EMIGRACIÓN E DIREITOS HUMANOS (II)

EMIGRACIÓN E DIREITOS HUMANOS (II)

As organizacións europeas de defensa dos direitos humanos, alarmadas pola actuación dos governos español e marroquino contra centos de persoas africanas que tentan entrar en Europa, alertan a opinión pública da extrema gravidade da situación e solicitan apoio ao Manifesto “APELO EUROPEU POLA DIGNIDADE – A EUROPA-FORTALEZA VAI DIRECTA CONTRA O MURO DA VERGOÑA”.


Ler mais...

RETENCIÓN DE DADOS

RETENCIÓN DE DADOS

O pasado dia 26 Privacy International e European Digital Rights, fixeron chegar a todos os membros do Parlamento Europeu un resumo das duas propostas (Comisión e Consello) que sobre Retención de Dados terán de ser debatidas en breve nesta cámara. Embora as duas sexan similares e os problemas que apresentan sexan igualmente graves, o resumo deita luz sobre alguns aspectos importantes a ter en conta en cada una delas.


Ler mais...

XORNALISMO, DIREITOS, LIBERDADES

XORNALISMO, DIREITOS, LIBERDADES

Con o gallo da celebración do Dia Internacional do Direito a Saber (28 de SETembro), Esculca mantivo entrevistas con representantes do Colexio Profesional e o Sindicato de Xornalistas para comentar a intención do noso observatório de promover a promulgación de unha Lei de Aceso à Información, informá-los da celebración –o próximo mes de Novembro- de II Encontro en Defensa dos Direitos e Liberdades, que este ano será dedicado a analisar este importante mecanismo de participación democrática na xestión dos asuntos públicos, e estudar posíveis vias de colaboración.

Tanto o Sindicato como o Colexio mostraron o seu interese por esta iniciativa e manifestaron a sua disponibilidade para contribuir ao seu desenvolvimento.


Ler mais...

10 OUTUBRO: CONTRA A PENA DE MORTE

10 OUTUBRO: CONTRA A PENA DE MORTE

La Coalición Mundial Contra a Pena de Morte organiza cada 10 de Outubro o Dia Mundial contra a Pena de Morte con o propósito de mobilizar persoas de todo o mundo a favor da supresión deste tipo de condenas. Este ano, o dia será dedicado à abolición en África.


Ler mais...

CEUTA E MELILLA

CEUTA E MELILLA

Con a participación de un elevado número de persoas de ambas as beiras do Mediterráneo, o pasado fin de semana tiveron lugar en Larache as Xornadas organizadas por Chabaka e a Asociación Pro-Derechos Humanos de Andalucía (APDHA) sobre o tema “Migración e Direitos Humanos”, onde se aprovou, entre outras resolucións, unha Declaración conxunta sobre os graves acontecimentos de Ceuta e Melilla.

As organizacións asinantes requeren agora o apoio a esta Declaración doutros colectivos europeus e marroquinos para posteriormente a apresentaren perante os respectivos parlamentos.

Podes ler e asinar aqui a Declaración
Ler mais...


O EXCEPCIONAL E O DRACONIANO CONVERTEN-SE EN NORMA

O EXCEPCIONAL E O DRACONIANO CONVERTEN-SE EN NORMA

Este é o expresivo título do relatório que Statewatch acaba de facer público sobre o que denomina “A emerxéncia do rexime contra-terrorista” (The exceptional and draconian become the norm). Trata-se de un estudo onde se examinan alguns documentos públicos (e outros secretos) en que o G8 e a UE deseñan a nova –e perigosa- estratéxia de actuación contra o risco de atentados.

“É inadmisível que se poda encarcerar persoas, ou confiná-las en arresto domiciliário, en base à tipificación de novos delitos de “incitación”, ao recurso a técnicas de vixiláncia masivas que incluirán gente inocente ou à modificación da norma para que a defensa non poda coñecer as provas inculpatórias ou a sua orixe. Nunha democracia, cando se vulneran os direitos e liberdades de uns poucos, vulneran-se os direitos e liberdades de todos”, afirma Tony Bunyan, Director de Statewatch.


Ler mais...

30 DE AGOSTO: DIA DAS PERSOAS DESAPARECIDAS

30 DE AGOSTO: DIA DAS PERSOAS DESAPARECIDAS

Manter recluída unha persoa en detención secreta, sen revelar a sua sorte e paradeiro, é un acto de tortura contra ela e a sua família que constitui en si mesmo violación de direitos humanos e pon a persoa “desaparecida” en perigo de sofrer outras torturas e maus tratos.

Segundo documentan vários relatórios oficiais dos EE.UU., un número indeterminado de persoas detidas na “guerra contra o terror” están recluídas sob custódia secreta en prisións descoñecidas ou en locais ocultos das prisións oficiais para asi as substrair ao controlo do Comité Internacional da Cruz Vermella.


Ler mais...

TRANSPARÉNCIA vs. PROTECCIÓN DE DADOS?

TRANSPARÉNCIA vs. PROTECCIÓN DE DADOS?

Peter Hustinx, Supervisor Europeu para a Protección de Dados, acaba de publicar un guia prático para o correcto exercício destes dous importantes direitos: Transparency vs. Data protection?.

“A transparéncia e a intimidade son direitos básicos e un non pode prevalecer sobre o outro”, afirma Hustinx. “En caso de conflito “a solución há encontrar-se nun exame cuidadoso de ambos os princípios”.


Ler mais...

A DEMOCRACIA NA ENCRUCILLADA?

A DEMOCRACIA NA ENCRUCILLADA?

Os dias 29 e 30 do próximo mes de SETembro, organizado polo Monash Institute for the Study of Global Movements (www.arts.monash.edu.au/ncas/democracy ) terá lugar en Prato (Itália) un foro internacional en que, sob o título A democracia na encrucillada? Contra-terrorismo e estado, serán postas a debate algunhas das medidas que toman os governos na chamada “guerra contra o terror”.

. lexislación anti-terrorista e estado de seguranza,

. o império da lei sobre o terreno e na lexislación,

. a politica de terror global,

. tortura, crimes de guerra e Convencións de Xenebra,

. a criación da figura do “non cidadán”,

. xornalistas incrustados, dentro e fora do estado.

Confirmaron xa a sua asisténcia: Tariq Ali, autor de The Clash of Fundamentalisms: crusades, jihads and modernity (2002) and Bush in Babylon (2003), Dr Marjorie (Mo) Mowlam, John Pilger, Sir Nigel Rodley KBE, John Keane, Tony Bunyan (Statewatch UK), Martin Woollacott (The Guardian), W. Wesley Pue, Thomas Mertens, Reem Bahdi, George Williams, Tony Coady, Lex Lasry QC, Stephen Kenny, Dr Ben Saul, Dr Guy Goodwin-Gill, Phil Scraton, Jenny Hocking, Colleen Lewis.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN

  • Di a RAG que presunción de inocencia é “a que se debe manter, mentres non haxa sentenza condenatoria, contra a persoa a quen se lle imputa un delito”. Todas temos moi claro que esta é unha das bases fundamentais de calquera sociedade democrática. Mais como toda sociedade (e mesmo toda democracia) é imperfecta, vemos que o que presumimos como dereito básico é supostamente esquecido tanto polas administracións como pola cidadanía.

  • A claque do Celtic de Glasgow foi multada por envergar bandeiras da Palestina e Pep Guardiola, mais de uma vez, por ter o laço amarelo pela libertação dos presos políticos catalães. Apenas alguns exemplos de como, através do futebol, foi possível, em poucos minutos de emissão mundial, fazer passar uma mensagem a milhões de pessoas.

  • Un xuízo á disidencia política encadrado nun acto de rebelión e cuxos deputados teñen acima das cabezas a decisión última que adopte o Parlament. Así de sinxelo e así de cruel. E así de difícil. Europa déixaos en liberdade, e o Parlament ten que suspendelos?

  • Había trece días que o Llarena Solitario ou Cid Llaneador (dito con moito amor e respecto, como non podería ser doutro xeito) estaba reunido consigo mesmo moi forte meditando que día o diría. Trece días pensando: “Mañá? Non, mellor pasadomañá! Ai non, definitivamente que sexa o outro…”. Total, que ao final díxoo hoxe.

  • O concepto de lawfare foi gerado pelo general estadunidense Charles Dunlap, assessor do Pentágono, que o definiu como a tática para utilizar a lei como meio para alcançar um objetivo militar. O lawfare é menos letal, mais económico, e – em muitas oportunidades – mais efetivo que ações militares planificadas. Também é baseado na ideia de dar uma aparência de legalidade à excepcionalidade, à perseguição e à hostilidade.