A Comisión do turno de oficio de Baltimore denunciou que os 30 segundos descartados dun vídeo grabado por un policía (Richard Pinheiro) mostran o axente colocando unha prova falsa: unha bolsa con droga que deposita nun montón de lixo en presenza de dous compañeiros do corpo. Despois a cámara acompaña a saída do lugar dos tres policías por unha ruela estreita e, a partir do segundo 31, momento en que o Richard Pinheiro acende a cámara, vemos que fan o traxecto en sentido contrario. Os tres axentes chegan novamente xunto ao montón de lixo onde fora depositada a droga e a cámara mostra como o protagonista do “achado” recolle a lata de sopa en cuxo interior metera a bolsa e extrae a droga.

 

 

Estes 30 segundos en que o axente actúa desprevenidamente colocando a droga que despois “encontrará”, previos ao acendido da cámara, poden ser vistos grazas a un dispositivo que armacena (sen son) as imaxes anteriores ao momento en que se activa a grabación.

O home detido en base a esta farsa pasou sete meses preso por non poder pagar unha fianza de 50.000$. Finalmente foi posto en liberdade, despois de a Comisión do Turno de oficio enviar o vídeo ao fiscal do estado.

Ler mais.