Sílvia Tomàs Trio fixo público nesta segunda feira Perseguidas, unha nova canción-videoclip colectiva “pola liberdade de expresión e contra a represión do estado español”. A peza encádrase na campaña de accións da plataforma #NoCallarem e conta com as voces de  compta amb les veus de Sílvia Tomàs, Opoloh, Sisu, Mateoólika, Ual·la, Lidia Uve, Sònia Moll, El Sobrino del Diablo i Paradoxus Luporum, entre outras colaboracións.

A primeira parte de Perseguidas está cantada entre Sílvia Tomàs e Opoloh,a segunda parte colle o ton do rap e é onde aparecen as voces doutras artistas. A peza sae poucos días despois de o Tribunal Constitucional ter rexeitado o recurso do rapeiro Josep Valtònyc, que ten de prazo até o 23 de maio para entrar voluntariamente na prisión. No 23 está convocada concentración en Barcelona. “É un tema mediático, de total actualidade, e dram´tico”, din os organizadores.

O precedente, un éxito viral nas redes

O precedente de Perseguidas é a canción Los Borbones són unos ladrones, que foi todo un fenómeno viral en Youtube, onde acumulou case un millón de visitas en pouco máis de 24 horas. A canción foi creada e interpretada pola compositora Clara Peya, coa participación de máis dunha decena de artistas.