VIOLÉNCIA CONTRA AS MULLERES

VIOLÉNCIA CONTRA AS MULLERES

A celebración no dia de hoxe, 25 de Novembro, do Dia Internacional contra a Violéncia de Género e o recente anúncio da próxima elaboración dunha lei galega que contribua a dar cabo desta lacra social, convida-nos a reflectir sobre a forma e os meios que a sociedade galega quer empregar para pór fin a tan grave problema: tomar como exemplo a lei de ámbito español, con eivas reiteradamente denunciadas e cuxa eficácia -por agora- parece mais que duvidosa ou abrir un debate social sen preconceitos na busca de solucións mais efectivas e progresistas?


Ler mais...

INDULTO PARA AXENTES CONDENADOS POR TORTURA

INDULTO PARA AXENTES CONDENADOS POR TORTURA

O Consello de Ministros do pasado 25 de Novembro aprovou a concesión dun indulto parcial para os tres axentes da polícia local de Vigo condenados pola Audiéncia de Pontevedra a tres anos de cárcere e oito de inabilitación por deteren ilegalmente e agrediren un vendedor ambulante de nacionalidade senegalesa, Sr. Mamadou Kane. O indulto, que fora solicitado polo anterior alcalde de Vigo, Sr. Ventura Pérez Mariño, evitará que os axentes ingresen en prisión e sexan inabilitados.

O 16 de Marzo de 1997, Sebastián F.E., Elena F.B., Juan Manuel P.R. e Celso A.B. detiveron na praia de Samil o Sr. Kane e conduciron-no a un monte próximo ao campus universitário onde o insultaron e mallaron nel durante mais dunha hora, segundo consta na denúncia. Posteriormente o agredido foi posto en liberdade sen nengun tipo de cargos.


Ler mais...

PROTOCOLO FACULTATIVO

PROTOCOLO FACULTATIVO

O 10 de Decembro, Dia Internacional dos Direitos Humanos, eran 49 os estados que tiñan asinado o Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura e 16 os que xa o ratificaran. Tendo en conta que con 50 estados asinantes e 20 ratificantes, comeza a conta atrás para o Protocolo iniciar os trámites da sua posta en funcionamento, é de esperar que a inícios do próximo 2006 se poda pór en marcha o proceso con a participación activa das persoas e asociacións que levan anos traballando pola eliminación desta lacra social.


Ler mais...

COMO NOS FILMES

COMO NOS FILMES

Os últimos documentos declasificados a requerimento de várias asociacións norte-americanas (American Civil Liberties Union, Center for Constitutional Rights, Physicians for Human Rights, Veterans for Common Sense and Veterans for Peace) confirman mais unha vez que os abusos e torturas contra persoas detidas no Iraque son prática cuotidiana.

Estes documentos revelan tamén a absoluta falta de información dos soldados estadounidenses no que às normas internacionais para o tratamento de prisioneiros di respeito. Caréncia que provocou xa várias mortes e que eles supren, declaran os própios militares, con o que “lembram teren visto nos filmes”.

Troops Say They Used Techniques “Remembered From the Movies”; Deaths Could Have Been Avoided with Better Training


Ler mais...

TRANSPARÉNCIA E SILÉNCIO

TRANSPARÉNCIA E SILÉNCIO

O 26 de Outubro foi apresentado en Madrid, o relatório elaborado por Sustentia sore a situación do direito de aceso à información no Estado español.

Este estudo insere-se nun ambicioso proxecto dirixido e financiado por Open Society que inclui a análise da normativa e a prática de diferentes estados (por agora 14 estados de 3 continentes) e a promoción da mellor protección deste direito.

O relatório de Sustentia mostra un panorama en verdadade desalentador e revela unha escaso coñecimento e disposición das instituicións españolas a atender as demandas de información da sociedade.


Ler mais...

REDE EUROPEA DE LIBERDADES CIVIS

REDE EUROPEA DE LIBERDADES CIVIS

A European Civil Liberties Network acaba de publicar un importante brazado de ensaios sobre a situación dos direitos e liberdades públicas na Unión Europea: “As regras do xogo” (A. Sivanadan), “Encanto Europa dorme….” (Tony Bunyan), “Non hai equilíbrio entre seguranza e liberdades públicas, simplesmente míngua de ambas as duas” (Ben Hayes), “Lampedusa, banco de provas da privatizacion das fronteiras da UE” (Lorenzo Trucco), e vinte interesantes ensaios mais.


Ler mais...

EMIGRACIÓN E VIOLÉNCIA

EMIGRACIÓN E VIOLÉNCIA

Médicos Sen Fronteiras acaba de facer público un estremecedor relatório sobre a situación de emigrantes e solicitantes de asilo en Marrocos: Violencia e Inmigración. Neste documentado traballo descreven-se as atroces condicións en que se encontran as persoas que foxen da fame e as guerras ao chegar a Marrocos onde, vítimas da violéncia institucional e social, son submetidas a todo tipo de maus tratos e condenadas as mais das veces a unha morte certa.


Ler mais...

RETENCIÓN NON É SOLUCIÓN

RETENCIÓN NON É SOLUCIÓN

As organizacións IRIS (Franza),IRIS, France, BIT Internet B.V. (Holanda) Bits of Freedom, (Holanda), FifF( Alemaña), Electronic Frontier Finland ry (Finlándia), Netzwerk Neue Medien (Alemaña), Luna.nl,(Holanda), SIUG (Suíza), Stop1984 (Alemaña), CPSR-ES (Estado Español), Privacy International (Reino Unido), Statewatch (Reino Unido), GreenNet (Reino Unido) Digital Rights (Dinamarca) están recollendo asinaturas contra o proxecto de retención obrigatória de todos os dados relacionados con as nosas comuncicacións telefónicas, por fax e através da rede que prepara a UE.


Ler mais...

IMIGRACIÓN E DIREITOS HUMANOS

IMIGRACIÓN E DIREITOS HUMANOS

SETe importantes asociacións europeas que traballan no ámbito da defensa dos direitos humanos, suscreveron onte un contundente manifesto conxunto urxindo às autoridades do EE, da UE e de Marrocos a pór termo de imediato à violéncia que exercen contra as persoas que chegan à fronteira fuxindo da fame e os conflitos políticos de África. Lembran estas asociacións que os direitos recoñecidos pola lexislación internacional son indivisíveis e de aplicación universal.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN

  • Di a RAG que presunción de inocencia é “a que se debe manter, mentres non haxa sentenza condenatoria, contra a persoa a quen se lle imputa un delito”. Todas temos moi claro que esta é unha das bases fundamentais de calquera sociedade democrática. Mais como toda sociedade (e mesmo toda democracia) é imperfecta, vemos que o que presumimos como dereito básico é supostamente esquecido tanto polas administracións como pola cidadanía.

  • A claque do Celtic de Glasgow foi multada por envergar bandeiras da Palestina e Pep Guardiola, mais de uma vez, por ter o laço amarelo pela libertação dos presos políticos catalães. Apenas alguns exemplos de como, através do futebol, foi possível, em poucos minutos de emissão mundial, fazer passar uma mensagem a milhões de pessoas.

  • Un xuízo á disidencia política encadrado nun acto de rebelión e cuxos deputados teñen acima das cabezas a decisión última que adopte o Parlament. Así de sinxelo e así de cruel. E así de difícil. Europa déixaos en liberdade, e o Parlament ten que suspendelos?

  • Había trece días que o Llarena Solitario ou Cid Llaneador (dito con moito amor e respecto, como non podería ser doutro xeito) estaba reunido consigo mesmo moi forte meditando que día o diría. Trece días pensando: “Mañá? Non, mellor pasadomañá! Ai non, definitivamente que sexa o outro…”. Total, que ao final díxoo hoxe.

  • O concepto de lawfare foi gerado pelo general estadunidense Charles Dunlap, assessor do Pentágono, que o definiu como a tática para utilizar a lei como meio para alcançar um objetivo militar. O lawfare é menos letal, mais económico, e – em muitas oportunidades – mais efetivo que ações militares planificadas. Também é baseado na ideia de dar uma aparência de legalidade à excepcionalidade, à perseguição e à hostilidade.