Persoas que no seu día sufriron torturas reclamaron a Fernando Grande-Marlaska que recoñeza o dano causado na súa calidade de ministro de Interior e como xuíz instrutor e «responsábel último das 223 persoas que pasaron polo seu gabinete e denunciaron ter sido torturadas».

 

Torturados                                Vítimas da tortura, xunto á letrada Amaia Izko. (June PRIETO/FOKU)

 

Nunha comparecencia perante os medios diante da sede do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco en Bilbo, un grupo de persoas que foron vítimas de torturas xunto á letrada Amaia Izko esixiu ao ministro español de Interior, Fernando Grande-Marlaska, que «recoñeza o que ocorreu, a existencia da tortura» e o «dano» que foi inflixido a estas persoas. Izko lembrou que xunto á súa responsabilidade política actual hai que engadir que como xuíz instrutor Grande-Marlaska é tamén o «responsábele último das 223 persoas que pasaron polo seu gabinete e denunciaron ter sido torturadas» sen que el actuase respecto diso.

Segundo precisou a letrada, a maioría desas persoas contrastaron os seus testemuños através do Protocolo de Istambul e «seis casos condenados polo Tribunal Europeo de Dereitos Humanos foron casos deste xuíz». «Pedímos a Grande-Marlaska, como responsábel destas situacións, que recoñeza este sufrimento, porque cremos que é a única maneira de poder dar a estas persoas unha verdadeira reparación», manifestou Izko.

A letrada expuxo, así mesmo, que hai que constatar a realidade de moitas persoas condenadas por autoinculpacións obtidas sob tortura. «Esta realidade tamén terá que ser analizada e haberá que darlle, como a outras cuestións, a solución que merece», apuntou, á vez que fixo un chamado ao Goberno de Pedro Sánchez a comezar a expor a xustiza «en termos de xustiza transicional». «Nese camiño, a esquerda abertzale está disposta a facer a súa achega xunto con outros axentes», indicou a avogada.

Nerea Goti|Bilbo|2018/06/26 13:20|4 iruzkin Eguneratua: 13:23

Fonte: Naiz