ser que a própria lei especifique o contrário, e as persoas poden conseguir esa información sen explicaren por qué o para qué a precisan. En resumo, as LAI implican a troca do princípo de aceso à información governamental desde a base dunha “necesidade de coñecer” ao princípio dun “direito a coñecer”.


Ler mais...

EsCULcA NA AUDIÉNCIA

EsCULcA NA AUDIÉNCIA

O pasado 18 de Abril o Vice-Presidente de EsCULcA, Guillermo Presa Suárez, asistiu como Observador ao xuízo que se celebrava na Audiéncia Nacional contra un grupo de xovens vascos acusados de pertenceren a organizacións xuvenis abertzales que o xuiz instrutor (Baltasar Garzón) relaciona con grupos armados no sumários acumulados 18/01 e 15/02.

Este é o seu relatório: CRÓNICA DUN DIA NO XUÍZO A JARRAI-HAIKA-SEGI NA AUDIÉNCIA NACIONAL.


Ler mais...

PRISãO DOS NãO-NACIONAIS

PRISãO DOS NãO-NACIONAIS

O próximo 15 de SETembro, no Auditório Afonso de Barros de Lisboa, terá lugar a Conferéncia: “Instituições Sociais e a Justiça Social –o caso da Prisão de não-nacionais”. A Conferéncia é unha dupla celebración, por umha parte apresenta as conclusións de un proxecto multidisciplinar sobre “Prisão de não-nacionais” e pola outra anuncia a primeira edición (2005/06) de un curso de mestrado sobre “Instituiçoes Sociais e a Justiça Social”.


Ler mais...

RELATÓRIO ANUAL AI

RELATÓRIO ANUAL AI

A Associaçao contra a Exclusao e pelo Desenvolvimento publica na sua páxina un interesante comentário sobre o último relatório de Amnnistia Internacional.

“Quatro anos após o 11 de SETembro, a promessa de fazer do mundo um lugar mais seguro permanece vazia”, afirma Irene Khan, secretária-geral da Amnistia Internacional (AI), no prefácio do relatório anual da organização britânica de defesa dos direitos humanos. O documento afirma que os governos “traíram” a sua promessa de criar uma nova ordem mundial baseada nos direitos humanos e estão a perseguir uma “agenda perigosa”.


Ler mais...

DIA DO DIREITO A SABER

DIA DO DIREITO A SABER

A reivindicación do direito a saber converteu-se nos últimos anos nun movimento de alcance global que comezou xa a dar resultados salientáveis Por unha parte, o despertar de unha consciéncia cada vez mais ampla da importáncia que para a sociedade ten poder aceder à información dos poderes públicos, pola outra a aprovación en diferentes países de leis que regulan este direito.


Ler mais...

O PROTOCOLO EN PORTUGAL

O PROTOCOLO EN PORTUGAL

Como xa tivemos ocación de comentar en ocasións anteriores, tamén en Portugal, un grupo de organizacións “solidárias com a iniciativa internacional para obter dos respectivos Estados a subscrição do Protocolo Adicional do Tratado da ONU contra a tortura, para que este possa entrar em vigor, juntou-se para participar e organizar a parte portuguesa, que culminará, no dia Internacional contra a Tortura – 26 de Junho de 2005. A acção pública prevista realizar-se-á na véspera, dia 25”.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN