SOTO DEL REAL

SOTO DEL REAL

Ugio Caamanho, militante independentista en prisión preventiva en Soto del Real, apresentou o 24 de Agosto denúncia por maus tratos contra vários funcionários deste centro penitenciário. Segundo a denúncia, os funcionários levaron Ugio Caamanho ao módulo de isolamento e ali, encanto un deles o levantava segurando-o polo pescozo, os outros mallavan nel urxindo-o a despir-se. Ao ser conducido novamente à cela pudo comprovar que as suas pertenzas foran espalladas polo chan.


Ler mais...

O PROTOCOLO NO CONGRESO

O PROTOCOLO NO CONGRESO

A Mesa da Cámara acordou o pasado 12 de Xullo encomendar Ditame à Comisión de Asuntos Exteriores, polo procedimento de urxéncia, e estabelecer un prazo de oito dias hábeis para a presentación de emendas à totalidade ou a parte do articulado, a respeito da ratificación do Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura e outros Tratamentos ou Penas Cruéis, Desumanos ou Degradantes.


Ler mais...

TRIBUNAL MUNDIAL SOBRE O IRAQUE

TRIBUNAL MUNDIAL SOBRE O IRAQUE

Entre os dias 24 e o 27 de Xuño tiveron lugar en Istambul as últimas sesións do Tribunal Mundial sobre o Iraque, integrado por un total de 54 xuristas pertencentes a numerosos países, entre eles o próprio Iraque, os EE.UU. e a Gran-Bretaña.


Ler mais...

ONU: 13 NOVOS CASOS DE TORTURA NO EE

ONU: 13 NOVOS CASOS DE TORTURA NO EE

O Novo Relator Especial para a Tortura das Nacións Unidas, o austriaco Manfred Nowak, apresentou o último relatório perante a Comisión de Direitos Humanos no seu 61 período de sesións en Xenebra, Suiza. Na sua intervención Nowak asumiu o relatório do seu predecesor Theo van Boven de quen subliñou o “profisoinalismo e a capacidade de traballo”, afirmando que tenciona seguir os seus pasos.


Ler mais...

UN ANO DE POLÍTICA PENITENCIÁRIA

UN ANO DE POLÍTICA PENITENCIÁRIA

A Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía (APDHA) acaba de facer público o seu balanzo da política penitenciária do executivo Zapatero durante o primeiro ano de governo: Valoraciones de la APDHAde las cárceles tras un año de Mercedes Gallizo.

Nun comunicado breve e preciso, a APDHA analisa as condicións de vida no interior dos cárceres (as consecuéncias do ateigamento dos centros penitenciários, as posibilidades de aceso ao traballo e à formación, a lóxica do sistema punitivo, a invasión da intimidade das persoas reclusas, etc.), examina as medidas que se tomaron ou está previsto tomar (construción de novos centros) e estabelece as suas conclusións.


Ler mais...

A COORDENADORA CON O VALEDOR

A COORDENADORA CON O VALEDOR

O 17 de Marzo a Coordenadora para a Prevención da Tortura mantivo unha entrevista con o Valedor do Pobo para solicitar o seu apoio à iniciativa da plataforma a favor da asinatura, ratificación e execución do Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura das NN.UU.

A delegación da Coordenadora entregou ao Valedor diversos documentos en que se acredita a prática de tortura e maus tratos en comisarias e cárceres do Estado español, as recomendacións para prevenir esta prática elaboradas por Amnistia Internacional, Human Rights Watch, o Relator Especial da ONU, o proxecto Challenge, etc. asi como o texto íntegro do Protocolo cuxa execución se solicita, a relación de asociacións que apoian a campaña (mais de trinta nestes momentos) e a relación de estados que xa asinaron e/ou ratificaron o Protocolo.

O Valedor comprometeu-se a examinar detidamente a documentación entregada e estudar a posibilidade de realizar as xestións solicitadas pola Coordenadora:

-Instar o governo español a asinar, ratificar e executar o Protocolo.

-Prestar publicamente o seu apoio a esta iniciativa.

-Facer xestións con os valedores doutras comunidades para estudaren a posibilidade de unha actuación conxunta neste mesmo sentido.


Ler mais...

A TORTURA NO CONGRESO DE DEPUTADOS

A TORTURA NO CONGRESO DE DEPUTADOS

O pasado 26 de Abril, o grupo parlamentar de Esquerra Republicana de Catalunya apresentou no Congreso de Deputados unha interpelación urxente sobre a política xeral do governo en relación con a tortura e os maus tratos nos centros de detención do Estado Español e posteriormente unha moción, consecuéncia desta interpelación, sobre a necesidade de seren adoptadas sen demora accións, entre elas a ratificación e execución do Protocolo Facultativo, contra a tortura e os maus tratos.


Ler mais...

A COORDENADORA NO PARLAMENTO

A COORDENADORA NO PARLAMENTO

Os pasados dias 22 e 23, unha delegación da Coordenadora para a Prevención da Tortura mantivo as primeiras entrevistas con representantes dos tres grupos do Parlamento Galego a fin de analisaren conxuntamente a posibilidade de a Cámara Galega apoiar activamente a iniciativa desta plataforma a favor da asinatura, ratificación e execución do Protocolo à Convención contra a Tortura das Nacións Unidas.

Apoio que, segundo a Coordenadora, poderia comezar a materializar-se en tres primeiras actuacións:

a) Instar o governo español a que ratifique de imediato o Protocolo e inicie os trámites para o estabelecimento de un mecanismo de visitas aos centros de detención;

b) Reclamar competéncias para a Comunidade Autónoma en matéria de política penitenciária a fin de poder estabelecer un mecanismo análogo de ámbito galego;

c) Integrar o persoal sanitário dos cárceres galegos, na actualidade dependentes de Instituicións Penitenciárias, no SERGAS, tal como se prevé na Lei de Coesión e Calidade do Sistema Nacional de Saúde (Disposición adicional sexta: Transferéncia às comundidades autónomas dos servizos e instituicions sanitárias dependentes de instituicions penitenciárias).


Ler mais...

SALDO NEGATIVO

SALDO NEGATIVO

“A reunión da Comisión de Direitos Humanos da ONU deste ano conclui sen teren sido abordados os casos mais graves de violacións que aflixen o mundo” afirma Human Rights Watch no balanzo publicado o 22 de Abril ”UN. Human Rights Body Ignore Mayor Abuses”, dia da clausura da Sesión anual. “O que demonstra que é preciso substituir esta Comisión por un organismo novo e mais efectivo como recentemente manifestou o Secretário Xeral”, acentua esta organización humanitária que xa no início das sesións puxera en evidéncia o paradoxo de un organismo destas características incluir entre os seus membros governos responsáveis de crimes contra a humanidade.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN

  • Di a RAG que presunción de inocencia é “a que se debe manter, mentres non haxa sentenza condenatoria, contra a persoa a quen se lle imputa un delito”. Todas temos moi claro que esta é unha das bases fundamentais de calquera sociedade democrática. Mais como toda sociedade (e mesmo toda democracia) é imperfecta, vemos que o que presumimos como dereito básico é supostamente esquecido tanto polas administracións como pola cidadanía.

  • A claque do Celtic de Glasgow foi multada por envergar bandeiras da Palestina e Pep Guardiola, mais de uma vez, por ter o laço amarelo pela libertação dos presos políticos catalães. Apenas alguns exemplos de como, através do futebol, foi possível, em poucos minutos de emissão mundial, fazer passar uma mensagem a milhões de pessoas.

  • Un xuízo á disidencia política encadrado nun acto de rebelión e cuxos deputados teñen acima das cabezas a decisión última que adopte o Parlament. Así de sinxelo e así de cruel. E así de difícil. Europa déixaos en liberdade, e o Parlament ten que suspendelos?

  • Había trece días que o Llarena Solitario ou Cid Llaneador (dito con moito amor e respecto, como non podería ser doutro xeito) estaba reunido consigo mesmo moi forte meditando que día o diría. Trece días pensando: “Mañá? Non, mellor pasadomañá! Ai non, definitivamente que sexa o outro…”. Total, que ao final díxoo hoxe.

  • O concepto de lawfare foi gerado pelo general estadunidense Charles Dunlap, assessor do Pentágono, que o definiu como a tática para utilizar a lei como meio para alcançar um objetivo militar. O lawfare é menos letal, mais económico, e – em muitas oportunidades – mais efetivo que ações militares planificadas. Também é baseado na ideia de dar uma aparência de legalidade à excepcionalidade, à perseguição e à hostilidade.