CONTRA A VIXILÁNCIA MASIVA

CONTRA A VIXILÁNCIA MASIVA

“Con a escusa da “guerra contra o terrorismo”, asistimos nestes momentos à execución de un vasto programa de rexisto e controlo. Rexistan-se cidadáns, espia-se os pasaxeiros, vixian-se case todas as comunicacións e transaccións. Despois esta información, armacenada en bases de dados en todo o mundo, é examinada, cruzada e compartillada por policias, organismos de seguranza e governos que manteñen controladas populacións inteiras”, afirma a Coalición Internacional de Liberdades Civis (CSILC), que, en colaboración con a American Civil Liberties Union, Statewatch e un centenar de grupos de todo o mundo (entre eles EsCULcA) desenvolve unha importante inciativa global, a Campaña Internacional Contra a Vixiláncia Masiva, para pór fin a estes ataques à vida privada, à liberdade de expresión e aos direitos humanos.


Ler mais...

ACTO EN OURENSE

ACTO EN OURENSE

No dia 13 de Abril celebrou-se en Ourense, no café cultural AURIENSE, un acto organizado pola COMISIÓN DE DENÚNCIA DA GALIZA en que, sob o titulo “INICIATIVAS SOCIAIS CONTRA A TORTURA”, participaron representantes da COORDENADORA PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA, COMISSOM DE DENÚNCIA DA GALIZA e A COMISSOM DE AsSESsORAMENTO JURÍDICO PENITENCIÁRIO DO COLÉGIO DE ADVOGADOS DE OURENSE.


Ler mais...

PARLAMENTO DE CATALUÑA

PARLAMENTO DE CATALUÑA

O Parlamento de Cataluña aprovou por unanimidade unha Proposición non de Lei, apresentada polo grupo do PSC-Ciutadans pel Canvi, para solicitar ao Governo do Estado que controle a prática de torturas às persoas detidas.

A iniciativa parte de unha sentenza do Tribunal Europeu de Direitos Humanos, feita pública o 2 de Novembro de 2004, que condenava o Estado Español por vulneración do artigo 3º da Convención Europea de Direitos Humanos. Por outra parte, o 6 de Febreiro de 2004, o relator especial da ONU para a tortura, Theo van Boven, xa fixera público un relatório en que criticava o sistema español de detención en rexime de incomunicación por actividades terroristas.


Ler mais...

DEBATE NO CONGRESO DE DEPUTADOS

DEBATE NO CONGRESO DE DEPUTADOS

O martes 17 de Maio, serán debatidas e votadas no Congreso dos Deputados diversas proposicións non de lei relativas à prevención e eliminación da tortura, entre elas a ratificacion do Protocolo Facultativo da ONU.

A Coordenadora para a Prevención da Tortura que traballa desde hai meses para conseguir a posta en prática das medidas preventivas contempladas neste Protocolo acaba de facer público un comunicado instando o pleno do parlamento e o governo a non dilatar mais a resolución de tan grave problema.


Ler mais...

MORTES SOB CUSTÓDIA

MORTES SOB CUSTÓDIA

A Coordenadora de Solidariedade con as Persoas Presas (CSPP), formada por mais de vinte colectivos que traballan na defensa dos Direitos Humanos, elaborou un relatório sobre mortes acontecidas, e documentadas, nas prisións do estado español durante os últimos catro anos. O balanzo deste relatório é estremecedor: mais de 260 persoas mortas entre 2001 e 2004 e várias decenas no que vai de 2005.


Ler mais...

RELATÓRIO DA COORDENADORA

RELATÓRIO DA COORDENADORA

A Coordenadora para a Prevención da Tortura apresentou o pasado 13 de Maio, un extenso relatório intitulado A Tortura no Estado Español. 2004, do que se entregou cópia tanto à mesa do Congreso dos Deputados como ao Ministério do Interior. Neste relatório a Coordenadora documenta a existéncia de, polo menos, 793 denúncias por tortura e/ou maus tratos no ano 2004 en todo o estado español, 24 delas formuladas en Galiza.


Ler mais...

CONCENTRACIÓN PERMANENTE

CONCENTRACIÓN PERMANENTE

A Comisión de Denúncia de Galiza convoca unha Concentración Permanente diante da Audiéncia de Lugo para o 26 de Abril. Neste dia comezará o xuízo contra JOSÉ RAMÓN HIDALGO FERNÁNDEZ e JOAQUÍN ESCUDERO ÁLVAREZ, xefes de servizo, e MARIO LUIS ÁLVAREZ ÁLVAREZ, sub-director médico na cadea de Monterroso, Lugo, acusados dun delito de tortura e unha falta de lesións, cometidas sobre a persoa de Magdare Rabay, ali encadeado.


Ler mais...

EMIGRANTES NA UE

EMIGRANTES NA UE

Dous importantes relatórios sobre racismo acaban de ser feitos públicos: O Relatório anual de SOS Racismo, onde se documenta a situación de penúria en que son obrigadas a sobreviver no Estado Español as persoas migrantes e o incremento no número de mortes no Estreito de Xibraltar, e o Relatório do Observatório Europeu de Racismo e Xenofobia, correspondente aos anos 2001-2004. Neste extenso documento, que estuda vários aspectos da situación nos 15 estados que formavan a UE antes da última ampliación, o español aparece como un dos cinco estados (Grécia, Itália, Luxemburgo e Portugal son os outros catro) que pior información proporcionan sobre as condicións en que vive a populación emigrante.


Ler mais...

RELATÓRIO DE HUMAN RIGHTS WATCH

RELATÓRIO DE HUMAN RIGHTS WATCH

Human Rights Watchs acaba de publicar un documentado relatório, Still at Risk. Diplomatic Assurances don’t safeguard against torture, sobre a prática, cada vez mais estendida, de os governos europeus e norte-americanos (EE.UU. e Canadá) entregaren persoas suspeitosas de algun tipo de relación con grupos armados a países en que se pratica a tortura.

“Os governos que se xustifican alegando garantias diplomáticas saben perfeitamente que estas garantias non protexen contra a tortura… mais contra o terror, parece-lles unha solución prática. Só a presión pública en Europa e Norte América poderá frear esta tendéncia negativa”. Kenneth Roth, Director Executivo de Human Rights Watch


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN

  • Di a RAG que presunción de inocencia é “a que se debe manter, mentres non haxa sentenza condenatoria, contra a persoa a quen se lle imputa un delito”. Todas temos moi claro que esta é unha das bases fundamentais de calquera sociedade democrática. Mais como toda sociedade (e mesmo toda democracia) é imperfecta, vemos que o que presumimos como dereito básico é supostamente esquecido tanto polas administracións como pola cidadanía.

  • A claque do Celtic de Glasgow foi multada por envergar bandeiras da Palestina e Pep Guardiola, mais de uma vez, por ter o laço amarelo pela libertação dos presos políticos catalães. Apenas alguns exemplos de como, através do futebol, foi possível, em poucos minutos de emissão mundial, fazer passar uma mensagem a milhões de pessoas.

  • Un xuízo á disidencia política encadrado nun acto de rebelión e cuxos deputados teñen acima das cabezas a decisión última que adopte o Parlament. Así de sinxelo e así de cruel. E así de difícil. Europa déixaos en liberdade, e o Parlament ten que suspendelos?

  • Había trece días que o Llarena Solitario ou Cid Llaneador (dito con moito amor e respecto, como non podería ser doutro xeito) estaba reunido consigo mesmo moi forte meditando que día o diría. Trece días pensando: “Mañá? Non, mellor pasadomañá! Ai non, definitivamente que sexa o outro…”. Total, que ao final díxoo hoxe.

  • O concepto de lawfare foi gerado pelo general estadunidense Charles Dunlap, assessor do Pentágono, que o definiu como a tática para utilizar a lei como meio para alcançar um objetivo militar. O lawfare é menos letal, mais económico, e – em muitas oportunidades – mais efetivo que ações militares planificadas. Também é baseado na ideia de dar uma aparência de legalidade à excepcionalidade, à perseguição e à hostilidade.