CARCERE DA LAMA

CARCERE DA LAMA

O 21 de Xuño, Miro Fernández foi hospitalizado na enfermeria do cárcere da Lama despois de engolir duas pillas e queimar o colchón da sua cela. O interno, que padece Sida, pretendia asi protestar polas duras condicións a que estava submetido na cela de isolamento onde fora recluído a raiz de un altercado con outro interno de orixe árabe. Durante os meses que se prolongou a sua reclusión neste módulo as suas defesas desceron de 255 a 6 devido sobretodo, ao que parece, a falta de atención médica adecuada.


Ler mais...

QUEIMADO EN VIGO

QUEIMADO EN VIGO

Celso Arosa Gaspar, interno no cárcere de Vigo, foi ingresado en coma na Clínica POVISA a consecuéncia das graves queimaduras que sofreu na sua cela pouco despois de ter explicado a un funcionário do centro as razóns da sua auséncia no reconto diário.


Ler mais...

EMIGRANTES NA UE

EMIGRANTES NA UE

Dous importantes relatórios sobre racismo acaban de ser feitos públicos: O Relatório anual de SOS Racismo, onde se documenta a situación de penúria en que son obrigadas a sobreviver no Estado Español as persoas migrantes e o incremento no número de mortes no Estreito de Xibraltar, e o Relatório do Observatório Europeu de Racismo e Xenofobia, correspondente aos anos 2001-2004. Neste extenso documento, que estuda vários aspectos da situación nos 15 estados que formavan a UE antes da última ampliación, o español aparece como un dos cinco estados (Grécia, Itália, Luxemburgo e Portugal son os outros catro) que pior información proporcionan sobre as condicións en que vive a populación emigrante.


Ler mais...

RELATÓRIO DE HUMAN RIGHTS WATCH

RELATÓRIO DE HUMAN RIGHTS WATCH

Human Rights Watchs acaba de publicar un documentado relatório, Still at Risk. Diplomatic Assurances don’t safeguard against torture, sobre a prática, cada vez mais estendida, de os governos europeus e norte-americanos (EE.UU. e Canadá) entregaren persoas suspeitosas de algun tipo de relación con grupos armados a países en que se pratica a tortura.

“Os governos que se xustifican alegando garantias diplomáticas saben perfeitamente que estas garantias non protexen contra a tortura… mais contra o terror, parece-lles unha solución prática. Só a presión pública en Europa e Norte América poderá frear esta tendéncia negativa”. Kenneth Roth, Director Executivo de Human Rights Watch


Ler mais...

LIBERDADE DE EXPRESIÓN

LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Con motivo da próxima celebración do Dia Internacional da Liberdade de Prensa (3 de Maio), a IFEX (International Freedom Expresion eXchange), acaba de publicar un manual de 120 páxinas (Organización de campañas a favor da liberdade de expresión) que inclui a descrición de recursos e materiais de consulta, asi como o estudo de casos concretos e o deseño de campañas.

“Este manual proporciona exemplos ilustrativos de como utilizar unha ampla gama de técnicas para persuadir os governos a actuar de forma menos represiva”, afirma Luckson Chipare, representante de IFEX.

O texto, que está disponível en inglés, francés e español, será apresentado na conferéncia da UNESCO que terá lugar en Dacar do 1º ao 3 de Maio de 2005.


Ler mais...

ACESO À INFORMACIÓN

ACESO À INFORMACIÓN

Dezaseis organizacións europeas que traballan na defensa da liberdades públicas solicitaron ao Consello de Europa a redacción de un tratado vinculante pan-europeu sobre o aceso à información.

Un tratado destas características “deveria garantir o direito de todas as persoas ao aceso à información en poder dos organismos públicos, incluídos os poderes xudicial e lexislativo, asi como daqueles organismos que realicen funcións públicas e operen con fondos públicos”, afirman os grupos asinantes da solicitude, que recordan que xa en 2002 o Consello de Europa recomendava aos “estados membros faceren o maior esforzo para garantir a disponibilidade ao público da información contida en documentos oficiais, suxeito à protección de outros direitos e intereses lexítimos”.


Ler mais...

ONU: 13 NOVOS CASOS DE TORTURA NO EE

ONU: 13 NOVOS CASOS DE TORTURA NO EE

O Novo Relator Especial para a Tortura das Nacións Unidas, o austriaco Manfred Nowak, apresentou o último relatório perante a Comisión de Direitos Humanos no seu 61 período de sesións en Xenebra, Suiza. Na sua intervención Nowak asumiu o relatório do seu predecesor Theo van Boven de quen subliñou o “profisoinalismo e a capacidade de traballo”, afirmando que tenciona seguir os seus pasos.


Ler mais...

UN ANO DE POLÍTICA PENITENCIÁRIA

UN ANO DE POLÍTICA PENITENCIÁRIA

A Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía (APDHA) acaba de facer público o seu balanzo da política penitenciária do executivo Zapatero durante o primeiro ano de governo: Valoraciones de la APDHAde las cárceles tras un año de Mercedes Gallizo.

Nun comunicado breve e preciso, a APDHA analisa as condicións de vida no interior dos cárceres (as consecuéncias do ateigamento dos centros penitenciários, as posibilidades de aceso ao traballo e à formación, a lóxica do sistema punitivo, a invasión da intimidade das persoas reclusas, etc.), examina as medidas que se tomaron ou está previsto tomar (construción de novos centros) e estabelece as suas conclusións.


Ler mais...

A COORDENADORA CON O VALEDOR

A COORDENADORA CON O VALEDOR

O 17 de Marzo a Coordenadora para a Prevención da Tortura mantivo unha entrevista con o Valedor do Pobo para solicitar o seu apoio à iniciativa da plataforma a favor da asinatura, ratificación e execución do Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura das NN.UU.

A delegación da Coordenadora entregou ao Valedor diversos documentos en que se acredita a prática de tortura e maus tratos en comisarias e cárceres do Estado español, as recomendacións para prevenir esta prática elaboradas por Amnistia Internacional, Human Rights Watch, o Relator Especial da ONU, o proxecto Challenge, etc. asi como o texto íntegro do Protocolo cuxa execución se solicita, a relación de asociacións que apoian a campaña (mais de trinta nestes momentos) e a relación de estados que xa asinaron e/ou ratificaron o Protocolo.

O Valedor comprometeu-se a examinar detidamente a documentación entregada e estudar a posibilidade de realizar as xestións solicitadas pola Coordenadora:

-Instar o governo español a asinar, ratificar e executar o Protocolo.

-Prestar publicamente o seu apoio a esta iniciativa.

-Facer xestións con os valedores doutras comunidades para estudaren a posibilidade de unha actuación conxunta neste mesmo sentido.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN