ALARMA NA FRONTEIRA HISPANO-MARROQUINA

ALARMA NA FRONTEIRA HISPANO-MARROQUINA

SOS Racismo, a Asociación pro Derechos Humanos de Andalucía (APDHA) e Chabaka (Rede de Asociacións do Norte de Marrocos) alertan a opinión pública sobre a situación de extrema penúria en que sobreviven centenares de persoas que se amontoan na fronteira de Ceuta cercadas, roubadas e hostilizadas por efectivos do exército marroquino.

As asociacións solidárias chaman a unha acción urxente para evitar a morte das persoas que permanecen expostas ao frio e a fame, ao tempo que esixen das autoridades medidas imediatas que impidan a consumación de unha catástrofe humanitária.


Ler mais...

NOVAS DENÚNCIAS DE TORTURA

NOVAS DENÚNCIAS DE TORTURA

No seu último boletin, Behatokia (Observatorio Vasco de Derechos Humanos) publica os dados provisórios de 2004 sobre detencións incomunicadas e denúncias de tortura en Euskalherria. O balanzo non pode ser mais elocuente: de un total de 125 persoas detidas polas forzas de seguranza (Ertzantza 6, Policia Francesa 52, Policia Nacional 43 e Guarda Civil 24), 54 apresentaron denúncias por tortura. Todas elas contra a Policia Nacional (32) e a Guarda Civil (22). Non houvo denúncia nengunha contra a Ertzantza e a Polícia Francesa.

“Destes dados parece decorrer que o governo español de Rodríguez Zapatero continua obtendo rendimento policial da dinámica de detención, incomunicación e tortura, en contra de todas as recomendacións internacionais. Cumpre ter en conta que a maior percentaxe de persoas detidas que despois ingresaron en prisión son as persoas detidas pola polícia francesa. Este grupo de persoas detidas non denunciou torturas, polo que se esvaen os argumentos amiúde esgrimidos polo Estado español canto à suposta consigna dos detidos en denunciar torturas”, salienta-se no relatório. “Aliás, é importante notar a inexisténcia de denúncias de tortura por parte da Ertzantza, o cal, en si mesmo e sen baixar a guarda pola experiéncia cumulada por este Behatokia, é unha boa notícia.”

Asi mesmo, o Observatório vasco publica os estremecedores testemuños de algunhas das persoas que denuncian ter sido vítimas de tortura nas dependéncias Guarda Civil. “Testemuños desgarradores que non podemos ignorar nen permitir que continuen sendo ignorados. Todas estas persoas foron transladadas perante un xuiz instrutor despois de pasaren por este inferno, mais da metade foron postas en liberdade. Todas elas denunciaron no seu momento o calvário polo que pasaran e nengunha delas recebeu resposta do xuiz instrutor, nen unha pergunta, nen nención de abrir unha investigación para esclarecer a situación, tal e como é a sua obrigación perante o coñecimento da posível comisión de un delito de torturas”, afirma-se no relatório.

A sofisticación dos métodos de tortura que se descreven, pensados para causar o maior dano físico posível sen deixar pegadas visíveis (golpes con paus recobertos de goma espuma, saltos sobre a vítima deitada no chao enrolada nun colchón, a bolsa, a bañeira…) e o maior sofrimento psicolóxico (utilización humillante do corpo da vítima acompañada de insultos e alusións soeces, obrigación de permanecer nua e cegada con un capucho facendo exercícios extenuantes durante os interrogatórios, ameazas de morte, de tortura a familiares e amigos…), evocan con forza as terríveis imaxes de Abu Ghraib.E a perversa filosofia que pretende lexitimar esta prática vil.

O texto completo pode ver-se en www.behatokia.info


Ler mais...

CONTRA A CRIMINALIZACIÓN DE IDEAS

CONTRA A CRIMINALIZACIÓN DE IDEAS

Ante a grande alarma que provoca en meios xurídicos o iminente início das vistas orais dos procesos coñecidos como 18/98 e posteriores, instruídos contra persoas e organizacións sociais e políticas vascas, un nutrido grupo de xuristas de diferentes países constituiu-se o pasado 15 de Febreiro en Comisión Internacional de Xuristas contra a Criminalización de Ideas en Euskal Herria.

O elevado número de persoas afectadas (mais duascentas cincuenta), o volume dos sumários (centenares de tomos), a gravidade das penas que se solicitan asi como os direitos, liberdades e garantias procesuais afectadas, as implicacións político-sociais dos mesmos e os preocupantes indícios de se teren vulnerado direitos fundamentais nas actuacions praticadas até o momento (direitos de asociación, de opinión e expresión, de libre designación de advogado, de inviolabilidade do domicílio, etc.etc.), están na base desa alarma a que fai referéncia o grupo de xuristas que agora se constitui en comisión para velar polo respeito dos direitos e liberdades fundamentais das persoas procesadas.


Ler mais...

APRESENTADA EN GALIZA A CAMPAÑA DA CPT

APRESENTADA EN GALIZA A CAMPAÑA DA CPT

APRESENTADA EN GALIZA A CAMPAÑA DA CPT

O 17 de Febreiro, foi apresentada aos meios de comunicación galegos a campaña que a COORDENADORA PARA A PREVENCIÓN DA TORTURA pon en marcha con o fin de conseguir que o Estado Español ratifique e execute o Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura das Nacións Unidas.

A COORDENADORA, apoiada xa por mais de trinta asociacións de defensa dos direitos fundamentais e as liberdades públicas, ten previsto realizar actividades orientadas a sensibilizar a opinión pública sobre a importáncia da ratificación deste Protocolo e recoller apoios à campaña.

Neste sentido, os próximos dias 22 e 23, unha delegación da Coordenadora manterá entrevistas con representantes dos tres grupos do Parlamento a fin de estudar conxuntamente a posibilidade de a Cámara Galega apoiar activamente esta iniciativa.


Ler mais...

McDONALD’S, BLAIR E McLIBEL2

McDONALD’S, BLAIR E McLIBEL2

“A lexislación e os procedimentos procesuais anti-libelo ingleses son incompatíveis con a Convención Europea de Direitos Humanos”, afirman Helen Steel e Dave Morris (McLibel2), militantes de London Greenpeace (organización non vinculada a Greenpeace Internacional) a quen McDonald’s demandara en 1990 por difamación para os impedir de distribuíren panfletos onde se criticavan algunhas das práticas empresariais da corporación.

Agora, despois de 15 anos de duro enfrentamento, incluído o xuízo mais longo da história británica (313 dias) en que Steel e Morris, por falta de meios, tiveron de se representar a si próprios contra à poderosa multinacional, o Tribunal Europeu de Direitos Humanos dá-lles a razón: a complexidade e dureza da lexislación anti-libelo inglesa (que non garante adecuadamente o direito a criticar as grandes corporacións), a falta de asisténcia letrada e a abisal diferença de recursos entre unha e outra parte violan o direito a un xuízo xusto e o direito à liberdade de expresión recoñecidos na Convención Europea de Direitos Humanos (Arts. 10º e 6º respectivamente).


Ler mais...

PORTUGAL: CAMPAÑA A FAVOR DO PROTOCOLO DAS NN.UU.

PORTUGAL: CAMPAÑA A FAVOR DO PROTOCOLO DAS NN.UU.

A iniciativa da Associaçao contra a Exclusao e o Desenvolvimento (ACED), várias organizacións portuguesas iniciaron recentemente unha campaña para conseguir que Portugal ratifique e poña en marcha o Protocolo Facultativo à Convención contra a Tortura.

Na sua páxina http://www.sociofonia.net/aced, a ACED responde a algunhas das perguntas mais frecuentes sobre o protocolo. Aqui reproducimos o texto.


Ler mais...

XUIZO POR TORTURAS EN LUGO

XUIZO POR TORTURAS EN LUGO

O próximo 26 de Abril terá lugar na Sección Primeira da Audiéncia Provincial de Lugo a vista oral contra tres funcionários do Centro Penitenciário de Monterroso, un deles xefe dos servizos médicos. Os tres funcionários están acusados de torturar, ameazar e insultar con frases de claro contido racista MAGDARE RABAY, interno neste centro.

A Fiscalia da Audiencia Provincial de Lugo, solicita penas de cinco anos de prisión e dez de inabilitación absoluta para os tres imputados: Mario Luís Martínez Martínez, José Ramón Hidalgo Fernández e Joaquín Escudero Álvarez.


Ler mais...

LIBERDADE DE EXPRESIÓN

Blasfémia e relixión

Blasfémia e relixión

A Resolución aprovada o 30 de Marzo de 2007 polo Consello de Direitos Humanos da ONU a proposta da Organización da Conferéncia Islámica (OCI) , que visava o estabelecimento de limites à liberdade de expresión ‘para garantir o respeito às relixións e conviccións’, foi contestada de imediato polas organizacións de defensa da liberdade de expresión con unha campaña que culminou o pasado mes de SETembro con a comparecéncia de delegacións da IFEX, o CIHRS e Article19 na 9ª Sesión do Consello celebrada os dias 8-26.

As organizacións puxeron de manifesto a sua profunda preocupación pola aprovación de normas como estas, que proporcionan aos governos, nomeadamente os da rexión árabe, instrumentos mui eficaces para restrinxir ainda mais a xa limitada liberdade de expresión, ilustrando as suas afirmacións con exemplos de censura ben elocuentes: o caso do escritor Nagiub Mahfouz, acusado de ateísmo e apostasia polo seu libro Os fillos do noso bairro; a persecución do escritor Nasr Hamid Abu Zaid, que na sua obra oferece unha reinterpretación do Corán; as reaccións contra o poema de Mahmoud Darwish (‘Oh, pai, son xudeu’), cantado por Marcel Khalife, imputado por utilizar impropriamente versos do Corán; ou o caso do blogger Karin Amer, acusado de incitación contra o Islam polas opinións politicas e relixiosas expresadas no seu blogue.

Githu Muigai, Relator Especial da ONU para as Formas Contemporáneas de Racismo, Discriminación Racial, Xenofobia e Intoleráncia mostrou a sua oposición a promover a difamación da relixión como un novo conceito xurídico por, no seu parecer, seren suficientes as normas que xa existen contra o ódio relixioso ou racial. Ao que parece, a OCI voltará a abrir o debate na Conferéncia de Seguimento do Racismo que terá lugar o próximo mes de Abril en Xenebra.


Ler mais...

A AXENDA DO COMISÁRIO DE DIREITOS HUMANOS

A AXENDA DO COMISÁRIO DE DIREITOS HUMANOS

Álvaro Gil Robles, Comisário de Direitos Humanos do Consello de Europa, visita estes dias o estado español para entrevistar-se con representantes de asociacións que traballan na defensa dos direitos e as liberdades en diversas comunidades autónomas.

No entanto, e apesar de várias asociacións galegas –entre elas EsCULcA- teren manifestado no seu dia estar interesadas en transmitir persoalmente ao Comisário a sua preocupación por diferentes actuacións dos poderes públicos, que vulneran direitos fundamentais, o Sr. Gil Robles ainda non comunicou a estas asociacións se ten pensado ou non visitar Galiza.

O 17 de Marzo, EsCULcA dirixiu escrito ao secretariado do Comisário solicitando información sobre este asunto por entender que non existe razón algunha que xustifique un trato discriminatório con as organizacións que traballan no noso país.


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN

  • A claque do Celtic de Glasgow foi multada por envergar bandeiras da Palestina e Pep Guardiola, mais de uma vez, por ter o laço amarelo pela libertação dos presos políticos catalães. Apenas alguns exemplos de como, através do futebol, foi possível, em poucos minutos de emissão mundial, fazer passar uma mensagem a milhões de pessoas.

  • Un xuízo á disidencia política encadrado nun acto de rebelión e cuxos deputados teñen acima das cabezas a decisión última que adopte o Parlament. Así de sinxelo e así de cruel. E así de difícil. Europa déixaos en liberdade, e o Parlament ten que suspendelos?

  • Había trece días que o Llarena Solitario ou Cid Llaneador (dito con moito amor e respecto, como non podería ser doutro xeito) estaba reunido consigo mesmo moi forte meditando que día o diría. Trece días pensando: “Mañá? Non, mellor pasadomañá! Ai non, definitivamente que sexa o outro…”. Total, que ao final díxoo hoxe.

  • O concepto de lawfare foi gerado pelo general estadunidense Charles Dunlap, assessor do Pentágono, que o definiu como a tática para utilizar a lei como meio para alcançar um objetivo militar. O lawfare é menos letal, mais económico, e – em muitas oportunidades – mais efetivo que ações militares planificadas. Também é baseado na ideia de dar uma aparência de legalidade à excepcionalidade, à perseguição e à hostilidade.

  • O rapero Valtònyc fica en Bélxica e en liberdade. Tampouco no seu caso a xustiza española conseguiu, por agora, que a euroorde emitida pola Audiencia Nacional teña efecto algún. No caso do cantor, ademais, a euroorde de extradición era por terrorismo, algo do todo estrafalario cando do que se está falando é do texto dunhas cancións.