LIBERDADE DE EXPRESIÓN

LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Con motivo da próxima celebración do Dia Internacional da Liberdade de Prensa (3 de Maio), a IFEX (International Freedom Expresion eXchange), acaba de publicar un manual de 120 páxinas (Organización de campañas a favor da liberdade de expresión) que inclui a descrición de recursos e materiais de consulta, asi como o estudo de casos concretos e o deseño de campañas.

“Este manual proporciona exemplos ilustrativos de como utilizar unha ampla gama de técnicas para persuadir os governos a actuar de forma menos represiva”, afirma Luckson Chipare, representante de IFEX.

O texto, que está disponível en inglés, francés e español, será apresentado na conferéncia da UNESCO que terá lugar en Dacar do 1º ao 3 de Maio de 2005.


Ler mais...

INDÍCIOS DE DELITO

INDÍCIOS DE DELITO

Acollendo-se ao Direito de Petición do Art. 29 da Constituición Española, o Movemento polos Dereitos Civis dirixiu-se ao Ministério Fical solicitando esclarecimento sobre as razóns da diferente atitude deste Ministério en situacións aparentemente similares. A perplexidade do MpDC ten a sua orixe na decisión do Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Galiza de arquivar as dilixéncias abertas a raiz das denúncias apresentadas polas declaracións de Enrique López Veiga sobre un suposto “aumento notable” do património de alguns políticos galegos no exercício do seu cargo, actuación que contrasta abertamente con a decisión do Fiscal Xefe do Tribunal Superior de Catalunya de abrir dilixéncias para investigar a veracidade das afirmacións do President da Generalitat sobre o suposto pagamento de comisións a políticos cataláns pola adxudicación de obras (o famoso 3%).


Ler mais...

REGULAMENTO DA LEI PENAL DO MENOR A DEBATE

REGULAMENTO DA LEI PENAL DO MENOR A DEBATE

Despois que o pasado 29 de Outubro, a Coordenadora Estatal de Solidariedade con as Persoas Presas, interpuxese Recurso Directo contra o Real Decreto “polo que se aprova o Regulamento que desenvolve a Lei Penal do Menor”, instando a suspensión cautelar da sua entrada en vigor, o Grupo Parlamentário Mixto do Congreso formulou unha Proposición non de Lei para o seu debate en Comisión.


Ler mais...

AO ALCALDE DO CONCELLO DE COMPOSTELA

AO ALCALDE DO CONCELLO DE COMPOSTELA

EsCULcA. Observatório para a Defensa dos Direitos e Liberdades, e no seu nome e representación FERNANDO MARTÍNEZ RANDULFE, con D.I. nº 7.635.547,

EXPRESA a sua solidariedade con as persoas que foron agredidas por axentes das Polícias Nacional e Autonómica cando se manifestavan pacificamente diante do Parlamento de Galiza o 3 de Decembro de 2002, dia en que se celebrava o primeiro pleno da cámara galega para debater as causas e consecuéncias da catástrofe provocada polo naufráxio e afundimento do Prestige.

Seis destas persoas, as seis que apresentaron denúncia por agresión contra nove axentes, foron denunciadas posteriormente polo Concello de Compostela por un delito de danos.


Ler mais...

DECLARADA ILEGAL A LEI ANTI-TERRORISTA BRITÁNICA

DECLARADA ILEGAL A LEI ANTI-TERRORISTA BRITÁNICA

”A resolución da Corte de Apelación da Cámara dos Lores (a mais alta maxistratura británica) declarando ilegal a prisión indefinida sen xuizo nen cargos de nove prisioneiros –a maioria internos do cárcere de Belmarsh- constitui unha das mais importants decisions da história constitucional do Reino Unido”, afirma o director de Liberty, Shami Chakrabarti.

“As xerazóns futuras lembrarán con orgullo que hoxe a mais alta maxistratura británica optou pola defensa dos valores democráticos frente à política do medo.

O internamento indefinido destas persoas é unha chaga purulenta que infectou durante case tres anos a nosa consciéncia. Actuando como xuiz, xúri e carcereiro, o Governo escarneceu os valores que di defender. Agora toca-lle actuar con honradez e inculpar ou pór en liberdade sen demora as persoas retidas”.

O texto integral da resolución do alto tribunal británico pode ver-se en Documentos.


Ler mais...

PERSONA NON GRATA

PERSONA NON GRATA

O pasado dia 14, perante a provável designación de Alberto R. González como Attorney General dos EE.UU., Esculca dirixiu-se a cada un dos tres grupos do Parlamento de Galiza solicitando debatan e consensuen unha Resolución Parlamentar que declare PERSOA NON GRATA en todo o território galego o citado Sr. González, “un dos arquitectos das regras que rexen a terrível e indigna sorte dos prisioneiros de Guantánamo, e dos Tribunais Militares de excepción; e non alleo, en razón do seu cargo, às non menos terríveis sevícias perpetradas en Abu Grahib”.

Esculca solicitou tamén dos grupos da cámara galega a inciación dos trámites para instar o Governo Galego a facer unha declaración pública neste mesmo sentido asi como a realizar as xestións necesárias perante os parlamentos español e europeu para que igualmente manifesten a sua preocupación por este nomeamento.


Ler mais...

AMNISTIA INTERNACIONAL DENUNCIA TORTURAS NO ESTADO ESPAÑOL

AMNISTIA INTERNACIONAL DENUNCIA TORTURAS NO ESTADO ESPAÑOL

Non hai reparación satisfatória para as vítimas de tortura e maus tratos.

Amnistia Internacional denuncia impunidade de facto para os funcionários responsáveis destes delitos.

A Sección Española de Amnistia Internacional (AI) fixo público o pasado dia 3 de Decembro o seu relatório “España, acabar con a dobre inxustiza. As vítimas de tortura e maus tratos non son indemnizadas.” Neste documento AI denuncia a impunidade de que parecen gozar os funcionários responsáveis de tortura e maus tratos asi como a auséncia de medidas eficaces para resarcir as vítimas.


Ler mais...

LIBERDADE DE INFORMACIÓN

LIBERDADE DE INFORMACIÓN

O 7 de Outubro de 2003, a ACLU (American Civil Liberties Union), xunto con outras organizacións civis (Physicians for Human Rights, Veterans for Common Sense, Veterans For Peace…) iniciou unha acción xudicial para reclamar, ao amparo do disposto na Lei de Liberdade de Información (Freedom of Information Act – FOIA), a desclasificación da información relativa aos prisioneiros dos EE.UU.

Mais de 600 documentos que o governo pretendia substrair ao coñecimento público, incluído un memorando do FBI en que se descreve como funcionários do Departamento de Defensa interrogan un prisioneiro de Guantánamo simulando ser axentes do FBI e utilizando “técnicas de tortura”, poden agora ser consultados en www.aclu.org.

“Unha leitura atenta destes textos demostra que ainda falta por desclasificar muitos outros documentos importantes” –afirma ACLU-. “Continuaremos luitando por defender o direito da sociedade a coñecer a actuación do governo e a saber por que se permitiron estes abusos e quen son os responsáveis.”


Ler mais...

GALIZA

Denúncia contra Fran del Buey

Denúncia contra Fran del Buey

O pasado 27 de Outubro celebrou-se a vista oral contra Fran del Buey, Presidente de PreSOS-Galiza, imputado por un delito de denúncia falsa e outro de falso testemuño a raiz da denúncia apresentada contra el por axentes da polícia municipal de Compostela.

Como informamos no seu dia, a denúncia tivo a sua orixe nos feitos acontecidos na Rua de San Pedro desa cidade a noite do 30 de Decembro de 2004, cando unha discusión entre o condutor dun veículo e un viandante deu lugar a unha actuación policial que Fran del Buey e outras persoas ali presentes consideraron inxustificadamente violenta.

Ao responderen os axentes con ameazas às palabras do Presidente de PreSOS-Galiza que os instava a deteren a agresión, o Sr. del Buey decidiu apresentar queixa no Xulgado de Instrución de Compostela. Despois de un xuízo que a Comisión de Denúncia de Galiza calificou de irregular, os axentes resultaron absolvidos e entenderon que era à sua vez de denunciar Fran del Buey.

A vista oral

Por parte da Fiscalia e a acusación particular, foron chamados a declarar catro axentes e unha testemuña presencial, que ofereceron versións contraditórias sobre o desenvolvimento dos feitos. O xuiz viu-e obrigado a chamar à orde un dos axentes pola atitude sobranceira que adoptava perante as perguntas do advogado defensor. Quen non pudo declarar foi o cidadán agredido aquel 30 de Decembro, Francisco J. Rey González, que non pudo chegar a tempo a audiéncia por un problema de tráfico.

Tampouco puderon prestar declaración os membros de diferentes colectivos cívicos convocados pola defensa (EsCULcA, Nais en Loita, PreSOS-Galiza, Comisión de Denúncia, Coléxio de Advogados de Ourense, etc.). Neste caso, por o xuiz ter decidido non aceitar outros testemuños que non fosen os das persoas presentes no momento de aconteceren os feitos.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN