O deputado no Congreso Miguel Anxo Fernández Bello (Podemos-En Comú Podem-En Marea) presentou no pasado 11 de maio , para a súa resposta por escrito, pregunta relativa á falta de condicións dignas e en consonancia cos dereitos humanos no cárcere de Teixeiro do preso R.M., transferido do penal da Lama a este Centro Penitenciario onde foi recluído nun cubículo envidrazado sen outra mobília que a cama.

 

 

Fernández Bello lembra que non é este a primeira vez que pregunta sobre as condicións de internamento na cadea de Teixeiro e reclama ao goberno que tome as medidas necesarias para garantir o respecto dos dereitos humanos das persoas internas neste centro, un dos sinalados como altamente deficiente polo Consello de Europa no relatorio elaborado despois da súa visita ao penal.

É consciente o ministerio de Interior das numerosas queixas, críticas e denuncias que recibe o centro penitenciadio de Teixeiro polo seu déficit no cumprimento dos dereitos humanos e dos dereitos das persoas presas?

Considera normal que un preso transferido desde o penal da Lama permaneza isolado nunha cela envidrazada sen ningún tipo de mobilia e obxectos a non ser a propia cama? Non acha que resulta inhumano? Non é posíbel dignificar as condicións dos internos para que non pasen situacións como a descrita?

Vai o ministerio levar a cabo unha investigación ou inspección no penal de Teixeiro co fin de detectar as anomalías que se produzan e corrixir as situacións deningrantes?

Tan difícil resulta que en centros penitenciarios como o aludido sexan cumpridas condicións mínimas de habitabilidade dignas, de atención sanitaria e humana?

É consciente de que este penal figura no relatorio do CPT do Consello de Europa como un dos centros penitenciarios con atención psiquiátrica máis deficiente?

Non deberían ser corrixidas este tipo de insuficiencias, nomeadamente cando hai internos con medicación antipsicótica ou doutro tipo?

Pregunta