XIV CARREIRA POPULAR DO CONCELLO DO PINO

Atleta desclasificada por vestir camisola reivindicativa contra a mina de Touro-O Pino

Atleta desclasificada por vestir camisola reivindicativa contra a mina de Touro-O Pino

Sabela Rei, cadete do Club Sar Vermú San Petroni, entrou en segunda posición na súa categoría. Porén, a atleta de Rois foi descualificada por vestir unha camisola cun lema contrario á mina de Touro-O Pino. A carreira, organizada polo propio concello, formaba parte do V Circuito de Carreiras Populares da Deputación da Coruña e foi controlada polo Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.


Ler mais...

INFORMACIÓN CONTRADITORIA SOBRE A CAUSA DA MORTE

Familia de preso morto no cárcere de Huelva denuncia Institucións Penitenciarias

Familia de preso morto no cárcere de Huelva denuncia Institucións Penitenciarias

F.J.P.L. tiña 28 anos e era natural de Cabezas Rubias. Estaba en prisión preventiva no presidio onubense da Ribera desde o pasado agosto. Morreu no pasado 10 de abril. Segundo o informe preliminar do forense foi visto por última vez con vida ás 21:30 da segunda feira 9 de abril, cando lle fecharon a cela e foi descuberto xa cadáver na terza feira 10 de abril, durante o reconto matutino. A familia discrepa da versión que ofrece a prisión sobre a causa da morte.


Ler mais...

NO PROGRAMA 'GALICIA NOTICIAS'

O Tribunal Superior condena a CRTVG por vulnerar o dereito á folga o 8M

O Tribunal Superior condena a CRTVG por vulnerar o dereito á folga o 8M

“Declaramos vulnerado o dereito a folga da CUT como central convocante da folga xeral de 24 horas en Galiza”, di o primeiro punto das conclusións do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), “ao minorizar a empresa o efecto da folga mediante a substiución dunha traballadora folguista”. Foi o caso do programa Galicia Noticias Mediodía, cuxa presentadora secundou a convocatoria feminista do 8 de marzo mais foi substituída por un traballador.


Ler mais...

REVIVE A LOITA DENTRO DOS MUROS DAS CADEAS

“Crear un espazo e unha comunidade de loita” contra a vulneración constante de dereitos

“Crear un espazo e unha comunidade de loita” contra a vulneración constante de dereitos

Ainda que o código penal limita o máximo de cumprimento aos 40 anos, medidas como a lei para o cumprimento íntegro e efectivo das penas -aprovada no Congreso en 2003 co apoio do PP, PSOE e Coalición Canaria- ou a recente aplicación da “prisión permanente revisábel” debuxan un escenario en que moitas persoas pasarán o tempo que lles resta de vida privadas de liberdade. Neste contexto nace a iniciativa contra a vulneración constante de dereitos nos cárceres españois.


Ler mais...

MARCHAS E VIGÍLIAS PARA ASSINALAR A "CATÁSTROFE"

A súa Independência é o nosso Nakba – Declaração do Comité Nacional Palestiniano

A súa Independência é o nosso Nakba – Declaração do Comité Nacional Palestiniano

Hoje, enquanto Israel comemora aquilo a que chama de Dia da Independência, os palestinianos indígenas que sobreviveram à limpeza étnica de 1947-49 e têm sido forçados a viver como cidadãos de segunda classe de Israel, sob o seu regime militar, incluindo em Jerusalém Oriental, ou na assediada Faixa de Gaza, irão realizar marchas e vigílias para assinalar o que consideram ser o “Nakba” ou “Catástrofe” palestiniana.


Ler mais...

A PROPIA CIFUENTES PODERÍA PRESENTAR DENUNCIA

O vídeo de Cifuentes roubando cremas en 2011 investigado por Protección de Datos

O vídeo de Cifuentes roubando cremas en 2011 investigado por Protección de Datos

A Axencia Española de Protección de Datos (AEPD) anunciou que abrirá actuacións de investigación en relación co polémico vídeo de Cifuentes nas dependencias de seguranza dun hipermercado. Segundo indicaron fontes do organismo estatal, a abertura das citadas actuacións prodúcese de oficio, e lembran que a propia Cifuentes podería presentar unha denuncia perante a axencia se considerar que se produciu unha vulneración dos seus dereitos.


Ler mais...

NIN RASTO DOS PONTAPÉS QUE DI TER RECIBIDO

O vídeo gravado durante o incidente de Altsasu desmente a versión do sarxento da G.C.

O vídeo gravado durante o incidente de Altsasu desmente a versión do sarxento da G.C.

Na gravación, que fora inicialmente rexeitada pola Sala mais que afinal foi admitida, o que fixo posíbel vela na sesión de onte (25/04/2018), o sarxento aparece vestido cunha camisa branca completamente impoluta, o que non respalda a súa declaración de que ter recibido múltiplos pontapés na parte superior do corpo e rasgaduras na roupa. Así mesmo, pode verse como á un lapote a Iñaki Abad encanto este grava a escena.


Ler mais...

MUNICIÓN PROHIBIDA, MENOS DE 15M E DIRECTAMENTE Á CARA

Cinco testemuñas fechan o círculo en torno ao policía que mutilou Roger Español no 1-O

Cinco testemuñas fechan o círculo en torno ao policía que mutilou Roger Español no 1-O

Cinco testemuñas explicaron ao xuiz de instrución 7 de Barcelona a actuación dos antidisturbios da UIP da policía española que terían mutilado Roger Español no pasado1-O nas proximidades da escola Ramon Llull do Eixample. Un xornalista, dous cámaras, un observador da rede Som Defensores e unha veciña do Eixample deron pormenores de como foi disparada a bola de goma e dos momentos anteriores e posteriores ao incidente.


Ler mais...

"BOTE, BOTE, BOTE! MOSSO O QUE NON BOTE!"

Lazos amarelos, capuchas e berros contra os Mossos, as estratexias de infiltración policial

Lazos amarelos, capuchas e berros contra os Mossos, as estratexias de infiltración policial

“Foooooora, fooooora. Infiltrados, infiltrados!”, gritaba un centenar de persoas congregadas na confluencia das rúas Provença e Roger de Llúria na noite do pasado 23 de marzo. Eran os momentos finais da concentración independentista para rexeitar os encarceramentos. Centenares de policías rodeaban a Delegación do Goberno español en Barcelona e ao longo da noite sucedéronse as cargas. A tensión era máxima. Mais, a quen ían dirixidos os gritos?


Ler mais...

EN DESTAQUE

  • Anatomía da desobediencia

    Determinados partidos políticos, xuíces e medios acusan de practicaren a violencia líderes independentistas e sociais así como os CDR. Diante deste intento de criminalización repasamos diferentes métodos non violentos que foron empregados ao longo da historia.

OPINIÓN