“Los pequeños y sus educadoras apoyando a nuestra selección. Vamos España!!” No FB da Escola Infantil Garabataos de Vilagarcía penduraron esta frase acompañada dunha foto dun aula na que educadoras e crianzas aparecían coa camisola da selección española entre unha profusión de bandeiras ‘rojigualdas’. Unha imaxe que axiña xerou nas redes protestos e malestar por parte de internautas que consideraban esa imaxe un “despropósito”.

 

“Isto non é ensino”: polémica pola foto de crianzas nunha gardería inzada de bandeiras españolas

 

 

Houbo quen manifestou que esa foto con crianzas tan pequenas envoltas entre tanta bandeira non podía ser considerada “educación” nin “fútbol”, quen a vía propia doutas épocas ou quen cualificaban a imaxe dunha “manipulación” dos nenos e nenas. Non faltaron tampouco referencias a que se esa mesma situación se dese con camisetas das seleccións catala, vasca ou galega; e con bandeiras deses territorios; as educadoras estarían no albo de medidas punitivas. Mais houbo tamén quen defenderon a foto da gardería e argumentaron que era unha simple imaxe de nenos apoiando a selección e que iso non debía ser polémica.

Fonte: Sermos Galiza