Poucos días despois de teren lugar os atentados nas Ramblas de Barcelona e Cambrils, unha educadora social de Ripoll compartiu unha carta en que se preguntaba como era posíbel que esas crianzas con quen ela tratara acabaran converténdose en terroristas da noite para o día.

“Como pode ser, Younes? Co responsábel que ti eras?”, escribía Raquel nunha carta que non tardou en facerse viral. A carta de Raquel, desde a tristeza e conmoción dos días posteriores ao atentado, interpelaba a comunidade educativa: o que fixemos mal ou o por qué non nos demos conta. O clásico “eran uns rapaces normais” traducíase, entón, nunha sorte de autocrítica en que a educadora tentaba dirimir o que pasou pola cabeza dese seis rapaces para acabaren coa vida de 16 persoas. E coas súas propias.

escuela-mezcla

Mais, como o evitar desde as aulas? Se é que se pode. Desde hai algo máis dun ano, un programa da Consellaria de Ensenyament e os Mossos chamado Proderai establece un protocolo de actuación para detectar casos de radicalización islamita nas aulas. O protocolo expón unha proposta pedagóxica para traballar cos alumnos que presenten “signos de risco”.

O problema, advirten as expertas, é que este protocolo con carácter preventivo “estigmatiza a poboación musulmá”. Botando unha ollada ao protocolo, que se pode ler aquí, observamos que recomendan prestar atención a aspectos como a baixa autoestima dos mozos, dificultade para xestionar emocións ou a falta de expectativas. Aspectos, en principio, aplicabeis a todos os mozos, mais que con todo aquí son utilizados como “síntomas de risco” para activar as alarmas.

“O problema deste protocolo é que a súa esencia non vén do ámbito educativo, senón do ámbito da criminología. O que estamos a facer co Proderai é sospeitar de toda unha poboación pola posibilidade de que se convertan en algo e isto vén determinado unicamente por quen son e non polo que fixeron”, explica Ainhoa Nadia Douhabi, educadora social. Para ela a componente “racista” do protocolo está clara, por moito que agora se teñan dado presa en eliminar a palabra “islamita” da portada do dossier. As mesmas siglas de Proderai déixano bastante claro: Protocolo de Prevención, Detección e Intervención de Procesos de Radicalización Islamita.

Á hora de ser cuestionado polo Proderai, o gabinete de prensa dos Mossos encarregado de xestionar este protocolo responde con evasivas. Algúns portavoces aseguran que o protocolo está suspendido desde os atentados; outros que o está debido á situación política de Cataluña. Nunha ocasión, unha fonte dos Mossos chega admitir que si se aplica mais que xa non se realizan os cursos de formación con docentes e profesores. En ningún caso facilítan ningún dossier que nos explique en profundidade o contido deses obradoiros. Nin tampouco algunha estatística ou datos que reflictan en cantos institutos foi posto en práctica ou os seus resultados. Tentar obter información de Proderai é un camiño que non leva a ningures, como denunciaba aquí mesmo o dixital La Directa e este artigo do xornal Educació.

Desde PlayGround,  tentamos contactar sen éxito con algún profesor ou profesora que participase nalgún destes programas de detección de radicalismos. Douhabi explícanos algunha das informacións que lle chegou de forma privada en relación a estes cursos. “Para eles, indicadores de risco considérase ter un relato diferente, non beber Coca-Cola, mostrar henna nas mans, presentar marcas de rezo ou formar parte dunha determinada corrente do islam”, explica. Douhabi alerta que se trata dunha forma “moi reduccionista” e “orientalista” de interpretar a cultura arabo musulmá. E que, sen dúbida, “supón un grave risco para a convivencia pacífica dos alumnos nas escolas”.

Outro dos aspectos que presenta este programa é que a persoa encarregada de aplicar o protocolo, “alguén en contacto directo co neno ou nena en cuestión”. será, á súa vez, a encarregada de activar as alarmas na contorna. “Isto ten un efecto expansivo moi perigoso: non só se sospeita da crianza, a alerta expándese até directores de escola, servizos sociais, familia. Isto pon sob sospeita toda a contorna da/o menor e mesmo á mesquita musulmá á que van rezar”, denuncia.

“O problema destes protocolos é que acaban lexitimando a segregación racial e a exclusión no cadro da escola. Lexitiman a/o profe que che di que a túa cultura é violenta ou perigosa”, crítica Cheima O Jebary Amisnaou, da Asociación Juventut Multicultural Musulmá. Para esta activista está claro: o Proderai, aínda que camuflado nas súas formas, só crea alarma social a respecto da poboación musulmá. “Podería ser interesante se se aplicasen esas medidas para outros casos de radicalización xa sexan rapaces que se meten en grupos neonazis ou outros grupos de seitas relixiosas. Mais non parece ser o que persegue este programa”.

Esta asociación recibe diariamente denuncias de casos islamofobia en escolas e institutos, por iso coñecen a urxencia de erradicar programas como o Proderai que “só agravan o racismo”. Amisnaou explíca a experiencia dunha moza que pediu utilizar o veo identitario na escola e o profesor viroulle a pantalla do computador para mostrarlle unhas yihadistas con burka. Logo, o profesor díxolle algo así como: “É isto no que queres converterte?”.

Douhabi entende que as escolas teñan que limitarse a “ensinar, crear espazos onde se poida pensar e debater e crear a individuos libres e con capacidade de pensar. Mais non se pode transferir a lóxica criminal á escola”. Ademais, explica, non existe ningunha estatística alarmante que fale do gran volume de mozos radicalizados nas escolas como para xustificar esa medida. Pola súa banda, a youtuber Ramia Chaoui, de 24 anos, salienta: “Son centros educativos. Non comisarías!”.

Chaoui, que ten un canal de Youtube en que fala de racismo e tenta desmontar os estereotipos racistas, entende que medir a suposta radicalización é algo complexo. “Que é a tan famosa radicalización da que todos falan? E como se mide? A adolescencia é unha etapa de mudanzas e de tomada de conciencia, de eleccións. Moitos adolescentes musulmáns saben pouco da súa propia relixión e é unha etapa na que se empeza a explorar e a interesarse. Eu comecei a usar hijab no instituto, supuxo usi unha radicalización?”.

Para Chaoui, a medida pon no punto de mira os estudantes musulmáns. “É un exemplo claro de que se es musulmán es culpábel até se demostrar o contrario?. Para ela, unha boa forma de explicar uns atentados na aula é convidar persoas da propia comunidade ás escolas para que falen. E ás que os estudantes poidan preguntar todo tipo de dúbidas. “Por veces, os profesores, non o saben todo e hai moitos subtemas no tema do yihadismo islámico”. Chaoui foi convidada en varias ocasións a falar sobre os atentados en escolas. Para ela é necesario “dedicar o tempo necesario para que non haxa malentendidos, favorecer a comunicación e os intercambios culturais, pór en contextos. E, sobre todo, non ventilar un asunto tan serio en poucos minutos, prexudicando os de sempre”.

Fonte: PlayGround