Tratamento de Igualdade ás persoas presas no Reino de España e o estranxeiro
“Queremos que se dea un tratamento de igualdade aos presos en cárceres españois e a aqueles que cumpran condena no estranxeiro”, para o que “é preciso garantir o mesmo dereito a recibir unha axuda para a reinserción social, como é o subsidio de excarceración”, explica a portavoz socialista da Comisión Mixta de Relacións co Defensor del Pueblo, Dolores Galovart.
A protección das persoas que abandonan un centro penal, pode ser levada a cabo tanto pola vía da protección contributiva, como através da protección asistencial por desemprego. O art. 264 da Lei Xeral da Seguranza Social, establece un subsidio para as persoas que deixen o cárcere despois de permanecer privadas de liberdade durante máis de seis meses, e o art. 16 do Real Decreto 782/2001 establece que a inclusión dos internos no RGSS, limítase á protección por desemprego cando sexan liberados de prisión. Este subsidio é unha axuda por importe de 430,27 euros.
“É preciso establecer os mecanismos necesarios para garantir que os presos españois no estranxeiro teñan dereito a un subsidio no momento de excarceración, pois a situación colócaos nunha situación de vulnerabilidade e discriminación inadmisíbel nun estado de dereito”, advírtese na iniciativa socialista, que para iso “insta o Goberno a adoptar as medidas necesarias para garantir que os presos españois no estranxeiro teñan dereito a un subsidio no momento da súa excarceración, nos termos establecidos no art. 264 do Real Decreto Lexislativo 8/2015 polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Xeral da Seguranza Social”.
Fonte: Diario 16