No pasado 12 de xullo, o deputado no Congreso Miguel Anxo Fernández Bello (Unidos Podemos-Em Comú Podem-En Marea) presentou pregunta ao goberno relativa aos criterios do executivo para que persoas presas de veciñanza galega ou vinculación con Galiza cumpran as súas condenas en cárceres fora do territorio galego. En concreto, o deputado pregunta polas seis persoas presas independentistas e solicita a súa transferencia a cadeas do país.

 

Resultado de imaxes para centros penitenciarios galicia

 

Lembra Fernández Bello no seu escrito a resposta recibida do anterior goberno á pregunta formulada por el mesmo o 5 de xaneiro deste ano. Nesa resposta, o goberno vinculaba a dispersión penitenciaria a diferentes variabeis (gravidade do delito cometido, importancia da condena, grao de clasificación.,.) e aseguraba haber nas infraestruturas prisionais da Galiza lugares suficientes para albergaren todas as persoas presas que solicitaren a asignación dun centro no país.

Tamén lembra o deputado que as familias das 183 persoas de arraigo galego que extinguen condena en cadeas de fora da Galiza, moitas delas vítimas de resolucións do Centro Penitenciario inmotivadas e baseadas exclusivamente na gravidade do delito, sofren un castigo non previsto na lexislación penitenciaria, práctica criticada por numerosos organismos internacionais.

 

Resultado de imaxes para centros penitenciarios galicia

 

Afirma Fernández Bello que o seu grupo non compartilla esta política penitenciaria por vulnerar dereitos fundamentais e non facilita a reinserción social das persoas que pasan anos en prisión. Aliás, á recente transferencia de dirixentes catalás a cárceres da Catalunya anímao a reclamar para Galiza un trato similar e solicita en concreto se proceda a aproximar as seis persoas galegas de ideoloxía independentista que nestes momentos extinguen condena en cárceres fora do país.

Pregunta de Miguel Anxo Fernández Bello