O xornal La Vanguardia publica esta sexta feira un vídeo no que se ven uns policías españois facendo burla dos membros do Govern de Catalunya cando eran conducidos a prisión en furgóns policiais. “Ao osiño (por Oriol Junqueras) xa verás como o van poñer. Está a chegar un osiño ao cárcere” di un dos axentes entre risos dos seus compañeiros. “Até que o poñan a catro patas e lle arranxen o ollo”, di outro facendo xestos sexuais. 

Tres axentes do Corpo da Policía Nacional fan burla da situación de persoas encausadas minutos antes de estas sasíren para os cárceres de Estremera e Alcalá Meco.

As imaxes captadas por unha emisión en directo da axencia de noticias Reuters mostra unha conversa espontánea dos tres axentes en que rien do futuro que espera aos membros destituídos do Govern nas respectivas prisións. Un deles dá a engtender que van ter unha viaxe difícil para os centros penitenciários: “Digo eu que estes (furgóns) van ir ‘follaos’, van passalas… até alí, saen e esnáfranse contra o Polo”.

Compre lembrar que o avogado de varias destas persoas xa anunciou que estuda presentar denuncia por malos tratos durante o transporte desde a AN até o cárcere de Estremera.

Fonte: La Vanguardia