Interna no C.P. de Ponent, tería iniciado unha greve de fame para reivindicar a concesión do terceiro grao por motivos de saúde. Desde que ingresou na prisión de Lleida o pasado 08/06, S.D.F. , de 38 anos, tivo de ser atendida 13 veces por reaccións alérxicas á comida do centro, dúas delas de “gravidade”, segundo os partes clínicos da Equipa de Atención Primaria Penitenciaria (EAPP). A EAPP pediu á direccion valorar a posibilidade dun terceiro grao de tratamento pola “situación de angustia importante” con que vive a paciente o seu estado de saúde.

Segundo os informes clínicos da EAPP de Ponent, a paciente S.D.F. ingresou na prisión no 8 de xuño pasado con antecedentes de intolerancia e alerxias ás proteínas do leite. Desde entón, tivo de ser atendida trece veces por reaccións alérxicas á comida do centro “apesar do control estrito da dieta”. Na exploración clínica, o colexiado concluiu que “é-nos de todo imposibel preservala de posibeis contaminantes e, por tanto, que non continúe tendo estas crises”.

S.D.F. foi transferida da prisión de Puig de les Basses (Girona) a Ponent (Lleida), onde estivera interna desde abril. Segundo o historial médico, durante este período foi atendida seis veces no EAPP de Puig de les Basses e unha delas tivo de ser levada de urxencia ao Hospital ‘dada a gravidade do cadro que presentaba’.

Nunha carta divulgada polo Grupo de Apoio ás presas de Lleida, S.D.F. declárase en greve de fame e sede até lle ser concedido o terceito grao de tratamento. Tamén reclama a súa transferencia a León, un cárcere máis próximo ao lugar de residencia da súa família, por se empeorase o seu estado de saúde.

Orixinal en La Directa.